Entrevista a Claudia Calvelo Ameijeiras

Claudia Calvelo Ameijeiras
Claudia Calvelo Ameijeiras

A elite do baloncesto no Neira Vilas

Claudia Calvelo Ameijeiras, de cuarto de ESO, ten dezaseis anos -recén cumplidos- e xa leva máis de cinco no cumio do deporte. Con 11 anos, e no primeiro partido de baloncesto xa a mandan á selección galega e no mesmo veran é fichada para a selección nacional. Co equipo español recibíu a medalla de oro en Kosica (Eslovenia) hai dous anos.

“O deporte axúda a apartar os problemas que teñas”

Claudia Calvelo Ameijeiras, de cuarto de ESO, ten dazaseis anos –recén cumplidos- e xa leva máis de cinco no cumio do deporte. Con 11 anos, e no primeiro partido de baloncesto xa a mandan á selección galega e no mesmo veran é fichada para a selección nacional. Co equipo español recibíu a medalla de oro en Kosica (Eslovenia) hai dous anos. Cunha importante herdanza familiar porque o seu pai fora xogador e entrenador, tardaron a animala porque tiñan medo das constantes lesión sque sufren os deportistas.
-¿Cómo empezas a xogar?
– Empecei pola iusión que lle facía ó meu pai, non tanto á miña nai que non quería pasar o resto do seu tempo libre vida no pabellón de deportes.
-O sea que a túa nai non lle gusta
– Pero acabará por gustarlle
– ¿Houbera preferido menos implicación?
-Sí, porque cada vez que me suben de categoría, estou menos tempo na casa.
– ¿Cal son as ventaxas de ser unha xogadora de élite?
-Cobras coma si foras profesional e a satisfacción de ser unha das catro xogadoras de España con dous anos menos que xoga en cadete.
-¿Por qué o baloncesto?
– Gostábame, víao sempre
– ¿Cal é o teu posto?
– Agora son capitana da selección española.
– ¿Tes moita responsabilidade?
– Sí porque eres a máxima responsable do equipo, eres a conexión co entrenador a que debe controlar que o equipo esté co máximo rendemento, controlar o que esté triste ou ver se alguén ten problemas. Mostramos o noso día a día no díario da sub 16 na páxina web da federación en www. feb.es
-¿Cal son as bondades do deporte?
-Estás ben fisicamente e ben contigo mesma, vas superando as túas metas. Tamén porque viaxas e coñeces xente. Practicas idiomas porque sen o inglés non vas a ningunha parte. Tamén a xente tímida sóltase máis.
– ¿Cal é límite entre a afición e a paixón?
-Tes que vivilo é algo que non se pode contar. Canto está no podio e sona o himno é unha emoción enorme.
– ¿Qué che quita o deporte?
– Estar máis tempo con meus amigos do Instituto
– ¿Qué botas en falta?
-Estar en casa porque estou moito tempo fora. Temos moita presión, cando che sae algo mal necesitas á túa xente e non ó entrenador. Por eso os meus pais non me chaman cando estou de concentración.
-¿Lígase?
-Sí que se liga porque coincides con xente de todo o mundo.
-¿Qué lle dirías ó que non fai deporte?
-Que faga algo, ainda que sexa andar. Porque te sintes millor física e síquicamente. Distráete e axúdate a desfogar e aparta os problemas que teñas.
-¿Alonxate da arte ou de outra actividade cultural?
-Non porque viaxo moito e de cando en vez podemos ver algún museo ou palacio.
-¿Qué carreira vas facer?
– A verdade é que teño facilidades porque teño boas notas pero estando nesto podo entar en calquera carrera sen necesidad de media. Vou facer Mediciña ou Fisioterapia.
Claudia entrena cada día tres horas, dí que lle da tempo todo. As súas notas o demostran. Mentras facemos a fotografía preocúpase para non sair moi seria. A verdade é que non o é.
CGR