Solidarité

Solidarite_2012Au lycée IESP Xose Neira Vilas de Oleiros où l’on étudie votre langue et votre culture, celles d’un pays que l’on aime tellement, nous pensons à vous.
Tous ces évènements nous ont énormément touché et bouleversé.
On vous embrasse très très fort.
La Communauté Éducative du lycée IESP Xosé Neira Vilas de Oleiros ( A Coruña) – Espagne.

******

No IESP Xosé Neira Vilas de Oleiros onde estudamos a  lingua e cultura  dun país que queremos tanto, pensamos en vós.
Todos estes acontecementos impactáronnos e impresionaronnos moitísimo.
Unha aperta moi, moi  forte.
A Comunidade Educativa do IESP Xosé Neira Vilas de Oleiros

******

******

Imaxes no xornal “Le Télégramme de Vannes”

Imaxes no xornal “Ouest France”

Magosto-Samaín 2015

Samain_9_11_15_002O EDLG organizou na semana do 9 ao 13 de novembro unha serie de actividades para festexar algunhas das celebracións máis características deste mes. A tarde do luns 9 de novembro tivo lugar un magosto no patio do IESP para o alumnado da ESO e o profesorado. Cada un trouxo unha presiña de castañas para asar mentres se desenvolvía a xincana de xogos populares. O martes 10, o alumnado de 1º da ESO asistiu ao espectáculo “Contos de Defuntos” a cargo da compañía “A tropa de trapo”  no que se revisaron a actualizaron algúns dos relatos de medo asociados á cultura galega tradicional. Ao longo da semana exhibíronse as cabazas decoradas na entrada do centro, así como se recolleron os textos máis terroríficos das rapazas e rapaces que decidiron participar no “Concurso de conxuros”.

Día da Ciencia en Galego

CGENDL_10_11_2015Un ano máis festéxase o Día da Ciencia en Galego coa colaboración da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua. O día 4 de novembro, as rapazas e rapaces de 3º da ESO participaron da videoconferencia vía web a cargo de Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC. Introduciu o alumnado no funcionamento da mente humana e en como constrúe a realidade e o propio “eu”.

Páxina da CGENDL

Parabéns a Xosé Neira Vilas

XoseNeiraVilas_10_11_15_1O pasado 3 de novembro foi o cumpreanos do escritor e amigo Xosé Neira Vilas. Desde o instituto desexóuselle un aniversario ben feliz a través dunha felicitación e un vídeo realizado polo Departamento de Dinamización da Lingua e o Departamento de Actividades Extraescolares no que colaborou o profesorado, conserxes e alumnado.

#BacktoSchool

#BacktoSchool
#BacktoSchool

O pasado 29 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato participou na experiencia #BacktoSchool da man dos funcionarios europeos Marcos Pérez e Paula Álvarez. A iniciativa pretende achegar a realidade comunitaria europea ao alumnado de ensino non universitario, e contou con esta primeira posta en práctica no IESP Neira Vilas no curso académico 2015-16.

Os outros exilios

As nenas da guerraO día 15 de outubro acompañáronnos no noso centro as “nenas de Moscú”: Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Mavova. Unha experiencia vital dura e emocionante. A charla foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia e os alumnos Daniel Sánchez, Angela Fernández, Sandra González e Laura Fernández Lorenzo.
A experiencia da saída de España, mentres bombardeaban os barcos nos que ían os nenos no ano 1937, a vida en Rusia durante a Segunda Guerra Mundial e de novo a fame e os bombardeos, fixo que estas mulleres se convertisen nunhas activistas contra os horrores da guerra e o exilio.
Non puideron ver aos seus pais ata pasados máis de trinta anos porque o réxime franquista non llelo permitía. Foi en Cuba, a onde marcharon moitos destes nenos canda a revolución cubana, cando puideron reencontrase coa familia, grazas a axuda de xente como o “Che” Guevara. Todos ese nenos puideron estudar e ter unha vida digna, pero sempre quixeron volver á casa.
Estiveron connosco as “nenas” de noventa e un, oitenta e seis e oitenta e cinco anos para contárnolo.
O alumnado tivo moito interese en seguir falando coas conferenciantes e continuaron preguntando e fotografándose con elas.

A actividade na prensa: