Todolos artigos de: admin

Consello Escolar. Curso 2008-2009

Presidente

  • José López Couce

Secretaria

  • Ana Isabel Oulego Prado

Xefe de Estudios

  • Xosé Antón García González

Representantes do profesorado

  • Isabel López Mariño
  • Xosé Manuel Martínez Fraguela
  • José Manuel Neira Fernández
  • Ricardo Puig de LLano
  • Xośe Rodríguez Rodríguez
  • Elvira Sanz Gómez
  • Antonio Varela Caamaño

Representante da ANPA

  • Francisco Peral Moldes

Representantes dos Pais/Nais

  • Carmen Fernández López
  • Josefina Santos de la Iglesia

Representantes do Alumnos

  • Adrián Freire Rodríguez
  • Sara Gestal Giménez
  • Antía López Mosteiro
  • Irene Vidal Sexto

Persoal do Persoal de Admon. e Servizos

  • Mª Esther Ramos Esperante

Concello

  • Mª Esther Isabel Garrido Pan

Torneo de fútbol intercentros

Xogada do partido
Xogada do partido

Con gran éxito de público, celebrouse a final do torneo deportivo intercentros entre o IES Miraflores e IES Neira Vilas.

Os equipos estaban formados por alumnos de diferentes cursos e despois dunha final moi disputada o IES Miraflores conquistou o Trofeo Intercentros.

Durante o partido o grupo de animadores de 1º de ESO curso realizou unha coreografia moi aplaudida.

Este torneo é unha das actividades realizadas polo equipo de mediación do noso centro. Tamén foron os encargados dos ensaios das animadoras, da organización do acto e do seu desenvolvemento, por certo impecable.

Crónica Romana

En Piazza Spagna
En Piazza Spagna

Catro alumnas e unha profesora, catro alumnos e un profesor, unha familia hoxe numerosa mais ben levada, camiñou por Roma durante cinco días ao descobremento da antigüidade clásica, á percura dos restos paleocristiáns, á busca da monumentalidade renacentista e barroca, co anceio de adaptarse ao contorno e converterse en romanos auténticos, incluso a poder ser confundidos entre a “gente de Roma” que filmaba Ettore Scola.

Levabamos un planning de viaxe, e o lecer nunca está inimizado coa aprendizaxe; hai tempo para soñar e aprender, para camiñar e comer, para ver, ollar, disfrutar… Estaban esperándonos os foros imperiais, as catacumbas paleocristiás, o grande Coliseo e a Via Appia Antica, agardábannos igrexas e prazas, esculturas de Bernini e pinturas de Rafael Sanzio, tendas de Ferrari e vías de luxo e dolce far niente, parques inmensos, fontes, rúas… Agardábannos o autobús e o metro, o ristorante e a pizzería, a noite e o día do Campo di Fiori.

Na escaleira de saída dos Museos Vaticanos
Na escaleira de saída dos Museos Vaticanos

Baixo un sol de xustiza, mais sen baixar o ritmo e a garda, as colinas da Cidade Eterna sentiron a nosa pegada. E coido que tamén a urbe deixou pegada en nós. Tanto que pediamos días extras para seguir internándonos na intrahistoria da romulorremiana cidade. Estivemos aos pés da cúpula de San Pedro do Vaticano e subimos ata a lanterna, ollamos Roma desde arriba e vimos o subsolo perforado polas estacións de metro e as catacumbas, mantivémonos xuntos baixo o arco de Septimio Severo afirmando unha unidade de grupo, “perdoamos” a vida dos gladiadores na arena do Coliseo, formamos un círculo de ledicia no céspede de Villa Borghese e unha ringleira diante do Tíber. Bebemos auga fresca das fontes, disfrutamos de espectáculos públicos, corremos para atrapar o autobús,…

Hai 180 anos, un 23 de xuño, Stendhal escribía que “en Roma, cando se pode, hai que vivir tres días no mundo constantemente rodeado de compañeiros xoviais, e tres días nunha completa soedade. As persoas que teñen alma tolearían se estivesen sempre soas.”  Nós fomos un grupo sempre, unido e alegre, ás veces arrastrado pola calor, sempre ilusionado co descobremento. A Roma dos Césares e dos Papas, a da dolce vita e a miserenta, a nocturna e a de días caldos, a Roma Eterna e a de hoxe en día, acolléronnos durante 120 horas para disfrutar dun belo paseo. Quizás non tivemos tempo de experimentar o mal de Sthendal, mais tivemos oportunidade de disfrutar como calquera viaxeiro do Grand Tour.

