Todolos artigos de: admin

Elvira Martín Carmona

Elvira Martín Carmona e as súas entrevistadoras
Elvira Martín Carmona e as súas entrevistadoras

[Entrevista realizada por Lupita Romero, Irene Míguez e Silvana Becerra]

Elvira Martín Carmona

Elvira Martín, mai dunha alumna de primeiro curso, acudiu ó noso Instituto na semana cultural no ochenta aniversario da República española, para falarnos de personalidade política e cultural do seu abó Joaquín Martín Martínez, secretario do Concello de A Coruña e fusilado no mesmo ano do golpe militar do 36 xunto con gran parte do resto de membros da corporación.

A II República foi a primeria experiencia democrática en España

¿Por qué fue fusilado su abuelo?

Por sus ideas políticas y por ser secretario general del Ayuntamiento de La Coruña.

¿Que hizo su familia después del fusilamiento?

Exiliarse a Buenas Aires (Argentina)

¿Cómo se ganaba la vida su familia cuando se exilio?

El pintor Sotomayor le regaló un cuadro a mi abuela, con su venta mi abuela cómpro una casa, que la transformó en pensión. Y así iniciar una nueva vida.

¿Y su padre óomo ayudaba economicamente?

A Buenos Aires el llegó con 12 años, depués, ya con más edad destacó en el futbol y así pudó ayudar economicamente a su familia, más tarde tambien ayudó con la pintura.

Elvira Martín e as súas entrevistadorasElvira Martín Carmona e as súas entrevistadoras

¿Hay algún familiar que se quedó en España?

Si, mi tío Joaquín que por estar en edad militar fue forzado a alistarse en el ejército franquista, ejército que mató a su padre.

¿Volviste a saber de tu tío?

Mi tío Joaquín murió antes de que yo naciera.

¿Y como te enteraste de la historia familiar?

Al morir Franco mi padre nos reveló a mi y a mis hermanos la verdadera historia familiar que nos acultó para proternos.

¿Y porque dice “la verdadera historia”? ¿Es que había una falsa?

Si, nos habían dicho que mi abuelo había muerto por causas naturales, ya que en vida de Franco los “rojos” no estaban bien vistos.

¿Está usted orgullosa de su abuelo?

Si, por supuesto, creo que gracias a él y a personas como el gozamos hoy en día de más libertad.

 

Entroido no Instituto

Durante a mañá do día 4 de Marzo o alumnado e profesorado participou nas actividades deportivas: campeonato de fútbol sala; gastronómicas: filloada; musicais: concerto ofrecido polo alumnado de música; lúdicas co desfile de disfraces e deportivas co campeonato de fútbol sala, sen olvidar o maratón de xadrez.

Con Victor Ullate no auditorio de Mera

O día 14 de febreiro no auditorio de Mera, o alumnado do IES Neira Vilas pudo asistitr a unha clase co coñecido coreógrafo e bailarín Víctor Ullate, explicou a evolución da danza ó longo da historia e a importancia da disciplina para todo o mundo. O espectáculo rematou cunha actuación do alumnado da Escola de Danza de Oleiros.

Reportaxe no Instituto para a Televisión galega

Co gallo da celebración dos cincuenta anos da publicación de: “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas, o xoves vintesete de xaneiro un grupo de alumnos participou cunhas entrevistas para a realización do programa Eirado da televisión galega.

O noso centro, que leva con honor o nome de Xosé Neira Vilas participa en tódalas actividades que se celebran na súa honra, neste caso coa participación dunha gravación na biblioteca do centro co periodista Mon Santiso e os alumnos: Germán Vila, Daniel Dopazo, Amanda Yagüe, Gemma Tacón, Andrés Docampo e André Luís Araujo. Na entrevista fíxose un recordo da obra e vida do autor de “Memorias dun neno labrego”

O programa Eirado, dunha hora de duración emitiuse pola TVG2 o sábado cinco de febreiro e estivo adicado ás artes plásticas, novas tecnoloxías, literatura ou arquitectura. Presentouno o xornalista Pemón Bouzas.

Risas no Instituto

Mañán de contacontos con Cándido Pazó

Cándido Pazó entrevistado por Antía López e Sara Sequeiros
Cándido Pazó entrevistado por Antía López e Sara Sequeiros

O pasado día 21 de Decembro o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha mañán moi divertida escoitando as historias do famoso actor Cándido Pazó.

Cándido Pazó, home de teatro, é actor, humorista e director… Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Ribadavia. Vive e actúa unha temporada en París. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra “El mirlo blanco”. Dende aquela é asíduo da escea galega, participando en varios foros sobre teatro e impartindo seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG e dirixe variso grupos de teatro. Actualmente é un dos profesionais máis acreditados de Galicia.

Contacontos con Cándido Pazó
Contacontos con Cándido Pazó

Antía e Sara: ¿Cando comezou a súa carreira? Por que elixiu?

Cándido: A miña carreira comezou aos 15 anos, elixiuna porque sempre me gustara o mundo do teatro. E o que en principio era unha diversión transformouse nunha profesión.

AeS: ¿Por qué decidiu estudar en París?

C: Porque quería coñecer mundo, e ademais en París era onde estaba unha escola de teatro moi famosa

AeS: Dirixiu a compañía OLLOMOLTRANVÁ coa que gañou numerosos premios ¿Qué lle levou a dirixir unha compañía teatral?

C: Gustábame o mundo do teatro e surxiume a oportunidade de dirixir unha compañía e aceptei.

AeS: ¿Sempre quixo traballar no mundo do teatro?

