1000 anos de arte en feminino

No mes de febreiro, o IES Neira Vilas acolle a exposición “1000 anos de arte en feminino”, un paseo a vista de paxaro pola pintura feminina dende o século X ata o XX. Trátase dunha exposición bilingüe, en galego e inglés, que implica unha colaboración didáctica interdisciplinar.
A devandita mostra estará accesible ao público en xeral durante os xoves 14 e 21 de febreiro, en horario de 16.15 a 18.00 horas, co obxecto de ampliar máis alá da propia comunidade educativa a difusión da mesma.
Tríptico da Exposición