Se queres ler máis consulta: http://xosea.wordpress.com/2008/06/18/desde-roma/

Proxecto Interdisciplinar

Nos derradeiros dias de xuño levouse a cabo unha exposición do traballo feito no proxecto interdisciplinar polo alumnado de 1º de ESO.

O proxecto interdisciplinar é un achegamento, de forma conxunta, compartida, aos saberes das outras materias do currículo. Co tema “A Vexetación Autóctona de Oleiros”, dedicóuselle unha hora semanal ao longo de todo o curso, nas aulas de primeiro de ESO.

O estudio do tema elixido fíxose desde varios disciplinas : Ciencias Sociais (mapas de climas do mundo, de Europa, de España e de Oleiros e as características do clima da zona xeográfica na que se sitúa Oleiros. Vexetación autóctona que medra nestes espazos xeográficos que presentan esas características) , as Ciencias Naturais (características da vexetación autóctona. Estudio de cada una das especies: Castiñeiro, carballo, Piñeiro, toxo, xesta, fieitos, queiruga), Plástica (debuxo das árbores, follas, frores e froitos de cada una delas), Lingua (comprensión e expresión de textos, recollida de información, s, expresión oral)…

Estudiaronse as seguintes plantas: castiñeiro, carballo, piñeiro, toxo, xesta, queiroa e fieito.

Unha vez feita a recollida de datos fíxose unha composición con cada unha das plantas.

O resultado final é o que aparece nas fotos.

Actividades do curso 2007-2008

Pode consultar a memoria das actividades levadas a cabo no curso 2007-2008.

DATA PROFESORES GRUPO ACTIVIDADE
do 23 ao 27de xuño varios 1º ESO Proxecto Interdisciplinar
20 de xuño Juan Manuel Neira Fernández
Diego Mazas Brandáriz
3º ESO Visita a Sotavento
do 18 ao 23 de xuño Eva Tizón Zas
Xosé Antón García González
4º ESO Viaxe cultural a Roma
19 de xuño Equipo de mediación Todos Torneo Intercentros
do 14 ao 18 de abril 2008 Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía Todos IV Semana da Ciencia
do 14 ao 18 de abril 2008 Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía Todos Presentación “Cultivo Hidropónico”
do 14 ao 18 de abril 2008 Bioloxía e Xeoloxía Todos Exposición sobre O Mar
do 14 ao 18 de abril 2008 Física e Química Alumnos do departamento Ciencia Recreativa
do 14 ao 18 de abril 2008 Tecnoloxía Todos IV Exposición de Proxectos
abril 2008 Carmen García-Rodeja 4º ESO Charlas de Historia
26 de marzo 2008 Departamento de Galego 1º e 2º de ESO Charla-coloquio con Antonio Reigosa
31/03/08 ata 7/04/08 Isabel López Mariño 3A e 3B de Obradoiro de iniciativas emprendedoras Almorzos para a saúde
febreiro e marzo 2008 varios 1º e 3º de ESO, 1º e 2º de BACH Darknesscuridade. O maratón de lectura
1/02/08 Todos Todos Entroido 2008
11/02/08 Xosé Manuel Martínez Fraguela Todos Olimpíada do Saber
18/01/08 Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO, 2º BACH [Ciencias] Visita ao Complexo medioambiental de Sogama
16/01/08 Equipo de Mediación Varios Charla do Equipo de Mediación na universidade da Coruña
12/01/08 ata 19/01/08 Departamento de Educación Física Varios Semana Branca Andorra 2008
10/01/08 Departamentos de Economía e Xeografía e Historia 3º ESO Visita a Facenda, INM e Museo de Belas Artes (A Coruña)
19/10/07 Departamento de Lingua e Literatura Española e Departamento de Educación Física 1º ESO Visita ao bosque animado de Cecebre, Villa Florentina e Aula da Natureza de Crendes (Abegondo)