C: Si, dende que era novo. Porque no colexio había un grupo de teatro no que participaba.

AeS: ¿Tamén traballou como guionista na televisión, que prefire o mundo da televisión ou o do teatro?

C: O do teatro, porque hai mais contacto co público.

AeS: ¿Estase notando a crise neste mundo?

C: Sí, no teatro como en todos os demais sectores.

AeS: ¿Pensa que hai bos humoristas en Galicia?

C: Sí, cada día hai mais actores e humoristas e cada vez mellores.

AeS: ¿Qué é o mellor de Galicia, actores, produtores…?

C: Os actores son boísimos.

AeS: ¿Con qué tipo de público se sente mais a gusto?

C: Con xente que ten dez anos mais e dez anos menos ca min, porque así podo compartir vivencias.

AeS: ¿Onde se inspira para contar as historias?

C: Na vida da xente, nas súas vivencias pasadas, na realidade.

Sara Sequeiros Fernández e Antía López Mosteiro.

O alumnado de Terceiro curso visita a costa de Dexo

O día 13 de Decembro o alumndo de 3º curso, visitou a Costa de Dexo. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e CEIDA e foron acompañdos polos profesores do Departmento, as lectoras de francés, acompañados e os monitores do CEIDA.

O itinerario realizado foi: Iglexa de Dexo, punta roza, cova do ladrón, punta Purrido e portiño de Dexo.

Previamente elaboráronse varias unidade didácticas e posteriormente fíxese unha posta em común na aula dos temas que o alumnado debía desenvolver: Estudo do xacemento arqueolóxico castrexo: castro de Roza, estudo de consideración legal da costa de Dexo, descripción dos elementos naturais e facer un resumo dos principais elementos naturais recoñecidos na visita.

O rematar a visita tamén se elaborou un vocabulario en galego e en francés e unha reportaxe fotográfica.

Recital-Homenaxe a Miguel Hernández no centenario do seu nacemento.

cartel
cartel

No salón de actos do Instituto celebrouse o 29 de Novembro o Recital poético en homenaxe a Miguel Hernández.

O poeta nacido en Orihuela hay cen anos, fillo de labregos, desempeñou, entre outros oficios, o de pastor de cabras. Iniciouse na poesía desde moi novo e publicou o seu primeiro libro «Perito en lunas» en 1933, a súa experiencia amorosa nola mostra en «El rayo que no cesa». Durante a Guerra civil militou moi activamente no bando republicano como Comisario de Cultura. Ao remate do conflito foi encarcerado e condenado á morte. Antes de morrer, enfermo e detido, publicou a súa última obra, «Cancionero y romancero de ausencias». Faleceu en 1942 a causa da tuberculose contraida na cadea.

No recital participou alumnado de todos os cursos: Ricardo Águila Hidalgo, Jacobo Machiavello, Antía López Mosteiro, Macarena Farías, Bárbara Rodríguez Gil, Lidia Sotorríos, Iván Canosa, Carmen Villar, Jennifer Seoane, Alex López Carballeira, Silvana Becerra Paz e Izan Vázquez Seoane.

Foi un gran éxito pola gran participación de alumnos e alumnas e polo interese do público.

Teatro para o alumnado de Bacharelato: “A caverna de Platón“

O alumnado Bacharelato tivo ocasión de asistir a unha performance realizada polo grupo teatro Oteatrodoresoante, actividade organizada polo Departamento de Filosofía do noso centro en colaboración co concello de Oleiros.

O día vintecatro de Novembro e acompañados polo profesores de Filosofía: José López Couce e Fernando Vidal Meijón, puído o alumnado introducirse no mito da Caverna de Platón a través dunha montaxe que pretende trasladar o mito clásico á actualidade relacionando os homes de hoxendía cos medio de comunicación así como os prisioneiros da cova en relación coas sombras.

Tamén houbo unha interacción entres os actores e o público separando o escenario do patio de butacas e incorporando os espectadores na obra á maneira do teatro de participación.

Saída de iniciación ó remo e ó kaiak

iniciación ó remo e ó kaiak
iniciación ó remo e ó kaiak

Os mércores 13 e 27 de outubro, o alumnado de 3º ESO B-C e A, realizaron na bahía de Santa Cristina unha actividade de remo e kaiac.

Comenzaron no pañol do equipo de remo onde os monitores explicaron as diferencias entre un batel, unha trainera e unha traineriña. Mostraron as partes do barco, os tipos de remo e moitas cousas máis. Cando todos estaban cambiados e os chalecos salvavidas postos , baixaron ós barcos e á zodiac e saíron a remar en grupos.

Os cambios de barco fixéronse na praia de Oza. Nas seguintes fotos pódese ver o ben que o pasaron.

As dúas da tarde voltouse ó Instituto e rematatou á actividade.

Houbo moita sorte co tempo: sen vento e con sol, e a mar estaba moi calma.. ¡Un día fantástico!

O IES Xosé Neira Vilas, centro plurilingüe

No curso académico 2010-11, o IES Xosé Neira Vilas foi seleccionado como centro plurilingüe segundo a convocatoria efectuada pola Xunta de Galicia con data 30 de xuño de 2010. Concretamente, no nivel de 1º ESO, as materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Proxecto Interdisciplinar, serán impartidas en francés nos grupos de referencia, de acordo co proxecto presentado diante da inspección educativa.

Nun centro con vocación polo impulso do plurilingüismo, esta experiencia engade un novo acontecemento a esta promoción da multiculturalidade.