Todolos artigos de: admin
Semana da Ciencia
O Magosto
Organización:
- Coordinación da actividade: Equipo de Normalización. (Félix Longueira Fafián, Loli Piñeiro Susavila, Antón García González, Sonia Rama Amoedo, , Mariña Verde de la Torre (1º Bach.), Ana Yaiza Carballido López (4º E.S.O.); Saray Rodríguez López (2º E.S.O.) e Xosé Manuel Martínez Fraguela; entre outros que se relacionan no anexo.
- Organización da vixilancia e limpeza do recinto: María del Carmen García Rodeja
- Encargado do material para asar, e de asar Pepe López Couce e Fernanado Vidal Meijón
Colaboran Ademais:
- Equipo de Normalización
- Persoal non docente.
- Alumnado da E.S.O. e de Bacharelato (colaboradores do equipo de normalización).
- A.N.P.A (Asociación de nais e pais do alumnado).
- Equipo directivo do I.E.S. Xosé Neira Vilas
- Departamentos de Lingua galega, Filosofía, Educación Física, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza, Música…
- Empresas: Begano (Coca – Cola) e Hipermercado Haley do Concello.
- Concello de Oleiros.
Como actuamos:
O xoves, día 18 de novembro todo o alumnado participante, dedicouse a facer cucuruchos para recolle-las castañas asadas.
Ás 12:10 horas do venres 19 de novembro (cun tempo lixeiramente desagradabel), soou o timbre como anuncio de que se comezaba co festexo, o alumnado saiu das aulas cara ao patio, onde estaban os asadores e asadoras (profesorado e alumnado de bacharelato) e fomos meténdonos no ambiente… Tamén houbo música elixida polo propio alumnado, había que divertirse.
Tiñamos uns postos para a recollida de cucuruchos, vasos e castañas xa asadas; a xente distribuíse por grupos onde máis lle apeteceu, sempre segundo as normas establecidas pola dirección do I.E.S.
Tamén estaban previstos unha serie de xogos populares, coordinados polo profesorado de Educación Física (carreiras de sacos, xogo da ra, o tiro de corda, loitas na ponte, diábolo, a buxaina, petanca, …), mais por mor do tempo,chuviscaba, e estaba a pista mollada, non se puideron realizar.
E ademais de come-las castañas, propuxéronse actividades relacionadas para que o alumnado poidera festexa-lo Magosto do xeito máis tradicional, se así o quixera. No primeiro ciclo da E.S.O., traballáronse unidades didácticas, ademais hai bibliografía, e hoxe ¿quen non ten acceso a Internet?
Profesorado participante no evento, ademais do xa mencionados:
Aniana Díaz Gómez, Begoña Lourido Romero, Dorinda Rivera Pedredo, Ignacio González Zas, Rosa Mª Aixa, Mabel Veiguela Reigosa, Marián Montes Fernández, Matías Cuba Orosa, Pepa Suances peña, Xoán Ignacio Taibo Arias, Xoán Manuel Neira Fernández.
Ademais de todos/as aqueles/as que non figuran na relación, pero que se sumaron ao acto e colaboran para chegar ao remate do mesmo con éxito nesta primeira experiencia no I.E.S. Xosé Neira Vilas. Tamén ao alumnado colaborador na limpeza e disciplina durante o acto, a saber: Alejandro de Santiago Baña, Alejandro Fiúza, Alejandro Reboredo, Andrés Castro, Ángel Rúa, Antonio Rodríguez, Carlos Míguez, Cristian Pineda, David Fiúza, David Valiño, David Varela, Diego Rodríguez, Gabriel Pol, Iago Varela, Juan Hermo, Manuel Pereiro, Óscar Vázquez e Rodrigo Sánchez.
O NOSO AGRADECEMENTO A TODO O PERSOAL DO IES (alumnado, persoal non docente, ANPA e profesorado), ÁS EMPRESAS: HALEY, BEGANO (Coca-Cola).
O Equipo de Normalización Lingüística.
