Youtuber por un día

Youtubers por un díaA Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros organizou o concurso “Youtuber por un día, o impacto igualinfluencer”, como actividade complementaria do programa de educación para a igualdade de xénero. Os obxectivos son:

  • Facer visible o papel que exercen os medios de comunicación, plataformas individuais e redes sociais.
  • Rachar con estereotipos sexistas.
  • Tomar conciencia sobre o impacto que xeran entre nós as persoas que seguimos nas redes sociais “influencers” e que influencia teñen na construción da nosa identidade.
  • Implicar as familias no fomento da igualdade entre mulleres e homes.

As alumnas que quedaron finalista no noso centro, están cursando 1º de ESO. Recibiron un diploma de participación que lle foron entregados nas aulas por representantes do concello. Os seus nomes son:

  • Paula Fernández Carrón
  • Sabela Martínez Navarro
  • Marina Franco Molina
  • Sofía Álvarez Fernández
  • Belén Martínez Pérez

Deixar unha resposta