Noraboa dos representantes da Embaixada de Francia ao noso Instituto

O pasado 9/03/2017 acudiron ó noso centro os membros da  Embaixada de Francia en España, Nicolas Kassianides,  conselleiro cultural, director del Institut Français de España, Manuela Ferreira, agregada de Cooperación Educativa e Caroline Natalia agregada de cooperación para a lingua francesa.
O obxectivo foi felicitar polo éxito da implantación do BACHIBAC (Dobre titulación de Bacharelato en francés e español) no único centro de Galicia e polos excelentes resultados no exame DELF (diplomas oficiais de Francés como lingua estranxeira outorgados polo Ministerio francés de Educación Nacional e recoñecidos a nivel internacional)

Os membros da embaixada de Francia acompañados polo equipo directivo e pola Inspectora de Educación, Concepción Aramburu, a concelleira de Educación de Oleiros Iria Barreiro Antón e a asesora de Bachibac e do DELF SCOLAIRE en Galicia, Mª Jesús Lorenzano Lamelo, visitaron o Instituto Neira Vilas e acudiron a algunhas das clases de BACHIBAC do profesor Xosé Antón García da materia de  de Historia onde quedaron sorpendidos polo nivel de coñecementos da materia e o seu nivel da lingua francesa. O profesor Carlos Vidal, catedrático de Francés do Instituto, destacou a importancia da dobre titulación xa que incorpora non só un novo curriculum senón unha diferente metodoloxía que completa a formación académica do alumnado.
O Sr. Kassianides rematou a visita desexando moita sorte ao  alumnado nas probas de externas do BACHIBAC e destacou as facilidades que este alumnado ten para seguir os seus estudos en Francia por ser alumnado de pleno dereito no sistema educativo francés.

Noticia de La Opinión

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *