Gap Year: Os camiños que non tomaches.

Nestes momentos nos que o noso alumnado de 2º de Bacharelato vai ter que tomar importantes decisión en relación o seu futuro, aproveitamos para recordar a toda a comunidade educativa que os camiños que se lles abren son moitos e moi diversos.
Neste mesmo curso tivemos a sorte de contar ca colaboración do noso ex-alumno Antón Blanco Rey, que nos veu visitar para contarnos a súa experiencia de Gap Year.

O Gap Year, como o nome en ingés indica, consiste nun proceso de reflexión e de coñecemento dende diferentes puntos de vistas do mundo no que vivimos durante un ano por parte do alumnado que remata os estudos de Bacharelato. A finalidade deste proceso é que o alumnado poida atopar a súa verdadeira vocación e comezar así unha nova etapa da súa vida.

Deixar unha resposta