Cartel da actividade "Maxia?... Non, Química"
Cartel da actividade “Maxia?… Non, Química”

O Departamento de Física e Química pretende contribuir ao Ano Internacional da Quimica que se está a celebrar neste ano 2011 coa actividade “Maxia? … Non, Química”. Esta actividade que forma parte da Semana Intercultural e está dirixida a todo o alumnado do centro presenta unha serie de experimentos aparentemente máxicos que sen embargo teñen unha sinxela explicación química.
Os “trucos” que se presentan na actividade son:

A botella azul

Nunha botella hai un líquido incoloro que cando se axita vólvese azul. Ao cabo duns minutos volve a ser incoloro. O proceso pode repetirse varias veces.

Cambios de cor: Fenolftaleína e extracto de lombarda

Cando se mesturan diversos líquidos incoloros aparecen cores que desaparecen e volven a aparecen en novas nesturas.

Velas que se apagan cun líquido invisible

Prepárase nunha xarra un “líquido invisíbel” e emprégase posteriormente para apagar varias velas.

O papel que arde cando se lle sopla

Unha folla de papel arde cando se sopla por enriba dela.

Sacar unha moeda da auga sen mollarse

Cunhas cerillas e un vaso a auga desaparece.

O naufraxio do Casón

A actividade remata coa reproducción a pequena escala do acontecido no ano 1987 cando o cargueiro Casón embarrancou nas costas de Fisterra.

Ano Internacional da Química

Logo do Ano da Química
Logo do Ano da Química

Toda a materia coñecida -gasosa, líquida ou sólida- está composta por elementos químicos ou por compostos formados por ditos elementos. O coñecemento que os humanos temos do noso medio natural está baseado nos nosos coñecementos de química, e aínda máis, tódolos procesos que teñen lugar nos seres vivos están controlados por reaccións químicas.
A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e a UNESCO acordaron a proclamación de 2011 como o Ano Internacional da Química xa que é hora de celebrar os logros da química e a súa contribución ao benestar da humanidade. As actividades organizadas durante este ano pretenden:

  1. Aumentar a apreciación pública da química como resposta as necesidades do mundo.
  2. Fomentar o interese da xente nova pola química.
  3. Celebrar as contribucións das mulleres ao mundo da química así como os principales fitos históricos, especialmente o primeiro centenario da concesión do Premio Nobel a Marie Curie e da creación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas.