Monitores no Museo

Visita museo arqueoloxico da Coruña
Visita museo arqueoloxico da Coruña

Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.

A actividade foi realizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o alumnado foi  acompañado pola profesora Carmen García-Rodeja. No Museo desenvolveron o proxecto de traballo que é a realización dunha guía didáctica que eles, como monitores, prepararán para organizar a visita cos seus compañeiros. Foi desenvolvido o proxecto incidindo en cada unha das seccións do Museo arqueolóxico para identificar as pezas e implicalas no contexto histórico. Tamén foi realizado un taller de arqueoloxía coa catalogación  de obxectos  e un obradoiro de cerámica.

 

Cousas de superheroes: entre a Física e a Lingua

Luciano Denardin de Oliveira
Luciano Denardin de Oliveira

O 24 de febreiro, Luciano Denardin de Oliveira, profesor de Didáctica da Física na PONTIFÍCIA UNIVERSIDADE CATÓLICA  do Rio Grande do Sul (Brasil) impartiu no noso centro a charla: “Cousas de superheroes: entre a Física e a Lingua”

A charla foi impartida en portugués, dirixida ao alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato cunha dobre orientación:

En primeiro lugar, falou da  importancia do galego como lingua que nos une a varios centos de millóns de falantes, desde a propia experiencia do conferenciante. En particular, o alumnado competente en lingua galega observou que o grao de seguimento da charla é moi alto, poñéndose así de manifesto a dimensión do galego como lingua que nos conecta con países lusofalantes espallados por todo o mundo (só en Brasil hai 200 millóns de habitantes).

A continuación  realizouse a  presentación e discusión de diversas cuestións da fisica que están presentes nos superheroes máis coñecidos (Superman, Hulck, SuperMagnet…). Nelas, abordáronse conceptos físicos de forma sinxela, mostrando a imposibilidade física da maioría das cualidades que presentan eses superheroes. No remate o profesor aproveitou tamén a ocasión para conversar con varios alumnos de nacionalidade brasileira que estudan no noso Centro.

Homenaxe a Rosalía

O pasado día 24 de Febreiro, día de Rosalía,  o alumnado do IES Neira Vilas participou na homenaxe a Rosalía de Castro co recitado de versos da poeta. O acto foi realizado no Ágora de A Coruña e organizado pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega).
Participaron os alumnos de 1º curso, Sara Boughaba, Manuel Colino e Orleni Mateo xunto con escritores como Manuel Rivas ou  Fernández Naval,  dramaturgos como Manuel Lourenzo ou  profesores de Universidade como Pilar García Negro. ​

Facendo Filloas e Crêpes

Celebramos o Entroido facendo filloas e crêpes

Algunhas receitas de filloas e crêpes

Previsualizar os cambios

Fotos do evento

Visita a Edar

O pase de diapositivas require JavaScript.

O 28 de xaneiro, o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e o de Ciencias da Terra e Ambientais de 2º de BAC realizou un visita á Estación Depuración de Augas Residuais (EDAR) ubicada en Bens e que presta servicios aos Concellos de Oleiros, Culleredo, A Coruña, Cambre e Arteixo .

Foron atendidos polo director xeral e un técnico da empresa que, nun primer momento, fixeron unha exposición da razón de ser deste proxecto, os procesos que siguen ás augas residuais que chegan á estación, a necesidade de concienciarnos todos da importación destes tratamentos para o medio ambiente e da necesidade dun correcto uso da rede de alcantarillado.

A continuación realizouse un percorrido polo exterior seguindo o proceso de depuración desde a entrada na estación ata a saida das augas polo emisario cara o mar pasando polos procesos de cribado, decantación, tratamiento biolóxico e tratamento de lamas.