Maxia? Non, Ciencia

Cartel de Maxia?... Non, Ciencia
Cartel de Maxia?… Non, Ciencia

Como xa é tradicional, os profesores Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño do Departamento de Física e Química, dentro da programación da Semana Intercultural, organizaron a actividade “Maxia? Non, Ciencia”.
A actividade estaba dirixida a todo o alumnado do centro, que en 14 sesións repartidas ao longo da semana foi pasando polos laboratorios de física e química.
En cada unha das sesións realizáronse un conxunto de experiencias de física, química e matemática recreativa.
As experiencias deste ano foron as seguintes:

Cru ou cocido

Como se pode saber sen rompelo se un ovo con cáscara está cocido ou non?

Fritir en frío

Facendo uso dun “aceite máxico” frítese un ovo sen quecelo.

Estamos no fondo dun mar de aire

Un ovo cocido entra e sae dun recipiente empurrado polo aire que nos rodea.

Unha bomba de vacío simple e barata

Facendo o vacío e medindo a presión con materiais sinxelos.

Pilas caseiras

Construindo pilas caseiras con patacas e limóns para logo alimentar con elas calculadoras, cronómetros e leds.

Maxia matemática

Maxia con naipes e sistema binario de numeración.