O 18 de abril, o concello de Oleiros en coordinación co seminario de Educación Física, celebrou no instituto unha xornada de “Xogos populares” para os nenos e nenas de 1º da ESO.
O día 4 de abril, o concello de Oleiros organizou en coordinación co seminario de Educación Física, unha xornada de “Iniciación á escalada”. Celebrouse no pavillón de Bastiagueiro e participaron os alumnos de 2º da ESO en sesións de dúas horas cada grupo.
Dende o concello de Oleiros, e a través do seminario de Educación Física, a compañía EXIRE organizou unha workshop sobre a cultura do Hip-hop, celebrando así a proximidade do día internacional da danza. Foi o mércores 26 de abril e participaron os rapaces de 3º e 4º da ESO.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)