Xornadas de acollida de novo alumnado

Como xa ven sendo costume no noso centro, o venres 8 de xullo organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto.
Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos. Crear comun(idade) educativa é establecer lazos e vínculos en común para facelas máis fortes, máis unidas, para que cada membro sinta que pertence a ela. Esto é realmente o verdadeiro sentido de organizar estas xornadas, tender pontes entre nós, crear redes para INCLUIR.
É tamén un clásico, que os nosos alumnos mediadores fagan de guías para ensinarlles o centro así como intentar darlles respostas a aquelas dúbidas ou cuestións que lles puideran plantexar.
Este ano introducimos algunhas modificacións no percorrido que fixeron os alumnos grazas a colaboración dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, que sen dúbida deulles máis valor.

Roteiro cultural

Os días 5 e 6 de xuño tivo lugar o Roteiro cultural que organiza o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, o IES Neira Vilas e o IES Miraflores. Este ano participou, ademais de alumnado doutros centros do concello, as rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Neira Vilas, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo da Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Departamento de Plástica. Seguir lendo Roteiro cultural