VIIIº Intercambio Escolar // Chegada a Oleiros do Alumnado Francés.

VIIIº Intercambio Escolar
VIIIº Intercambio Escolar

O pasado mércores dia 20 de abril chegaron a Oleiros 27 alumnas e alumnos do colexio COLLÈGE NOTREDAME LE MENIMUR DE VANNES.
Están acompañados de 2 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apretada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e para acercarse a Portugal; teremos o sábado 23 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 30 deste mes de abril .
Desexámoslles unha boa estadía e que disfruten da nosa terra.

Proxecto Terra

Proxecto Terra
Proxecto Terra

Os días 1 e 2 de abril, alumnado de 3º e 4º ESO participaron nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso a Ferrol e as Fragas do Eume.
Acompañados por Sandra Pérez Coto e Jorge Carlos Calle López, visitaron o primeiro día Ferrol, primeiro cunha actividade na aula de Ecoloxía Urbana e despois na Exposición Nacional da Construción Naval. Tras un percorrido en barco pola ría, con parada en Mugardos para xantar, a tarde completouse coa visita ao castelo de San Felipe e un percorrido polo barrio da Magdalena.
O aloxamento foi no albergue Albarelle, exemplo de bioconstrución e de establecemento comprometido coa conservación do Medio Natural. O segundo día consistiu en actividades nas Fragas do Eume e visita ao Museo Etnográfico da Capela.
Agradecer ao Proxecto Terra a boa organización e atención prestada ao noso alumnado