Arrancamos este curso cun novo proxecto para o noso centro: A HORA DE LER.
Esta actividade pretende ampliar o interese pola lectura na nosa comunidade educativa con vinte minutos de lectura pracenteira cada día nos que cada un poderá ler o libro que máis lle interese.
A hora será rotatoria por semanas. A primeira semana será na primeira sesión de cada día, na segunda semana na segunda sesión, na terceira semana, na terceira sesión, ?. e así sucesivamente ata chegar á sétima semana que volveremos a empezar coa primeira sesión do día. E a lectura será individual e silenciosa no espazo que corresponda e co profesor que corresponda en cada sesión.
O remate do primeiro trimestre farase unha avaliación da experiencia que implica a toda a nosa comunidade
Primeiro premio a nivel provincial: Miguel Rodíguez Mahía
56 alumnos de ESO do centro participaron no concurso internacional The Big Challenge. Neste concurso os alumnos teñen que respostar non só preguntas sobre o idioma inglés senón tamén sobre a cultura dos paises de fala inglesa.
Os resultados obtidos foron moi bos e 22 alumnos conseguiron premios polos seus resultados.
Entre os premiados hai que destacar a Miguel Rodríguez Mahía de 4º de ESO que obtivo o primeiro premio a nivel provincial e a Carmen Rodríguez Coronado de 2º de ESO que obtivo o segundo premio.
O día 21 de xuño entregáronse os premios aos gañadores nun acto celebrado no salon de actos do centro.
Do 31 de maio ao 5 de xuño, tres profesores do IESP Xosé Neira Vilas participaron na 2ª das mobilidades a Vannes (Morbihan-Francia) no marco do Proxecto Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!” no que o noso centro participa en colaboración con a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia-, o IES Monte Neme de Carballo, a Mairie de Vannes (Concello de Vannes), o Collège Notre Dame Le Ménimur (Centro de ensino),e o Comité Bretagne-Galice (Asociación cultural).
Unha nova promoción de 2º de Bacharelato rematou a súa formación neste nivel formativo e para eles organizouse o día 24 de maio o acto de graduación.
Abriu a celebración, que tivo lugar no salón de actos, o director Agustín Fernández cunhas palabras para sinalar a importancia do momento para os seus protagonistas e para o instituto. A continuación houbo un momento musical da man de Manuel Bode que dou paso ás intervencións das súas compañeiras e compañeiro de promoción Camila Bargados, Lucía Rodríguez e Martín Mejuto. Seguidamente tomaron a palabra X. Ignacio Taibo (en representación do profesorado), Pilar Ríos (en representación das familias) e Sandra Fernández (en representación do Concello).
O acto proseguiu coa entrega de diplomas de mediación a aqueles membros desta promoción que formaron parte do Equipo de Mediación e Convivencia, do diploma Club Los Leones de Oleiros cunha beca de cincocentos euros e das orlas a todos os membros da promoción. Os diplomas de mediación foron entregados por Jesús Fdez Llaneza. O diploma Club Los Leones foi entregado a María Ramil por Ricardo Gómez, en representación de dito club. As orlas foron entregadas por Elvira Sanz, Eduardo Álvarez e X. Ignacio Taibo.
Como remate do acto proxectouse unha montaxe audiovisual alaborada polo profesor Xosé Antón García que recolle a traxectoria desta promoción desde que chegaron ao noso centro. A celebración continuou coa plantación dunha laranxeira conmemorativa previa a un pequeno ágape e unha cea de confraternización.
Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato
Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato
Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato
Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato
Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)