Arquivo da categoría: Actividades

Ciencia Na Rúa 2017

A maxia da química

O día 6 de maio, organizado polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, o noso centro participou na XXII edición de Ciencia Na Rúa.

Ao longo do día 46 alumnas e alumnos presentaron, con gran entusiasmo e interese,  ao público experiencias sobre magnetismo e química.

Agradecemos especialmente a colaboración de Jesús Mosqueira Rey, profesor do departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, polo asesoramento e achega do material para a experiencia de levitación magnética.

A actividade foi organizada polos profesores:

  • María José Fandiño Río
  • Laura Fernández Villarino
  • Blanca Rodríguez Latorre
  • Xosé Rodríguez Rodríguez
  • Ramón Romero Pardo, (profesor emérito)
  • Antonio Varela Caamaño, (profesor emérito)

Actividades sobre magnetismo:

  • Imáns polos e forzas magnéticas.
  • Materias ferromagnéticos e non ferromagnéticos.
  • O compás: determinación dos polos dun imán.
  • Construción de imáns.
  • Experiencia de Oersted.
  • Forza de Lorentz.
  • Construción de electroimáns.
  • Experiencias de indución.
  • Motor homopolar.
  • Tren de bobina.
  • Levitación magnética con supercondutor.

Actividades de química:

  • Reaccións redox con permanganato: transformacións de viño en auga.
  • Ácidos e bases: A col lombarda como indicador de pH.
  • Diferencias de densidade: Lámpada de lava e as lentellas máxicas.

 

Galegos nos campos de exterminio

Documental: Galegos nos campos de exterminioEn días pasado no noso centro educativo realizouse o visionado do documental “Mathaussen, regreso ó campo da morte” sobre galegos no campo de exterminio cun debate posterior co seu realizador Manuel Torrente. Na actividade participou o alumnado de de cuarto curso e 1º de Bacharelato dentro das actividades do Departamento de Xeografía e Historia.

Entroido 2017

O 24 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces co gallo do Entroido. Mentres o xurado deliberou a quen concederlle os premios, tamén se recitaron desde o escenario do Salón de Actos os testamentos que preparou o alumnado do primeiro ciclo de ESO. O primeiro premio individual foi para Alberto Pérez Vishneuskiv, alumno de 1º da ESO, mentres que o segundo recaeu en Sergio Carnero Cadavid, alumno de 2º da ESO. O primeiro premio para grupos recaeu en Lucía Hermida e Antela Couceiro, de 4º da ESO, e o segundo no grupo de rockeiras integrado por alumnas de 3º da ESO. 

HUMANO

logo_humano_presentacionVen sendo tradición que o último día do primeiro trimestre se convirta nunha exaltación do #OrgulloNeira, coa colaboración sempre magnífica entre alumnado e profesorado para dar saída aos produtos finais dos proxectos interdisciplinares de cada ano.

O 21 de decembro de 2016, unha programación multidisciplinar que contou coa colaboración da totalidade de departamentos do IES Plurilingüe Neira Vilas puxo en marcha unha xeira que incluíu:

1) a xincana #NeiraNunDía (coa realización de actividades diversas, coordinadas polo alumnado de 1º Bacharelato e 3º ESO, incluíndo probas lingüísticas, matemáticas, físico-químicas, deportivas, artísticas, xeográfico-históricas, de baile e científicas -coa especial elaboración de cocktails sen alcohol-);

2) o concurso #NeiraMannequin, no que participaron todos os grupos de ensino secundario obrigatorio, e finalmente gañado polo alumnado de 1º ESO da materia “Investigación e tratamento da información”;

3) o espectáculo #Humano, no que a participación do alumnado foi ben variada e diversa, con presentacións sobre o ser humano explorador, as teorías da poboación [texto], a evolución humana, os dereitos humanos, as diversas teatralizacións sobre a torre de Babel e o especificamente humano, a leitura de poemas en linguas estranxeiras. Para finalizar o espectáculo, a música tomou corpo con interpretacións do recente premio Nobel de Literatura Bob Dylan (“Blowin’ in the wind” e “Don’t think twice,…”), o rap -que volve con forza a este centro despois de anos de espera-, e unha panxoliña de Nadal que xa se está a converter nun clásico no noso centro educativo: “Nadal de Luintra”. Consultade a presentación do acto e ollade o video introdutorio.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade escolar neste día no que todos contribuímos a realizar unha obra tan coral. Non será a última, de seguro, mais agora convén felicitarnos pola extensísima participación deste ano. “Traballar en equipo divide o traballo e multiplica os resultados”. Grazas.

Concedida subvención Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros vén de conceder  unha subvención de 5572 € ao noso centro polos seguintes conceptos:

“Actividades didácticas e culturais (representacións teatrais, viaxes a entidades, museos e exposicións, concertos, actividades deportivas, viaxe cultural a Bruxelas, intercambio escolar con Collége Notre Dame le Ménimur-Bachibac 7 alumnos/as) para 278 alumnos-as, viaxe fin de etapa para 17 alumnos-as a Barcelona e 7 alumnos e alumnas de Bachibac”.

