Eu son Neira Vilas

O día 3 de novembro o escritor Xosé Neira Vilas festexaba o seu aniversario. Desde o IESP enviouse un vídeo-agasallo no que o profesorado, alumnado e persoal do centro asumía a personalidade do escritor partindo da célebre frase coa que comeza “Memorias dun neno labrego”. O que ía ser un agasallo converteuse o día 27 nunha homenaxe a súa vida e obra.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega colgou na súa web o video elaborado pola comunidade educativa do centro e xa o puxo en facebook.

Unha reflexión sobre “Eu son Neira Vilas”

  1. Eu tm son Neira Vilas pq son o seu Balbino, ese don ninguén que non esquece o seu pasado rural e o incorpora á vida actual falando a nosa lingua galega e loitando por ela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *