Intercambio de libros de texto

intercambio con selo

Xa sabedes a importancia que ten o banco de libros para a economía familiar, polo que animámosvos a todos e a todas a participar coas vosas doazóns, paso primordial para poder contar con libros para todo o alumnado, así como a facervos socios da anpa para poder seguir a traballar en proxectos como este.

A participación no intercambio de libros é totalmente voluntaria, pero tamén imprescindible para poder beneficiarse do mesmo.

 

Aquí tedes as normas básicas para participar no intercambio de libros de texto:

Decálogo do Intercambio de Libros

  1.  O intercambio de libros é un acto totalmente voluntario e formarán parte todas as familias que doen os seus libros.
  2.  Doar os libros da dereito a participar no intercambio, pero no garante que todo o mundo reciba os libros solicitados, xa que isto dependerá das existencias que haxa no fondo de libros.
  3. Haberá un intercambio no mes de xullo e outro en setembro.
  4.  O alumnado que envíe a outra persoa a recoller os seus libros, que non sexa nai, pai, ou titor legal, deberá de proporcionarlle unha autorización por escrito.
  5.  Cando o alumnado precise quedar con algún libro ata a convocatoria do mes de setembro ou para utilizalo outro curso máis, deberán comunicalo á anpa.
  6.  Ningún alumn@ poderá prestar ningún libro do fondo a outr@ alumn@, nin sequera a membros da súa familia. Os libros prestados deberán de volver ao fondo da anpa cada curso, para que se poida facer un reparto xusto.
  7.  O alumno que non devolva algún libro, ou teña débedas pendentes coa anpa, causará baixa na participación do intercambio.
  8. Os libros deben forrarse e marcarse indicando o nome cunha pegatina na portada exterior, deben coidarse, non pintarse con bolígrafos ni rotuladores. Recordade que son de todos e que despois outro alumno fará uso deles.
  9.  O alumnado que non veña a recoller os libros que lle corresponda nas datas que se indican e non avise a anpa a través do enderezo electrónico, ou de ningún outro xeito, perderá o seu dereito a dispoñer deles.
  10.  Formar parte da anpa fai posible que esta exista e poida representar ás familias ante a administración cando é necesario e organizar actividades tan importantes como esta dentro do instituto, así que non o dubides e faite soci@.

A xunta directiva

Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam

Viaxe Europea a Ámsterdam
Viaxe Europea a Ámsterdam

Un grupo de máis de 50 alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas participou na Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam, a capital de Holanda, desde o 30 de abril ata o 4 de maio.
Aloxados á beira de Vondelpark, visitamos a pé os lugares máis emblemáticos da cidade e vivimos experiencias que non habemos de esquecer.

Consulta máis fotos da viaxe aquí.