Arquivo da categoría: Exposición

Exposición Artefactos Anos 80

Exposición Artefactos Anos 80
Exposición Artefactos Anos 80

A celebración do 25 aniversario do noso instituto serve, entre outras cousas, para entender os cambios que continuamente se producen no mundo.

Esta idea impulsa a exposición /Artefactos anos 80/ que recolle obxectos que eran de uso habitual hai máis de dúas décadas pero que hoxe están en desuso.

As persoas interesadas en colaborar con este proxecto poden deixar depositadas na conserxería os elementos a expoñer.

Esta actividade é coordenada polo obradoiro de iniciativas emprendedoras do 4º da ESO

Os mitos gregos

Os mitos gregos
Os mitos gregos

“Xa dicía Malinowski que “os mitos son narracións que responden ás preguntas básicas da existencia humana”… E o noso IES, coa inestimable colaboración do benquerido compañeiro Antón García (antigo profesor de Historia do Neira Vilas) e dos seus alumnos do IES Miraflores, permite ollar este mes de novembro unha instalación sobre mitos gregos que ha de estimular a vosa curiosidade.

Exposición: Áreas mariñas protexidas

Exposición: Áreas mariñas protexidas
Exposición: Áreas mariñas protexidas

De novo coa colaboración do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia), iniciamos o segundo trimestre deste curso académico coa exposición “Áreas mariñas protexidas“, un paseo polos recursos do mar e as problemáticas de conservación deste entorno tan valioso para a nosa vida. Con ela trátase de sensibilizar sobre o patrimonio marítimo e a necesidade de preservar e manter as áreas protexidas como instrumento de conservación dese patrimonio. Do 12 ao 26 de xaneiro de 2010 no IES Neira Vilas.

O alumnado de 4º curso visitan á Galicia dos ano trinta

O día 29 de Xaneiro púdose coñecer a ravés da exposición de Mathilda Anderson na fundación Caixa Galicia, cómo era a situación de Galicia nos anos trinta. O alumndo foi acompañado polos profesores Eduardo Álvarez e Ricardo Puig

Entre os años vinte e trinta do pasado século Mathilda Anderson percorre Galicia retratando con detalle todo aquelo que lle impresiona, tanto nas cidades como no mundo rural. Sorprende o afecto co que trata ás súas personaxes salientando a dignidade humana nas fotografías da súa estadía en Galicia. Inicialmente representa edificios e despois son as persoas as retratadas, representando esta exposición un gran estudio de tipos humanos e costumes deses anos en Galicia.

 

Exposición:”Cambio climático”

O 2 de febreiro inaugurouse no IES Neira Vilas a exposición “Cambio climático”, en colaboración co CEIDA, para informar e realizar actividades interdisciplinares sobre este problema medioambiental e informarse das solucións e medidas a adoptar ao respecto. A mostra permanecerá no centro educativo ata o 20 de febreiro. Infórmate sobre os contidos da exposición.

1000 anos de arte en feminino

No mes de febreiro, o IES Neira Vilas acolle a exposición “1000 anos de arte en feminino”, un paseo a vista de paxaro pola pintura feminina dende o século X ata o XX. Trátase dunha exposición bilingüe, en galego e inglés, que implica unha colaboración didáctica interdisciplinar.

A devandita mostra estará accesible ao público en xeral durante os xoves 14 e 21 de febreiro, en horario de 16.15 a 18.00 horas, co obxecto de ampliar máis alá da propia comunidade educativa a difusión da mesma.

Tríptico da Exposición