O día 18 de Decembro a señora Adriana Morín acudíu ó noso instituto, dentro das activiades da clase de Xeografía, a falar da súa experiencia como venezolana en Galicia, as diferencias culturais, climática e económicas. A conferencia estivo dirixida ó alumnado de 3º curso e estivo preparada por Irene Míguez e Paula Añón. 6 archivos adjuntos
Despois dos anos de Secundaria máis o tempo da estancia no Colexio Valle Inclán, o profesorado e os compañeiros de curso despediron o día 4 de Decembro ás dúas compañeiras Talita e Taiuane, con moita emoción pero contentos porque saben que voltan felices ó seu pais coa súa familia. Todos esperamos que sigamos en contacto e que volvan axiña. Feliz viaxe!
“Xa dicía Malinowski que “os mitos son narracións que responden ás preguntas básicas da existencia humana”… E o noso IES, coa inestimable colaboración do benquerido compañeiro Antón García (antigo profesor de Historia do Neira Vilas) e dos seus alumnos do IES Miraflores, permite ollar este mes de novembro unha instalación sobre mitos gregos que ha de estimular a vosa curiosidade.
Dado o alto nivel e interese que hai no noso Instituto pola lingua francesa, acude o día 15 de Novembro a agregada cultural a unha reunión cos responsables do centro educativo para ver de implantar a dobre titulación no Bacharelato “Bachi-Bac”, que permitiría ao alumnado do Neira Vilas acceder aos estudios universitarios tamén en Francia.
Visita dos monitores ó museo arqueolóxico de A Coruña
O grupo de alumnos monitores de 1º realizou o día 13 de novembre a visita ó museo arqueolóxico de A Coruña para a preparación da actividade didáctica co compañeiros. Realizaronse as actividades da visita á sección de arqueoloxía e tamén o fichado de pezas en colaboración coa arqueóloga. Os alumnos monitores son: Eva Carreira, Daniela Ferreira, Karol Fidelis, Orleni Mateo, Lara García, Vitor de Carballo; nocolás Escourido, Yvana Cadahío, Hugo Fernández e Ezequiel Caballero.
Visita dos monitores ó museo arqueolóxico de A Coruña
O pasado día 11 de Novembro visitou o noso Instituto a doctora Carmen Coronado Carvajal para impartir a conferencia sobre epidemioloxía, dirixida ó alumnado de 3º curso dentro da materia de Xeografía. Esta charla forma parte das actividades do Departamento de Xeografía e Historia. A charla fo organizado polos alumnos Cristina Carreira, Alba Río, Sergio Cabez e Iago Ruibal.
A conferencia de Carmen Coronado Carvajal, farmaceutica e profesora da Universidade, posibilitou que o alumado coñecera cómo é o estudio do extremadamente pequeño pero fundamental para a saude do ser humano e cales son as armas para defenderse das infeccións. Tamén fixo un recorrido sobre as principias problemas de saude nos diferentes paises no mundo e as principais causas da epidemias.
Os profesores eméritos de Física e Química do centro, Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, presentan a actividade Ciencia Recreativa. É unha continuación das actividades: “Química Máxica”, “Maxia?, Non Ciencia” e “Química?, Non Ciencia” que o Departamento de Física e Química desenvolveu primeiro na Semana da Ciencia durante 3 anos e logo na Semana Intercultural nos últimos 5 anos.
A actividade, que será gratuíta, terá lugar os xoves pola tarde en grupos reducidos nos laboratorios de Física e de Química do centro.
O noso centro participa, por 2º ano, dentro do programa Comenius Regio co proxecto “Échangeons notre échange scolaire!”. Está cofinanciado polo Programa de Aprendizaxe Permanente da UE e e coordinado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Participan polo lado galego: Consellería de Educación, APFG, IES Monte Neme e o IESP Xosé Neira Vilas. Polo lado bretón: Concello de Vannes, Asociación Bretaña-Galicia e o Collège Notre Dame le Ménimur de Vannes.
Coa finalidade de ampliar a oferta de actividades complementarias e extraescolares, o noso centro reforza este curso, coa colaboración da ANPA, as actividades a desenvolver polas tardes co programa “Os xoves o Neira Vilas Punto de Encontro”.
Arrancou este programa con English Club, que xa ten cuberta a totalidade das súas plazas, e se ampliará a partir do día 7 de novembro con dous obradoiro, Teatro e Danza Contemporánea, e outras dúas actividades dirixidas por profesores eméritos do instituto, Ciencias Divertida e Xadrez con Matías. Todo o alumnado interesado pode inscribirse en conserxería.
Arrancamos este curso cun novo proxecto para o noso centro: A HORA DE LER.
Esta actividade pretende ampliar o interese pola lectura na nosa comunidade educativa con vinte minutos de lectura pracenteira cada día nos que cada un poderá ler o libro que máis lle interese.
A hora será rotatoria por semanas. A primeira semana será na primeira sesión de cada día, na segunda semana na segunda sesión, na terceira semana, na terceira sesión, ?. e así sucesivamente ata chegar á sétima semana que volveremos a empezar coa primeira sesión do día. E a lectura será individual e silenciosa no espazo que corresponda e co profesor que corresponda en cada sesión.
O remate do primeiro trimestre farase unha avaliación da experiencia que implica a toda a nosa comunidade
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)