Homenaxe a Nacho Taibo

Este ano a AELG decidiu escoller a Nacho Taibo, profesor que formou parte do claustro do IES Neira Vilas durante moitos anos, como “Escritor na súa terra – Letra E”, na súa vixésimo cuarta edición. O centro unirase ás homenaxes ao compañeiro coa organización dunhas xornadas dedicadas ao seu labor docente e creativo que terán lugar o xoves 24 e venres 25 de maio de acordo co seguinte programa:

Xoves 24 de maio

  • 11:20 a 12:10. Mesa “Nacho Taibo, a historia que agroma nos relatos”. Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Cesáreo Sánchez (presidente da AELG), Xosé Manuel Martínez Oca, María Dans e Nacho Taibo. Asistirá o alumnado de 4º e 1º de Bacharelato.
  • 12:30 a 13:20. Mesa “De narrador a narrador: Xián Alcayde Dans entrevista a Nacho Taibo”. Interveñen Xián Alcayde Dans e Nacho Taibo. Asistirá o alumnado de 1º ESO.

Venres 25 de maio

  • 10:30 a 11:20. Mesa “Encontro de Nacho Taibo cos lectores de As boas familias”. Intervén Nacho Taibo. Asistirá o alumnado de 3º ESO.
  • 11:20 a 12:10. Mesa “Encontro do profesor cos compañeiros”. Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Pepe Couce, Ana Crego, Eduardo Álvarez, Xosé Manuel Martínez Fraguela e Nacho Taibo. Asistirá o alumnado de 2º ESO.

Deixar unha resposta