CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”

1º Parte: “Galegos no mundo”

No noso centro educativo celebrouse a conferencia de de D. José Ben Millán, avó do alumno Mathijs Tarin Ben o día 16 de Decembro para contar a súa experiencia da estadía en Fernando Poo.
Don José Ben Millan ofreceunos unha interesante conferencia . Empezou pola súa infancia e o tempo que lle tocou vivir: a guerra, a posguerra e a segunda guerra mundial coas súas repercusións na vida económica da xente.
A continuación a decisión de marchar á colonia española de Fernando Poo. Detallou as características xeográficas e os principais recursos económicos. Explicou con detalle o traballo os métodos de organización e as principais producións.
Falounos do clima e das enfermidades que alí había.
Foi moi interesante cando explicou as causas, consecuencias e problemática do proceso de descolonización, vivido por el en primeira persoa tamén.
Foi unha charla moi ben preparada, amena e moi instrutiva para o alumnado.