Mediación

Equipo de Mediación

Obxectivos

Co obxectivo de fomentar unha Cultura de Convivencia en Paz, a comezos do curso 2003-2004 ponse en marcha o grupo de traballo «Novos conflitos, novas abordaxes». Este grupo de traballo promovido polo Concello de Oleiros e coordenado por Dona Alicia Arce, Directora de ADAFAD, conta coa participación de profesores dos tres centros de secundaria do concello, e continúa a súas actividades até agora mesmo. Reúnese con periodicidade quincenal.

Constitúese pola convición de que un bo clima de convivencia é fundamental para acadar os obxectivos tanto de formación en contidos como de formación en valores. Así mesmo, compártese a idea de que un bo clima de convivencia non vén dado, senón que ha de construírse,. e que cadaquén ten a súa cota de participación niso, tanto polo que fai como polo que deixa de facer.

El grupo de traballo propúxose deseñar estratexias –as máis concretas entre as posíbeis– que contribuísen a mellorar a convivencia nos centros. Desenvolvéronse varias:

  • fomentar as actividades cooperativas entre os alumnos
  • incidir lo más posible en las tutorías en “habilidades sociales”
  • pór en marcha Equipos de Mediación en conflitos
  • constituír un Observatorio da Convivencia

Se trataba de abordar el mismo objetivo desde distintos lugares, para conseguir una implicación real y efectiva de los miembros de la comunidad escolar. La existencia de un grupo de profesores que tomaron la iniciativa de forma voluntaria y con creatividad, siempre tomando muy en cuenta las condiciones particulares de cada Centro y las distintas oportunidades que surgieron de desarrollar estas estrategias, hicieron posible sostener el trabajo a lo largo de estos tres cursos.

Tomando en conta que os conflitos forman parte das relaciones e que son tanto un risco como unha oportunidade, propúxose preparar os Centros para afrontar novos tempos con novas ferramentas, preparar os alumnos para os cambios que están tendo lugar na sociedade; animalos a implicárense, co resto da comunidade educativa, no ilusionante labor de facer algo novo: a formación e posta en marcha dos Equipos de Mediación en Conflitos e dos Observatorios de Convivencia.

Estes dous proxectos foron os que máis tempo, traballo e enerxías consumiron; e demandaron ademais a realización de obradoiros de formación específica en mediación en conflitos para alumnos/as (12 horas), para profesores/as (18 horas) e para pais/nais (18 horas) levados a cabo por profesionais da Asociación ADAFAD.

Respectáronse as fases precisas para o desenvolvemento dun proxecto deste tipo:

• planificación, • adopción, • implementación, • desenvolvemento e avaliación, actualmente en marcha.

  • planificación,
  • adopción,
  • implementación,
  • desenvolvemento e avaliación, actualmente en marcha.

O observatorio da convivencia no IES Xosé Neira Vilas.

mediadores del curso 2004/2005
Mediadores do curso 2004/2005

Os alumnos que realizaran o obradoiro de mediación en conflitos reúnense con dúas profesoras do equipo de traballo “Novos Conflitos, Novas Abordaxes” unha vez ao mes para:

  • Analizar o clima de convivencia no instituto. Desta análise, ás veces, derivan intervencións puntuais de pouca entidade, que evitan una escalada dos conflitos.
  • Suxerir e implementar actividades que axuden á integración dos alumnos no centro e a mellorar a convivencia dentro do mesmo.

AResúmense a seguir algunhas das actividades xurdidas do observatorio e que se puxeron en práctica ao longo do presente curso.

Plan de acollida de novos alumnos.

No mes de maio do curso pasado, alumnos del centro desprazáronse con dous profesores ao colexio Valle Inclán para falar cos alumnos que habían de vir ao instituto a cursaren primeiro da ESO. A idea era facilitar o tránsito dos novos alumnos ao instituto. Posteriormente acompañaron aos alumnos de primaria nunha visita ás instalacións, de xeito que se favoreceu a integración dos novos alumnos.

Organización de ligas deportivas.

Os alumnos do observatorio organizaron unha liga de fútbol e mais outra de brilé. Unha vez inscritos todos os estudantes que ían participar, decidiron formar os equipos por medio de sorteo, de maneira que os alumnos de distintos cursos se mesturasen e se formasen novos lazos entre eles, na idea de que estes novos vincallos levarían a unha nova forma de convivencia, como de feito veu a ser.

A mediación no IES Xosé Neira Vilas.

Os alumnos que queren solicitar a mediación poden facelo dos seguintes xeitos:

  • Depositando a petición nunha caixa de correo habilitada para o propósito
  • Poñéndose en contacto con calquera membro do equipo de mediación
  • A través dos titores
  • A través dunha suxestión de la dirección

Unha vez solicitada a mediación, a/o(s) alumna/o(s) pode(n) escoller mediadores (alumnos cos que non teña unha relación de amizade), ou suxírenselle dous mediadores.

A partir dese momento, os mediadores reúnense por separado con cada unha das partes e axúdanas a

  • identificar e analizar o problema. En ocasións unha liorta, pelexa, un desacordo… non é un feito illado, senón a manifestación dun malestar máis profundo.
  • alcanzar un compromiso entre ambas partes.

Unha vez alcanzado, os mediadores supervisan o cumprimento dese compromiso. Trátase de acompañar aos alumnos que tiveran un problema na modificación das súas condutas. Este proceso é formativo, tanto para os mediadores como para os alumnos implicados no conflito.

Tal como elos mesmos escribiron na revista do instituto: «Os mediadores axudamos a que as persoas implicadas no conflito sexan capaces de ver a situación desde fóra. Tamén a que os implicados cheguen á orixe do problema e sexan capaces de atopar unha solución que mellore a convivencia.»