Mini e Mero cantan no IESP Xosé Neira Vilas

Mini e Mero
Mini e Mero

O dia 20 de xuño, os músicos Mini e Mero darán un concerto para o alumnado e profesorado. Interpretarán poemas de autores galegos como Manuel María e Xosé Neira Vilas. O concerto quere homenaxear a Manuel María, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, e tamén para festexar o fin de curso.

O Carro de Manuel María.

 

Graduación 2º Bacharelato 2015-2016

graduacion 2016O venres 27 de maio tivo lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica  o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2015-2016, ao que asistiron alumnado, pais e representantes da comunidade educativa, así como o Alcalde do concello de Oleiros e unha representante da Embaixada de Francia. A xornada -presidida polo director Agustín Fernández Gago- desenvolveuse nun ambiente festivo, cos discursos por parte do alumnado (Mencía Resch Pérez e Manuel Bérmudez Pillado),  das nais e pais (Marta Rey García) e do profesorado (Julia Fernández Seguín) da representante da embaixada de Francia (Nuria Vivancos-Aligant) e do alcalde  (Angel García Seoane).graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016 graduacion2016

 

Viaxe fin de etapa

X-I-3

Un grupo de alumn@s de 4º de ESO protagonizan, do 17 ao 21 de xuño, a súa viaxe de Fin de Etapa.

Durante ese días estarán en Barcelona con visitas ao Museu Nacional d’art de Catalunya (sección de arte románico), á Sagrada Familia e a L’Aquàrium e rutas polo Barrio Gótico e o Modernista. Dedicarán unha xornada para visitar o Teatro-Museo de Dalí en Figueres e concluirán con dúas xornadas en Port Aventura.

Nesta vaixe irá acompañados de dous profesores e este é o programa completo.

 

Visita ó museo arqueolóxico

Visita Museo Arqueolóxico
Visita Museo Arqueolóxico

O día 20 de Abril, e despois da visita preparatoria de marzo, o grupo de monitores acompañou ó resto do alumnado de primeiro da ESO ó museo arqueolóxico de San Antón para explicar os principais obxectos alí expostos e a realización de actividades prácticas, entre elas, coa catalogación das pezas, para rematar coa presentación  dunhas actividades didácticas a realizar despois da visita.

O grupo de monitores e comisión de orde estivo composto por: Mario Badini, Aitor Ares, Darian López Minero, Antía Noya, Mara Pereira, Clara Graña, Nadia  Boughaba , Edher Ramos e Javier Moya

Día da Ciencia na Rúa 2016

A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público
A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público

O pasado sábado, 7 de maio, o noso centro participou no XXI Día da Ciencia Na Rúa. Dende as 11 da mañá ata as  7  da tarde unha nutrida representación do  alumnado do centro presentou ao público asistente unha colección de actividades e experiencias que trataban de popularizar e desmitificar o coñecemento científico.

O capacidade de comunicación  do alumnado e a súa facilidade para adaptar as explicacións á idade dos visitantes mantiveron a nosa xaima sempre chea de visitantes.

Participantes

Alumnado : Daniel Alba Pascoal, Lucía Arce Fernández, Alejandro Basante Díaz , Javier Castro Iglesias, Diego Chenlo Portabales, Rubén Digón Louzara, Martín Fernández-Obanza Durán, Lucía Flórez Bustad, Antía González Fernández, Marta Martínez Novo, Pepa Mata Varela, Emilia Oróns Vázquez, Miguel Pozo González, Cesar Resch Pérez, Alba Rouco Prieto, Iago Ruibal Lago, Uxía Sabrojo Catoira, Guillermo Astor Torres Lamas, Adrián Vázquez Pintor, Marcos Vázquez Rubín.

Profesorado : Jesús Antonio Curros López  e Laura Fernández Villarino  do Departamento de Física e Química,   Xosé Rodríguez Rodríguez  do Departamento de Tecnoloxía e Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, profesores eméritos do departamento de Física e Química.

Actividades presentadas

Cartel de Ciencia na Rúa 2016
Cartel de Ciencia na Rúa 2016
  • O aire esmaga unha lata de refresco
  • Una figura de papel imposíbel de realizar
  • O sistema binario e máis eu adiviñámosche o numero pensado
  • Un programa de ordenador telépata
  • Unha fonte sin fin
  • Nitinol: un metal con memoria de forma
  • Ensaios á chama e a composición das estrelas
  • Un detector de luz infravermella no bolso.
  • Experiencias no baleiro
  • Impresora 3D. Deseña e imprime o teu chaveiro
  • Fabricando unha gaiola de Faraday na casa