Conferencia de Xosé Luís Barreiro Rivas
Lección Inaugural do Curso 2005-2005
Xosé Luís Barreiro Rivas foi deputado por Alianza Popular no Parlamento de Galicia (1981-1987), conselleiro da Presidencia (1982-1986) durante a presidencia de Xerardo Fernández Albor e vicepresidente no goberno de Fernando González Laxe.
Na actualidade é profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Concurso de inglés
Gracias a unha iniciativa do Departamento de Inglés do noso Instituto, levouse a cabo un concurso, do que, a primeira fase realizouse a través de internet. Cada dúas semanas, o Departamento de Inglés poñía na súa páxina un Quiz baseado na procura de respostas ás diferentes preguntas, mediante buscadores como Google. Os participantes sumaban puntos durante os 4 Quiz realizados.
Os meus compañeiros de 3ºB, Noelia Vaamonde, Carlota Golmayo e Francisco Martínez, fixeron carteis nos que lembraban as datas de envío das respostas.
Os 10 alumnos que acadaron maior puntuación pasaron á final que se celebrou na sala de ordenadores do instituto, supervisado polos profesores do departamento. O concurso xerou boas expectativas e os estudantes sentíronse atraídos e decidíronse a concursar, aínda que, como xa se mencionou, só entrarían na final os 10 concursantes coas maiores puntuacións.
Así chegou o día 29 dem Abril no que se levou a cabo a primeira final, e digo a primeira final porque houbo un triplo empate e decidiuse unha segunda final para o desempate, e así se realizou a segunda final o día 6 de maio, e se coñeceu o terceiro posto, non así o primeiro e o segundo, xa que de novo houbo empate. A final definitiva realizaríase o día 13 de maio polo cal no momento de estar escribindo este artigo, aínda non se realizou esa gran final que será distinta as anteriores, xa que se fará por Morte Súbita: o primeiro en fallar quedará en segundo lugar.
Para este concurso, o Departamento contaba con dous premios de 45 euros e 30 euros, para o primeiro e segundo clasificados respectivamente, pero ao producirse ditos empates, o Departamento decidiu engadir un terceiro premio de 20 euros para que o terceiro finalista non quedara sen recoñecemento.
Ao final, a gañadora foi Cristina Núñez de 4ºB de ESO, o segundo lugar ocupouno Marco García de 3ºB de ESO e o terceiro Unai Leceta de 1ºB de Bacharelato. Tamén recibiron un recordo da súa participación -unha película en DVD- os outros sete finalistas: Patricia Varela e Alberto Domínguez de 1º de Bacharelato, Laio Fernández de 2º de ESO, Iris López de 4º de ESO, Lidia Pedreira e Eugenia Medina de 2º de Bacharelato e Gonzalo García de 1º de ESO.
[Texto de Marco Antonio García , 3ºB da ESO]
Acto solidario 11M
O alumnado gardou dous minutos de silencio en solidariedade coas vítimas do 11 de marzo.
Excursión ao Mosteiro de Caaveiro
Caaveiro es un monasterio medieval en ruinas, encaramado en un nido de águilas en la boscosa ladera de una de las montañas por entre las que fluye el río Eume, en una estrecha garganta, entre las fragas que llevan su nombre. Por una angosta carretera que las atravesaba, y que no tardó en volverse pista embarrada y más tarde sendero abrupto, varias clases de secundaria anduvimos hasta el lugar bajo una fría lluvia de finales de octubre, con la intención de tratar de captar el gusto de la escenografía romántica.
