Biblioteca

A modo de introdución

BENVIDOS!Chegades a terra amiga. Dende esta páxina convidámosvos a que saibades quen somos ,o que queremos e o que ofrecemos. Estamos comezando unha nova andaina, a construcción dun novo proxecto no que temos depositadas moitas ilusións.

logo biblioteca
Logo da Biblioteca

Usuarios e servizos da biblioteca

  1. O acceso ás dependencias da biblioteca é libre para o persoal do centro. Só é precisa a presentación do carné para o servizo de préstamo a domicilio. o.
  2. Permítese a entrada con equipos informaticos como ordenadores portátiles, ou materiais de escritura propios. Pero non se autorizan equipos ou utensilios de reprodución como cámaras fotográficas, escáneres e outros . Os teléfonos móbiles deben ficar desconectados.
  3. A biblioteca presta os seguintes servizos:
  • Información bibliográfica
  • Consulta en sala
  • Préstamo a domicilio
  • Hemeroteca
  • Servizo de materiais sonoros e audiovisuais
  • Consulta en rede
  • Cambio de formato video-CD
A nosa biblioteca
A nosa biblioteca

Normas de uso e funcionamento

  1. Os fondos da biblioteca son de libre acceso,Os documentos retirados dos andeis ou devoltos despois dun préstamo serán depositados nun espazo que se indique.
  2. Non se permite introducir comida, bebida, tabaco ou similares nin permanecer na sala cunha finalidade diferente á fixada. Débese permanecer se alterar a orde ou o silencio.
  3. Estará suxeito a sanción e/ou reposición do obxecto:
    • Marcar ou danar bens ou equipos
    • Subliñar, escribir, dobrar, raspar ou mutilar os documentos,libros,material audiovisual, informático, ou calquera tipo de fondos que se achen na biblioteca.
  4. Os membros da comunidades escolar poden propoñer a adquisición de libros ou de calquera outro material que consideren necesario. Estes materiais serán considerados en base á súa calidade, vixencia, necesidades ou ao orzamento.

Fondos documentais

Consultar

  • Os libros e documentos existentes pódense consultar libremente na sala. Poden tamén realizarse concultas a través dos equipos informáticos existentes.

Servizo de préstamo

  • Nas condicións que se detallan, todos os materiais existentes na biblioteca poden prestarse aos usuarios,agás os que se enumeran a continuación:
  1. Os exemplares únicos que, por non estaren á venda no comercio, sexan dificilmente dispoñibles.
  2. As enciclopedias, dicionarios e/ou atlas, e, en xeral, as obras de consulta ou de uso moi frecuente.
  3. Os volumes que teñan carácter de “únicos” pola singularidade da súa encadernación, por teren dedicatorias manuscritas, debuxos orixinais, notas ou comentarios manuscritos de personalidades.
  4. As obras que polas súas características especiais quedan excluídas do préstamo por decisión do persoal da biblioteca.
  5. Os/as lectores/as poden retirar dunha vez ou acumular ata tres volumes, por un período máximo de 15 días. O préstamo pódese renovarse outro período de quince días, por un período idéntico de 15 días cada vez. En total son 45 días agás aqueles libros sinalados como de lectura obrigatoria polo profesorado, que non poderán renovarse.
  6. O tempo de préstamo conta a partir do día en que se recolle o libro e sinálase nunha etiqueta. Unha vez transcorridos 30 días naturais, procederase á reclamación do volume ou volumes prestados.
  7. O profesorado ten prioridade para dispor dos fondos, segundo as necesidades didácticas, e non está suxeito ás normas de tempos máximos de préstamo.
A nosa biblioteca
A nosa biblioteca

Servizo de reserva

Pode solicitarse a reserva dun libro, cd…cando nese momento a biblioteca non dispoña del por estar en período de préstamo ou estea temporalmente destinado para actividades culturais ou de animación á lectura. Unha vez dispoñible prestarase por antigúidade na solicitude de reserva.

Servizo de información bibliográfica

  1. O persoal da biblioteca está a disposición dos/as usuarios/as, nos horarios establecidos, para para facilitarlles asesoramento,información ou o uso dos fondos.

Hemeroteca

  1. Os usuarios tamén teñen acceso libre ao espazo destinado a hemeroteca ou sección de publicacións periódicas – revistas e xornais –
  2. Por razóns de espazo, soamente se gardarán aquelas publicacións que o equipo da biblioteca considere de interese.

Servizo de materiais audiovisuais e sonoros

  1. Todos os fondos (cd, dvd, vídeo, casete) poden ser consultados na biblioteca ou solicitárense en préstamo.
  2. O número de materiais audiovisuais e sonoros que poden obterse en préstamo é de 2, por un período dunha semana.
  3. O/a usuario/a deberá comunicar ao persoal responsable calquera anomalía ou deficiencia que poida existir nos libros ou nos materiais audiovisuais e sonoros. Para mellor conservación, as cintas de vídeo e casetes deberán devolverse sempre rebobinadas.

Actividades culturais, de animación e fomento da lectura

Ao longo do ano escolar, organizaranse actividades culturais, de animación, fomento da lectura e uso da biblioteca, como:

  • Campañas de animación á lectura.
  • clubs de lectura.
  • Concursos.
  • Tertulias literarias, conferencias, charlas-coloquio.
  • Encontros con profesionais da literatura.
  • Realización de guías de lectura.
  • Actividades de Formación de usuarios.
  • Exposicións bibliográficas.
  • Exposicións dos traballos realizados polos alumnos/as en relación cos libros recollidos na biblioteca.
  • Participación nos concursos do Programa Internet nas bibliotecas.
  • Actividades plásticas e manuais.

Estas actividades poden estar programadas pola Biblioteca, os departamentos didácticos, o profesorado e realizarse no centro ou por convenios con outras entidades como a Biblioteca Municipal centra, Bibliotecas de Coruña, concello de Oleiros.

Infraccións e sancións

  1. O retraso na devolución de calquera dos fondos poderase sancionar coa exclusión do/a lector/a da utilización do servizo de préstamo.
  2. Transcorridos dous meses, un/unha usuario/a que teña algún fondo sen renovar nin devolver, non poderá solicitar outro fondo en préstamo ata que devolva aquel ou doe un igual.
  3. O usuario/a será responsable do libro, ou de calquera tipo de fondo tomado en préstamo, estando obrigado a repoñelo se fose perdido, mutilado ou deteriorado por un igual ou similar (das mesmas características, tema ou materia, idéntica calidade, prezo, etc.)
  4. O usuario/a que non observe as condicións debidas de comportamento, que realice un uso indebido dos servizos da biblioteca ou que incumpra as normas recollidas neste Regulamento poderá ser expulsado polo tempo que decida o persoal, segundo a gravidade da infracción cometida.
  5. Se se sorprende a algunha persoa intentando extraer da biblioteca calquera tipo de fondo, sen pasar polo servizo de préstamo ou sen o coñecemento e a autorización do persoal da mesma, a esta persoa impediráselle frecuentar as instalacións bibliotecarias, e este feito porase en coñecemento da dirección do centro.