O Día Mundial da Poesía con Sentimentos de cor

Para celebrar o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua expón no corredor do centro a escolma poética Sentimentos de cor. Os texos foron escritos polo alumnado de 2º A. Cada poeta tiña asignado un sentimento que debía relacionar cunha cor. Na súa composición debía integrar unha hipérbole, unha personificación, unha metáfora e unha comparación. Seguir lendo O Día Mundial da Poesía con Sentimentos de cor

Xº INTERCAMBIO ESCOLAR ENTRE O IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS E O COLLÈGE NOTRE DAME LE MÉNIMUR DE VANNES

Un total de 40 alumnos de 3º, 4º de ESO , 1º de Bacharelato e BACHIBAC 1 participaron no Xº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 12 ata o 24 de marzo . Estiveron acompañados dos profesores Xosé Antón García , Juan Santamaria e Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas participou en diversas actividade e visitou á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Saint Malo, etc.); tamén asistirán ás clases no Collège-Lycée Notre Dame Le Menimur.
O alumnado BACHIBAC fixo unha inmersión lingüística reforzada para a preparación da proba externa e para superar o DELF B2. Seguir lendo Xº INTERCAMBIO ESCOLAR ENTRE O IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS E O COLLÈGE NOTRE DAME LE MÉNIMUR DE VANNES

Visita á Biblioteca Rialeda

O martes 3 de abril o alumnado de 4º da ESO acudiu á biblioteca Rialeda a un espectáculo poético visual a cargo de Yolanda Castaño. A actividade organizada desde a Rede de Bibliotecas Municipais contou coa colaboración no centro do Equipo de Biblioteca, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega.

Loitando por romper o teito de cristal

O día 8 de marzo estivo con nós Ariadna Fernández Palomo para falarnos sobre a “Muller e a Ciencia”. A súa formación ten que ver tanto co mundo das ciencias como das letras. Estudou farmacia e periodismo e actualmente investiga fórmulas cosméticas con principios activos galegos.
Empezou a súa exposición facendo entrega a cada alumno dun agasaio coa idea de preguntar ao final da sesión, cantos troques fixeran entre eles e así comprobar os estereotipos sexistas e prexuizos que temos. Seguir lendo Loitando por romper o teito de cristal