- Presidenta:
- María Belén Pérez Sanmartin
- Vicepresidenta:
- Carolina Castro Cornide
- Secretario:
- Guillermo Reis Soto
- Tesoreira :
- Lorena Gómez Fuente
- Vogais:
- Mª del Mar Gerpe Reino
- Xavier García Castro
- Roberta Scarcella
- Mª Mercedes Lagares Estraviz
Arquivo da categoría: Curso
Persoal non Docente. Curso 2013-2014
Administrativa
- M. Isabel Mejuto Sampayo
Conserxes
- María Esther Ramos Esperante
- María Rey Andrade
Persoal de Limpeza
- Pilar Domínguez González
- María Eugenia Cernadas González
- María del Carmen Naya Míguez
Equipo Docente. Curso 2013-2014
- Ciencias Naturais
Milagros Rey Pichel [Xefa de departamento]
Agustín Lorenzo López
Carmen Porta Vila - Debuxo
Isabel Aller Arenas [Xefa de departamento] - Economía
Isabel López Mariño [Xefa de departamento] - Educación Física
María Isabel Moar Gayoso [Xefa de departamento] - Filosofía
Fernando Vidal Meijón [Xefe de departamento]
José López Couce - Física e Química
Jesús Antonio Curros López [Xefe de departamento]
Liliana González Sánchez - Francés
José Carlos Vidal López [Xefe de departamento]
Mª Dolores Rey Souto - Grego
Montserrat López Pinal [Xefa de departamento] - Inglés
Warinca Arce González [Xefa de departamento]
Mercedes Dopico Caínzos
Francesca López Couzo - Latín
Xosé Carballude Blanco [Xefe de departamento] - Lingua e Literatura Española
Eva Tizón Zas [Xefa de departamento]
Ángel González Iglesias - Lingua Galega e Literatura
Xoán Ignacio Taibo Arias [Xefe de departamento]
Ana María Crego Yañez - Matemáticas
Manuel San Luís Bugallo [Xefe de departamento]
Mª Dolores García Martínez
Raquel Mañana Presedo
José Antonio Rodríguez Amedo - Música
Jesús Fernández Llaneza [Xefe de departamento] - Normalización Lingüistica
José Antonio Rodríguez Amedo [Xefe de departamento] - Orientación
Lourdes Otero Rodríguez [Xefa de departamento]
Mª del Pilar Morandeira Roel
Adela Beatriz Otero Fernández-Aperribay - Relixión
Juan Antonio Santamaría González [Xefe de departamento] - Tecnoloxía
Xosé Rodríguez Rodríguez [Xefe de departamento]
Agustín Fernández Gago
Juan José García Mato - Xeografía e Historia
Mª del Carmen García-Rodeja Arribí [Xefa de departamento]
Xosé Antón García González
Jorge Carlos Calle López
Consello Escolar. Curso 2013-2014
Presidente
- Agustín Fernández Gago
Secretario
- José López Couce
Xefe de Estudios
- Mª del Pilar Morandeira Roel
Representantes do profesorado
- Warinca Arce González
- Jorge Carlos Calle López
- Jesús Fernández Llaneza
- Isabel López Mariño
- José Antonio Rodríguez Amedo
- Xosé Rodríguez Rodríguez
- Carlos Vidal López
Profesor coordinador da biblioteca [PLANBE]
- Fernando Vidal Meijón
Representante da ANPA
- Francisco Peral Moldes
Representantes dos Pais/Nais
- Mª Belén Pérez Sanmartin
- Modesto Yañez Garrote
Representantes do Alumnos
- Antón Blanco Rey
- Sabela López Paredes
- Mencía Resch Pérez
- María Vázquez Barral
Persoal do Persoal de Admon. e Servizos
- Mª Esther Ramos Esperante
Concello
- Mª Esther Isabel Garrido Pan
Equipo Directivo. Curso 2013-2014
Director
Agustín Fernández Gago
Vicedirector
Agustín Lorenzo López
Xefe de estudios
Mª del Pilar Morandeira Roel
Secretario
José López Couce
The Big Challenge

