Bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2019-2020

(O prazo para a convocatoria do curso 2020-2021 publicarase a finais do mes de xuño)

Para o curso 2019-2020 o Ministerio de Educación convocou bolsas de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para os niveis de ESO e de Bacharelato entre outros.

Estas axudas teñen 3 modalidades:

  1. Axudas directas para alumnos que necesiten atención específica derivada de discapacidade ou trastornos graves da conduta.
  2. Subsidios por necesidades educativas derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
  3. Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio asociado ás altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará no mes de setembro.

Podes consultar a información correspondente á convocatoria do curso 2019-2020.

Deixar unha resposta