A pesar de aquella lluvia, el tiempo que hizo contribuyó al propósito con el que habíamos caminado durante cinco kilómetros por los bosques hasta llegar a las ruinas. Allí la atmósfera era, cuando menos, muy parecida a la de las leyendas de Bécquer, en particular a las de “El Miserere” y “El monte de las ánimas”: El panorama que se divisaba, con jirones de niebla flotando entre los árboles que cubrían las montañas, bajo un cielo gris plomizo, y el río en el fondo del cañón, era magnífico. Compensó, desde luego, la caminata, aunque no tanto el chaparrón que nos caló hasta la médula al regresar. También eran preciosas las ruinas del monasterio, medio cubiertas por los musgos y líquenes, entre la neblina, aunque no pude ver las de los molinos que había más abajo. La ida y la vuelta, sin embargo, también fueron bonitas, porque entre los árboles que rodeaban la carretera se podía ver un precioso paisaje de montañas, pinos y bruma, aparte del río Eume, a cuya vera íbamos. En conclusión, incluso con la lluvia y con el frío, mereció la pena.
Borja Araujo Arce 4ºA
Excursión 4º de ESO
O Alumnado de 4º de ESO foron de excursión de fin de etapa a Barcelona.
A Cadea Humana
Programa de Actos
- 12. saida. O alumnado saiu por cursos acompañado polo seu tutor ou profesor acompañante baixará pola rúa darwin cara á praia de santa cristina polo paseo ata o final.
- 12.30. Colocacion na praia. O alumnado colocouse no lugar que lle correspondeu por cursos, durante ese tempo e ó longo da saida fixeronse as fotos.
- 12.50. Cadea na praia. Formouse a cadea humana ó longo da praia de santa cristina ate a 1.05 lecturas lectura do manifesto, lectura de poemas e evocación o mar de galicia flores deixadas no mar
- 1.20 retorno ó centro educativo
MANIFESTO 1
Estamos eiquí, o Instituto Neira Vilas de Perillo, todos xuntos, en conexión cos nosos cincuenta mil compañeiros que se están unindo na costa da morte, na cadea humana de Laxe a Muxía.
Porque a pesar de poñernos atrancos non nos van facer calar.
Estamos eiquí porque exercemos o dereito democrático a exerce-la nosa libertade de expresión.
Porque a mocedade tamén temos opinión e exercémola.
Estamos eiquí porque o mar é a nosa vida, a fonte de riqueza e esperanza e non o queremos verlo convertido “nun vertedeiro e os nosos soños nunha pesadilla”
Porque queremos estar coa xente que “sufre e chora un pranto cotidian de volvoretas”
Estamos eiquí porque esta é unha situación de emerxencia con graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e de saude. E abandonaronos.
Porque necesitamos dotación económica para paliar as consecuencias na pesca marisqueo e e industrias derivadas. E non esmolas.
Estamos eiquí para reivindicar plans de prevención e de emerxencia.
Para esixir que a nosa costa non sexa un vieiro de irresponsables.
Tamén estamo eiquí para dar as gracias a todos os nosos amigos do mundo enteiro polo su ánimo, polo seu traballo, polas súas cartas, pola súa solidariedade.
Sabemos que non estamos sos.
E ó cabo. Estamos eiquí porque cremos que outro mundo é posible, cun modelo enerxético sostible, cun mundo en equilibrio e cos pobos en paz.
Porque nos somos natureza, porque nos somos mar.
Así esiximos que:
¡NUNCA MÁIS!
Lido por UNAI LECETA BÉLMEZ
MANIFESTO 2
O NOSO MANIFESTO
Pasan os dias e fica xa lonxe, lonxe, lonxe a imaxe perfeita e acompasada do mar bailando polas nosas costas. Non é hora, nen muito menos, de facer honra ao pasado ou de traer ao caso ese costumismo pasado de torca e abafante destes dias que tanto dano fai. A situación non ha de cambiar por muito que cantemos o fermosas e únicas que son as nosas costas. Ha de cambiar se lle dicemos a todo o mundo que o especial delas radica, única e exclusivamente en que son nosas.
Por iso é hora xa, sen dúbida, de espellar-nos nun futuro claro. É hora de quitar-se os veos e de coller as cousas polo fondo, alá ben pola raíz, e limpa-lo todo de arriba abaixo.Hai que aventurar-se a viver sen que os intereses neoliberais sexan quen de hipotecar-nos a vida, o futuro,o presente e as consciéncias. Temos que erguer xa o que nos deixaron de país,lembrando-lle sempre o que sucedeu e sucede.
