Maricarmen cóntanos como era a festa do Samaín cando era nena. Santa Compaña, colares de castañas e moitas historias que non podes perder.
Grazas a Julia Conchado (1º ESO C) por esta recolla e a súa avoa por aprendernos tantas cousiñas interesantes!
O pasado 21 de decembro entregáronse os premios ás gañadoras do concurso de conxuros que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou no Samaín. As vencedoras foron as alumnas de 1º de ESO Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco. Pódense consultar os textos no blog da biblioteca “O faiado de Balbino”.
Celebramos un ano máis o Samaín con un concurso de conxuros e outro de cabazas. Os alumnos poden escribir os seus conxuros e participar antes do día 10 de novembro. As cabazas poden traerse decoradas da casa ata o día 3 de novembro, día no que se decidirá cal é a cabaza gañadora. Cartaz do Samaín
O día 21 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os premios dos conxuros de Samaín, cuxa temática xiraba arredor do tema do proxecto deste curso no centro, “O Humano”, xa que o alumnado participante tiña que crear un conxuro para humanizar aquilo que lle resultase demasiado inhumano. Os gañadores foron María Rodríguez Mejuto, Pablo Castiñeiras Armada e Javier Moya Sánchez, de 2º da ESO. Pódense consultar os textos gañadores no blogue da biblioteca do centro: Enlace aos relatos
O EDLG organizou na semana do 9 ao 13 de novembro unha serie de actividades para festexar algunhas das celebracións máis características deste mes. A tarde do luns 9 de novembro tivo lugar un magosto no patio do IESP para o alumnado da ESO e o profesorado. Cada un trouxo unha presiña de castañas para asar mentres se desenvolvía a xincana de xogos populares. O martes 10, o alumnado de 1º da ESO asistiu ao espectáculo “Contos de Defuntos” a cargo da compañía “A tropa de trapo” no que se revisaron a actualizaron algúns dos relatos de medo asociados á cultura galega tradicional. Ao longo da semana exhibíronse as cabazas decoradas na entrada do centro, así como se recolleron os textos máis terroríficos das rapazas e rapaces que decidiron participar no “Concurso de conxuros”.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)