Mañán de contacontos con Cándido Pazó
O pasado día 21 de Decembro o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha mañán moi divertida escoitando as historias do famoso actor Cándido Pazó.
Cándido Pazó, home de teatro, é actor, humorista e director… Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Ribadavia. Vive e actúa unha temporada en París. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra “El mirlo blanco”. Dende aquela é asíduo da escea galega, participando en varios foros sobre teatro e impartindo seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG e dirixe variso grupos de teatro. Actualmente é un dos profesionais máis acreditados de Galicia.
Antía e Sara: ¿Cando comezou a súa carreira? Por que elixiu?
Cándido: A miña carreira comezou aos 15 anos, elixiuna porque sempre me gustara o mundo do teatro. E o que en principio era unha diversión transformouse nunha profesión.
AeS: ¿Por qué decidiu estudar en París?
C: Porque quería coñecer mundo, e ademais en París era onde estaba unha escola de teatro moi famosa
AeS: Dirixiu a compañía OLLOMOLTRANVÁ coa que gañou numerosos premios ¿Qué lle levou a dirixir unha compañía teatral?
C: Gustábame o mundo do teatro e surxiume a oportunidade de dirixir unha compañía e aceptei.
AeS: ¿Sempre quixo traballar no mundo do teatro?
C: Si, dende que era novo. Porque no colexio había un grupo de teatro no que participaba.
AeS: ¿Tamén traballou como guionista na televisión, que prefire o mundo da televisión ou o do teatro?
C: O do teatro, porque hai mais contacto co público.
AeS: ¿Estase notando a crise neste mundo?
C: Sí, no teatro como en todos os demais sectores.
AeS: ¿Pensa que hai bos humoristas en Galicia?
C: Sí, cada día hai mais actores e humoristas e cada vez mellores.
AeS: ¿Qué é o mellor de Galicia, actores, produtores…?
C: Os actores son boísimos.
AeS: ¿Con qué tipo de público se sente mais a gusto?
C: Con xente que ten dez anos mais e dez anos menos ca min, porque así podo compartir vivencias.
AeS: ¿Onde se inspira para contar as historias?
C: Na vida da xente, nas súas vivencias pasadas, na realidade.
Sara Sequeiros Fernández e Antía López Mosteiro.