Viaxe formativa ao parque eólico experimental de sotavento

Vista xeral das instalacións de produción de hidróxeno a partir da auga mediante a rotura da molécula de auga, usando enerxía sobrante procedente do parque eólico.
Vista xeral das instalacións de produción de hidróxeno
a partir da auga mediante a rotura da molécula de auga,
usando enerxía sobrante procedente do parque eólico.

Realizouse unha visita ao Parque eólico experimental cos alumnos e alumnas de 3º-ESO o derradeiro día escolar deste curso (20/06/08).

Entre as 9 e 14 horas estivemos nas instalacións de Sotavento na Serra da Loba en Xermade (Lugo). Tivemos sorte xa que a visita coincideu coa inauguración oficial dunha exposición de aparatos de medida antigos e os primeiros xeradores de corrente eléctrica que funcionaron nos ríos galegos (cidade de Pontevedra e mosteiro de Oseira). Acudimos á inauguración como público aplaudindo as intervencións do director do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e a xerente do MACUF (museu de arte contemporáneo de Unión Fenosa).

Dividímonos en dous grupos con dous agradables monitores que nos acompañaron e explicaron os aspectos máis importantes do aforro enerxético e as enerxías alternativas.

Un dia disfrutando coa auga

O día 19 de Xunio o grupo de alumnos de 3º curso dentro da materia de Iniciativas enprendedoras coa súa profesora Isabel López Mariño pasaron un día de lecer no Talaso da Casa da auga de A Coruña.

Durante toda unha mañán puderon disfrutar dos beneficios hídricos despois de tantos días de traballo e de exames.

Esta saida foi posible gracias ós beneficios obtidos despois das xestións realizadas ó longo do curso para a realización de diversas actividades, entre elas a dos almorzos saudables.

Proxecto Oleiros solidario

Alumnos do Instituto reciben o premio pola curtametraxe feita para o concurso de guións.

Agradecemento de Rebeca Salvador
Agradecemento de Rebeca Salvador

O día 19 de Xunio foi o acto final do proxecto “Oleiros Solidario” que por cuarto ano organiza a concellaría de Bienestar Social do concello de Oleiros. Durante toda tarde no entorno do castelo de Santa Cruz celebráronse unha serie de actividades e xogos en relación coas outras culturas e paises: xogos con mapas, realización de murais, obradoiros etnográficos: tatuaxes, ceremonia do te, stands e exposicións. Despois da actuación musical, procedeuse á entrega de premios de guións de videos. Foron premiados do noso centro educativo a curta metraxe titulada: “Indixenismos” e realizada por os alumnos: Claudai Calvelo, Bruno Bargo, Miguel Alvarez e Rebeca Salvador. Esta última pronunciou unhas palabras de agradecemento ás Ongs, o concello de Oleiros e máis o centro educativo.

Foi pechado o acto coa intervención da responsable do evento, Mar Barreiro, da concelleira de Servicios sociais e do alcalde do municipio.

Entrega de premios de Escola Guapa e debut do coro de profesores

Entrega de Premios Escola Guapa
Entrega de Premios Escola Guapa

O día 17 de xunio no noso centro educativo entregáronse os premios de Escola Guapa ás aulas máis limpas.

O premio foi recibido polos curso 4º C e 1º A, cada un dos alumnos recibiu un agasallo de mans do director do centro e do grupo de profesores colaboradores.

O broche e sorpresa final foi o debut do coro de profesores. Grupo coral formado por quince profesores e personal non docente que interpretaron unha peza clásica de música tradicional galega.

O grupo coral tivo un gran éxito de público e crítica.