Delf 2017

Un ano mais celebramos os excelentes resultados do alumnado do IESPLurilingüe Xosé Neira Vilas nos exames de Francés Lingua Estranxeira // DELF, convocados polo Ministère de l’Éducation Nationale de Francia.
Os 38 alumnos presentados (de Secundaria, Bacharelato e Bachibac), acadaron os certificados DELF nas probas realizadas no mes de xuño de 2017. Este diploma certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros. Os niveis que acadaron son A2 (16), B1(16) e B2 (6), correspondentes ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Queremos agradecer publicamente o traballo da lectora Perrine Lucas.
O feito de que o alumnado acade no instituto os Certificados B1 ou B2 xa os acredita para poder obter o título de grao e ao mesmo tempo poder matricularse nun master.
A nosa mais sincera noraboa!

Deixar unha resposta