Arquivo da categoría: Alumnos

Actividades extraescolares non organizadas por un departamento, como as excursións de fin de curso ou as ceremonias de graduación.

Un día nas Cíes

Difícil non disfrutar dunha contorna de tanta beleza! Que afortunadas e afortunados de chegar á mellor praia do mundo!

Cíes, paraíso terreal, foi onde aconteceu unha xuntanza especial para despedir un curso académico intenso, mais cheo de fermosas experiencias que nos fixeron aprender de marabillosas amizades e de compañeir@s inigualábeis. Porque xa formades parte das nosas vidas… GRAZAS!!!

… E Pelayo gañou

O 4 de maio de 2022, un grupo de 6 alumnas e alumnos de 3º ESO do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas acudíu a Santiago de Compostela á convocatoria da fase autonómica da I Olimpíada Junior de Xeografía… Entre eles, Pelayo Blanco García, alumno de 3º ESO B, que tempera nervos e visitou unha cadea de comida rápida norteamericana por primeira vez: viña de ser 3º na fase rexional.

A chamada do Colexio de Xeógrafos advertía a Pelayo de que o 16 de xuño se ía batir a nivel estatal… E estivo unha tarde tórrida diante do ordenador…. Para quedar CAMPIÓN ESTATAL DA I OLIMPÍADA JUNIOR DE XEOGRAFÍA!!!!

Parabéns, Pelayo!

COMPARTIR EXPERIENCIAS

O pasado 3 de maio os exalumnos Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García compartiron co alumnado de 1º de bacharelato as súas experiencias e vivencias como universitarios.

A través dunha presentación faláronlles de numerosos aspectos moi importantes como: a transición do Instituto á Universidade, a importancia das rutinas e os hábitos na univesidade, as ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta…

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2021-2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

Pode participar todo o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha
nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

A realización da proba terá lugar o día 23 de xuño de 2022 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial
de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Toda a información aquí:

Courel 2022

As montañas, as fragas, os soutos e paxaros foron quen de facernos achar seres prodixiosos, de aprender dos outros e de ser un/ha mesma/o. A visita ao Courel apartounos do mundo por un intre e fíxonos gozar da amizade, da empatía e de longas conversas cheas de sorrisos, de camiñadas que recompoñen, de afecto… Que terán aquelas paisaxes para lembrar tanta ledicia!!!

“Eu non sei para onde vai

mentres o quedo ollando.

Só sei que alí se cumpre

o sono que estou soñando”.

  • Consulta todas as imaxes da visita do alumnado de 1º ESO ao Courel dos días 20 a 22 de abril, nesta galería.

PROBA EXTERNA DO PROGRAMA BACHIBAC

A  Consellería de Cultura,  Educación e Universidade publicou o pasado martes 22 de marzo a convocatoria da proba externa do programa BACHIBAC para o curso 2021-2022. Dita proba terá lugar os días 9 e 10 de maio, pero o prazo de inscripción do alumnado remata o día 30 de marzo. Todos os trámites fanse na secretaría do instituto.  Pódese consultar a convocatoria no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36563