Expoantroidada 2.008: “A Auga”

Entroido 2008
Entroido 2008

¡OS PROFES DISFRUTANDO COMA NENOS..!
“No entroido deste ano os profesores e profesoras disfrazáronse de mariñeiros e ian todos facendo parvadas. ¡Coma nenos! Ate cantaron… Pero foi divertido.”
ENTROIDO 2008: MAIS VONTADE.-
Este ano notei unha maior disposición entre a xente para colaborar. A xente non apresentaba esa indiferenza característica de tódolos anos. Mollouse participando en todo tipo de actos: preparación de comidas caseiras, disfraces, música…
O ENTROIDO XA NON É O QUE ERA
O entroido, o mesmo que as outras festas, xa non son o que eran. Antes a xente disfrazábase co idea de pasalo ben non coa obsesión de ter o mellor disfrace. Cando era máis pequena nenos e maiores facían eles os seus disfraces. Despois iban polas casas de troula…O entroido resumíase en pasalo ben e estar irrecoñecible. Agora pechámonos nunha discoteca e preocupámonos máis de que o noso disfrace sexa o mellor que de pasalo ben.
Entroido 2008
Entroido 2008

O CONCERTO DE MÚSICA
O dez de decembro chegou ás nosas mans unha partitura para tocar na clase de música. Nen imaxinamos a incrible aventura á que nos empurrou e que remataría coa emocionante actuación de Entroido. Comezamos ensaiando como para un exame pero hai poucas semanas soubemos do seu verdadeiro destino: tocar diante dos compañeiros. Tanta foi a emoción que saiamos da aula de música cantaruxando a peza polos corredores. Logo da música veu o disfrace: “a lei seca” – para unha exposición sobre a auga…, non viña mal -. Duas bolsas de lixo, unha branca e outra negra, cinta aillante, unha pluma e unhas medias. Empregamos os correspondentes patrons para cortar. Venres día un de febreiro, xusto antes de tocar, todo moi preparado, paso a paso, nota a nota, todo medido e alá fomos, a gozar do entroido.
PUNTOS NEGROS DO NOSO ANTROIDO
O concerto estivo ben excepto o saxo que se escoitaba pouco. O sector das filloas e postres traídos da casa deberían ter mellorado a presentación. O peor de todo é que terían que deixarnos saír un pouco ates das dúas.
Entroido 2008
Entroido 2008

O MELLOR DISFRAZ: O DE CLAUDIA
Primeiro premio do concurso individual. Comezou a disfrazarse ao remate da segunda hora axudada polos seus compañeiros. Tardamos uns vinte minutos en montar tódalas unións da súa ducha…O mellor disfraz sen dúbida ningunha.
ESTRAÑA MULLER COA DUCHA ENRIBA
Atopamos polos corredores do centro unha muller que olvidou que o aparello para ducharse debe quedar na casa, pegado ó chan, como ten que ser. Non menos impresionante foi o encontro cun home, tamén estraño, recuberto de follas. Á muller déronlle o primeiro premio nun concurso – 50 € e unha caixa de bombóns -; o home perdeu despois dunha dura loita coa “ducha-girl”.
DOR DE CABEZA XERAL DO ALUMNADO
No entroido do instituto este ano houbo moitas cousas: filloas, orellas, actuacións musicais, concursos de disfraces…, pero quedemos coas actuacións musicais. Semellaba que todo iba ben pero, xusto antes do remate, un grupo de profesores incontrolados tomaron o escenario. ¡Puxéronse a cantar! A xente correu despavorecida fóra do centro coa excusa de comer filloas… En serio, boa actuación
Entroido 2008
Entroido 2008

TEMPO RECORD DE EXTINCIÓN DAS FILLOAS
Algúns non chegamos a probar unha. Foi un dos principais problemas desta ano: ¿por que duraron tan pouco as filloas?
O ENTROIDO 2,008 CHEGA Ó INSTITUTO
O centro foi ocupado por unha banda de gangsters. En plena lei seca o medo apoderouse de todos nós. Non fixeron mal, so viñan tocar música e tocábana ben. Todo trocou en ledicia.
MAMBO
¿Fixástesvos nos carteis do entroido coas caras dos profesores? Estaban divertidos… Pero o mellor da festa: a canción Mambo Nª 5.
Entroido 2008
Entroido 2008

A “GALLEGADA” DOS PROFESORES
Non me gustou nada. Algúns nin se molestaron en disfrazarse e ademáis cantaron moi mal.
O TEDIOSO CONCERTO QUE TIVEMOS QUE AGUANTAR…
Na festa do entroido os alumnos e alumnas coa materia de música fixeron un aburrido concerto no corredor superior. Tódolos alumnos, gustárache ou non a música, debíamos estár alí de pé escoitando.
POUCOS ACUÁTICOS NO ENTROIDO
O entroido pretendía ser unha exposición sobre a auga. Poucas persoas acudiron o pasado venres con disfraces relacionados… Pero non houbo queixa da orixinalidade doutros. Os homes de negro (un semellaba Castelao), Slash, un Teletubi, as cores de do parchis, o solitario entre as herbas, exploradoras de marte… Pero os que si tiñan que ver coa auga e estaban ben currados eran o do profe de ética e o de Claudia de 4º A: unha obra mestra do virtuosismo no uso da cinta de embalar.
A DESORGANIZACIÓN DO NEIRA VILAS
Un ano mais o Neira Vilas non ten organización para facer unha festa. Mentres algúns alumnos estaban no salón de actos no concurso, outros estaban nas aulas, outros xogando nas pistas ou na cafetería – como se fose un recreo e non estivese pasando nada no salón de actos -. Ademáis de toda a xene que marchou por aburrimento.
Entroido 2008
Entroido 2008

A XENTE XA NIN SE DISFRAZA.-
No último etroido, no Neira Vilas, máis da metade dos rapaces e rapazas non se disfrazaron. Semella que para a maioría do alumnado o entroido é unha data como outra calquera. Isto foi o único que desluciu a festa: moi variada e amena.
PROFESORES E DIRECTIVOS DO CENTRO OBRIGAN A ASISTIR A UN CONCERTO POLA FORZA.
O alumnado foi amoreado de pé no corredor en condicións infrahumanas. Fronte á rebeldía dun sector os antidisturbios interviron con contundencia: houbo tres contusionados e catro detidos. Informa o noso correspondente que pasaba por alí – Diario de Patricia -.
ENTROIDO 2008: MAIS DO MESMO.-
O máis criticable do entroido 2,008 foi a falta de inovación por parte de todos. O mesmo de tódolos anos, parece un calco dos anteriores. Será que a xente á que lle gusta o entroido non lle importa a falta de orixinalidade.
Entroido 2008
Entroido 2008

PASAR TODA A MAÑÁ COAS AMIGAS.-
O bo deste día foi pasar toda a mañá por fóra, nos corredores, na cafetería, nas actividades coas amigas. Rimos moito ese día.
EXPOSICIÓN DE POSTRES.-
¡Do mellor do entroido! A proposta do profesor Xosé Antón fixemos postres na casa e foron expostos no corredor. Había moitos: filloas, pastas de te, rosquillas, leite frito,etc. Rematamos con todo no primeiro recreo. O premio foi para Nuria polo seu leite frito espectacular.
“GRAN IDEA” O CONCERTO NO CORREDOR.-
Ese escenario improvisado non foi mio boa idea. Ao non ter altura e tampouco contar con megafonía… se non estabas na primeira fila non vias nin escoitabas nada.