Obradoiro de robótica para 3º de ESO

O pasado martes 20 de febreiro o alumnado de 3º de ESO desprazouse, acompañado polo profesorado de tecnoloxía,  á Fundación Barrié da Coruña para participar na actividade “Achégate á robótica.

Neste obradoiro os estudantes programaron  os robots educativos Makeblock mBot para superar diferentes retos.

Este proxecto ten coma principal obxectivo utilizar a robótica e a programación para fomentar as vocacións científico tecnolóxicas. A través dela trabállanse diversas competencias clave fundamentais para o desenvolvemento persoal e profesional da sociedade actual.

Deixar unha resposta