Arquivos da etiqueta: Proxecto Terra

Proxecto Terra: Visita á cidade de Porto

Foto dos participantesOs días 11 e 12 de maio, alumnado de 3º ESO participou nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso á cidade de Porto.
Acompañados por Xosé Antón García, Carlos Vidal e Jorge Carlos Calle , visitaron o primeiro día a Fundación Serralves, construción destacada do arquitecto Álvaro Siza, e realizaron un percorrido polo casco vello de Porto.
O aloxamento foi na “Pousada de Juventude” de Espinho. O segundo día, despois dunha viaxe no metro da cidade, tivemos unha visita á Casa de Música, edificio singular do arquitecto Rem Koolhaas .
Agradecer ao Proxecto Terra a boa organización e atención prestada ao noso alumnado.

Proxecto Terra

Proxecto Terra
Proxecto Terra

Os días 1 e 2 de abril, alumnado de 3º e 4º ESO participaron nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso a Ferrol e as Fragas do Eume.
Acompañados por Sandra Pérez Coto e Jorge Carlos Calle López, visitaron o primeiro día Ferrol, primeiro cunha actividade na aula de Ecoloxía Urbana e despois na Exposición Nacional da Construción Naval. Tras un percorrido en barco pola ría, con parada en Mugardos para xantar, a tarde completouse coa visita ao castelo de San Felipe e un percorrido polo barrio da Magdalena.
O aloxamento foi no albergue Albarelle, exemplo de bioconstrución e de establecemento comprometido coa conservación do Medio Natural. O segundo día consistiu en actividades nas Fragas do Eume e visita ao Museo Etnográfico da Capela.
Agradecer ao Proxecto Terra a boa organización e atención prestada ao noso alumnado

Á descuberta da arquitectura e a paisaxe: Visita a Guimarães (Portugal)

Visita a Guimarães
Visita a Guimarães

Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa. O alumnado foi acompañado polos profesores Jorge Calle, Carmen  García-Rodeja e Isabel López Mariño