Profesora Asistente de inglés

Durante o curso 2017-18 o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ten a sorte de poder contar con Natalie Honan, “English Teaching Assistantship” do prestixioso programa Fulbright. Dito programa está patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos xunto co sector privado, tendo como obxectivo o financiamento de proxectos de investigación, formación e/ou ensino en diferentes países.
Seguir lendo Profesora Asistente de inglés

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/2018

Estimadas Familias

Temos previsto comezar coas Actividades Extraescolares o próximo xoves 19 de outubro.
Este ano temos algunha novidade. Votádelle unha ollada a este cartel informativo das actividades extraescolares que desenvolveremos este curso.
Se estades interesados aquí tedes a inscrición, que podedes enviar xunto coa Alta de socio, no caso de non ser socios da anpa para este curso, pois os prezos son moito mais altos no caso das persoas que non son socias (folla de alta de socia/o da anpa).
O prazo de inscrición comezará a partir do 26 de setembro ás 14:00 horas ata completar o aforo de cada actividade.

Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nó​s por este medio ou na oficina da Anpa os luns de 16:15 a 18:00 horas.

Un saúdo
​​

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL

Convocase a todas as familias a asemblea xeral ordinaria para o próximo xoves día 05 de outubro ás 18:30 horas en 1ª convocatoria e ás 18:45 horas en segunda, no Instituto Xosé Neira Vilas coa seguinte orde do día:

1.-Aprobación das contas do curso 2016-2017.

2.-Aprobación orzamento do curso 2017-2018.

3.- Renovación xunta directiva.

4.-Exposición dos traballos realizados pola anpa nestes cursos:

a) Información sobre o funcionamento do Banco de libros de texto para posterior intercambio.

b) Información sobre as actividades extraescolares dos xoves e novas propostas.

c) Información sobre o apoio económico ás diferentes saídas propostas polo instituto.

5.- Proposta para cubrir a pista de arriba.

6.- Proposta de Proyecto de Inclusión Social en colaboración co instituto.

7.- Rogos e preguntas.

 

Perillo, a 26 de setembro de 2017

A Xunta Directiva

 

URXENTE: NOVA ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO PENDENTES

Estimadas familias,

Estamos a recibir moitas solicitudes de libros de texto fora de prazo que non podemos atender axeitadamente, polo que comunicamos que todas as familias que teñan pendente a recollida de libros de texto para este curso deberán poñerse en contacto coa Anpa antes do venres 22 de setembro.

De non ter recibida comunicación algunha, a partir do venres 22 de setembro os lotes de libros de texto non recollidos serán repartidos entre as familias que quedan pendentes de recibilos.

Tamén pedimos que o alumnado pregunte ao profesorado polos libros de Xeografía e Historia,  Física e Química, Relixión, Valores e Tecnoloxía, xa que nos comunican dende o centro que seguramente non se utilizará libro de texto, polo que eliminaremos estes libros das solicitudes recibidas. No caso de precisar o libro por indicacións do profesorado, deberán enviarnos un correo electrónico solicitando o libro que corresponda.

As novas entregas de libros serán o luns 25 de setembro en horario de 16:00 a 18:00 horas na oficina da Anpa.

Un saúdo e rogamos máxima difusión