56 alumnos de ESO do centro participaron no concurso internacional The Big Challenge. Neste concurso os alumnos teñen que respostar non só preguntas sobre o idioma inglés senón tamén sobre a cultura dos paises de fala inglesa.
Os resultados obtidos foron moi bos e 22 alumnos conseguiron premios polos seus resultados.
Entre os premiados hai que destacar a Miguel Rodríguez Mahía de 4º de ESO que obtivo o primeiro premio a nivel provincial e a Carmen Rodríguez Coronado de 2º de ESO que obtivo o segundo premio.
O día 21 de xuño entregáronse os premios aos gañadores nun acto celebrado no salon de actos do centro.
Parabéns a tódolos participantes!!
Oleiros Comedy
Mobilidade Comenius Regio

Do 31 de maio ao 5 de xuño, tres profesores do IESP Xosé Neira Vilas participaron na 2ª das mobilidades a Vannes (Morbihan-Francia) no marco do Proxecto Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!” no que o noso centro participa en colaboración con a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia-, o IES Monte Neme de Carballo, a Mairie de Vannes (Concello de Vannes), o Collège Notre Dame Le Ménimur (Centro de ensino),e o Comité Bretagne-Galice (Asociación cultural).
Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato

Unha nova promoción de 2º de Bacharelato rematou a súa formación neste nivel formativo e para eles organizouse o día 24 de maio o acto de graduación.
Abriu a celebración, que tivo lugar no salón de actos, o director Agustín Fernández cunhas palabras para sinalar a importancia do momento para os seus protagonistas e para o instituto. A continuación houbo un momento musical da man de Manuel Bode que dou paso ás intervencións das súas compañeiras e compañeiro de promoción Camila Bargados, Lucía Rodríguez e Martín Mejuto. Seguidamente tomaron a palabra X. Ignacio Taibo (en representación do profesorado), Pilar Ríos (en representación das familias) e Sandra Fernández (en representación do Concello).
O acto proseguiu coa entrega de diplomas de mediación a aqueles membros desta promoción que formaron parte do Equipo de Mediación e Convivencia, do diploma Club Los Leones de Oleiros cunha beca de cincocentos euros e das orlas a todos os membros da promoción. Os diplomas de mediación foron entregados por Jesús Fdez Llaneza. O diploma Club Los Leones foi entregado a María Ramil por Ricardo Gómez, en representación de dito club. As orlas foron entregadas por Elvira Sanz, Eduardo Álvarez e X. Ignacio Taibo.
Como remate do acto proxectouse unha montaxe audiovisual alaborada polo profesor Xosé Antón García que recolle a traxectoria desta promoción desde que chegaron ao noso centro. A celebración continuou coa plantación dunha laranxeira conmemorativa previa a un pequeno ágape e unha cea de confraternización.
Viaxe Europea do alumnado das seccións plurilingües e das seccións bilingües. Curso 2013-2014.

O día 16 de maio de 2013, 51 alumnos de 1º,2º,4º da ESO e 1º de Bacharelato, acompañados por 4 profesores emprenderon a “VIAXE EUROPEA. Este ano a Lisboa.
O programa foi o seguinte:
O día 17 estivemos no centro educativo portugués : Escola Básica de 2º e 3º Ciclos Ferreira de Castro de Ouressa (Algueirão-Mem Martins) pertiño de Lisboa, onde fomos recibidos polo seu director, Antonio Castel-Branco e profesores de francés e español. O alumnado do noso centro estivo nalgunhas clases, visitou o centro e comemos na cantina do mesmo. Agradecer desde aqui a colaboración e axuda da profesora Dona Elisabete Pires. Pola tarde visitamos o Oceanário de Lisboa.
O día 18 visitamos os arredores de Lisboa. En Sintra estivemos no Palácio da Pena , e pola tarde vistamos a “Boca do Inferno” e a cidade de Cascais ; mais tarde paseamos pola Praça do Comércio, a Baixa lisboeta, Rocio e o Chiado.
O domingo día 19 continuamos coa descuberta de Lisboa, estimos no CCB ( Centro Cultural de Belém) e visitamos o Museo Coleção Berardo onde disfrutramos dunha clase sobre arte moderna e así poder apreciar as obras dos artistas alí presentes. Despois acercámonos o Mosteiro dos Xerónimos; pola tarde paseamos en barco polo rio Taxo e fixemos a “Ruta dos Descubrimentos”.
O último día e de maná estivemos no Palácio de São Bento, sede do Parlamento portugués onde tivemos ocasión de visitar o edificio asi como coñecer o funcionamento deste órgano soberano do país veciño.
O ano que ven outra nova “Viaxe Europea”; o destino ……..sorpresa!!!!!