O tempo marcha e o minuteiro indica-nos a hora de erguer os ollos ao sol, prender un facho co seu lume e queimar-lle a consciéncia a quen hoxe está pensando en seguir a sua eterna repichoca de falsidade. É,xa que logo a nosa hora: a da mocidade. Temos que recompor isto, o que fica logo dun desatre sen precedente que se agocha non só en cada mareia que chega á costa. Temos que atallar todo isto xa.
As cousas reviram-se e mais que se han de revirar, pero non deixa de ser paradóxico e extraño que para erguer un país xa roto, teña que caer até o fondo, vendo detrozados os médios de subsisténcia de miles de persoas. Temos a necesidade de construir a nosa história coas nosas próprias mans, sen actores ou actrices allei@s á situación, allei@s a nós.
Cómpre-nos dicer a nós, moz@s da nosa Terra, se pensamos seguir indo costa abaixo ou encarados ao porvir. Agora toca-nos dicer que hai algo alén desta noite de morte. Temos que coller os nosos fachos ben dispostos e facer-nos ouvir, dando-lle a saber á xente que é certo que un outro mundo é posíbel. Nós, queremo-lo ver xa!
MARIA OSORIO LÓPEZ (16 ANOS)
1º de Bacharelato do I.E.S. “Praia Barraña” de Boiro
(Estracto do artigo “NÓS, QUEREMO-LO VER XA”)
Lido por ALBA CORTÉS PATIÑO
Equipo Docente. Curso 2005-2006
- Ciencias Naturais
Porta Vila, Carmen [Xefa de departamento]
Pérez López, Mª Eugenia
Rey Pichel, Milagros - Debuxo
Eijó Casal, Jorge [Xefe de departamento]
Seijas Seoane, Faustino - Educación Física
Sánchez Ortiz, Miguel [Xefe de departamento] - Filosofía
López Couce, José [Xefe de departamento]
Bentós-Pereyra Rey, Elisa
Diaz Balboa, Francisca - Física e Química
Peńa Tresancos, Jaime [Xefe de departamento]
Guillín Fraga, Juan José
Souza Castelo, María Jesús
Varela Caamańo, Antonio - Francés
Andrade Sanjurjo, Angeles [Xefa de departamento]
Rumbo Caridad, Beatriz - Grego
López Pinal, Montserrat [Xefa de departamento] - Inglés
Arce González, Warinca [Xefa de departamento]
Dopico Caínzos, Mercedes
Fariña González, Uxía
Puig De Llano, Ricardo - Latín
Carballude Blanco, Xosé [Xefe de departamento] - Lingua e Literatura Espańola
González Cruz, Josefina [Xefa de departamento]
Fernández Montes, María
Ferreiro González, Carlos
Sanz Gómez, Elvira Elisa - Lingua Galega e Literatura
Taibo Arias, Xoán Ignacio [Xefe de departamento]
Grande Veloso, Graciela
Rivera Pedredo, Dorinda - Matemáticas
Candocia Cacheda, Edelmira [Xefa de departamento]
Lois Ordoñez, Ramón
San Luís Bugallo, Manuel
Villar Mirabal, María Emilia - Música
Fernández Llaneza, Jesús [Xefe de departamento]
García García, Paloma - Orientación
Singer Lago, María Dolores [Xefa de departamento]
Candal López, Mª Emilia
Morandeira Roel, Mª del Pilar - Relixión
Curráis Porrúa, José Ovidio [Xefe de departamento] - Tecnoloxía
Rodríguez Rodríguez, Xosé [Xefe de departamento]
García Calvo, Ana Mª - Xeografía e Historia
Chavert Díaz,María Aurora [Xefa de departamento]
García Salgado, Mª Visitación
García-Rodeja Arribí, Mª del Carmen
Nogueira Fariña, Víctor