Arquivo da categoría: Curso

Roma na primavera

Roma na primavera
Roma na primavera

Durante os días 17 a 21 de maio, sesenta alumnos e alumnas das seccións plurilingues e bilingües visitarán a cidade italiana acompañados polos profesores: Antonella Ermellino, Xosé Antón García González, Carmen García-Rodeja Arribí, Isabel López Mariño, Juan A. Santamaria González e Carlos Vidal López

O xoves día 17 chegamos ó aeroporto de Términi e dirixímonos ó Albergue situado xunto á plaza Bolonia, despois de acomodarnos dispuxémonos para a visita da cidade, collimos o metro por primeira vez e iniciamos a visita da cidade no Circo máximo, depois paseamos o seu carón ata ó alto da cidade para ver as vistas maravillosas de San Pedro, despois visitamos o foro boario e achegámonos á Boca da verdade (Boca della veritá) para comprobar que non decimos mentiras. A tardiña fumos coñecer e cear en pleno barrio de Trastévere.

O venres dia 18 visitamos o Palatino , a igrexa di Gesù o Teatro de Marcello (teatro di Marcello) e a Praza do Campidoglio (Piazza del Campidoglio), de tarde visitamos a Fontana di Trevi, a Praza de España (Piazza di Spagna) , a Praza do Pobo (Piazza del Popolo) , depois de comer fumnos ó Coliseo no que xa tíñamos a entrada reservada ceamos todos xuntos perto da plaza Bolonia onde estaba o noso albergue.

O sábado dia 19 foi o día adicado a visitar o Vaticano, a Capela Sixtina e os Museos Vaticanos, pola tarde paseamos por Roma e fumos coñecer a Praza Navona, ali ceamos e moitos do grupo quedamos a pasear pola noite romana no Campo di Fiori .

O domingo día 20 visitamos -como os romanos nos domingos- o inmenso parque de Vila Borghese e coñecimos a Galeria Nacional de Arte Moderna despois estivemos de mercas pola via do Corso e na vía Condotti; pola tarde fumos visitar o Panteón e a igrexa de Gesú.

O luns 21 foi o día dos últimos recados e paseo pola plaza Bolonia e xa a volta a casa.

Debemos destacar da viaxe a Roma o estupendo comportamento do alumnado, tanto que fumos felicitados en numerosos lugares: no avión, nos restaurantes… tamén valoramos a experiencia do profesor Vidal xa que o todo o relativo á pagos, documentos e organización da viaxe estaba perfectamente organizada, por outra banda foi estupendo poder contar coas magníficas explicacións do profesor Xosé Antón García e a amabilidad e desinterés dos compañeros Isabel López Mariño e Juan Santamaría e, por suposto, a organización estupenda da profesora Antonella Ermelindo que permitíu ter un estupendo aloxamento, as entradas dos museos xa organizadas e disfrutar dunha comidas estupendas nos millores sitios da cidade.

Videos e fotos

O IES Neira Vilas recibe ó alumado e profesorado do Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

IV Intercambio Escolar
IV Intercambio Escolar

O martes día 8 de maio 27 alumnas e alumnos franceses chegaron a terras oleirenses na segunda parte do IV Intercambio Escolar do noso centro. Estiveron acompañados de dúas profesoras, unha delas Catherine Le Blay, unha vella coñecida no noso centro, e xunto co profesor Carlos Vidal son os organizadores desta actividade desde hai moitos anos. Permaneceron durante unha semana acollidos polas familias dos seus alumnos correspondentes. Entre as actividades que realizaron está a asistencia a clase no Instituto e varias viaxes por Galicia entre elas á Coruña, Santiago e ás Rias Baixas Por outro lado o sábado 12 realizouse a tradicional “Cea de amizade” na Casa do Pobo de Sta Cruz, que nos cedeu amablemente o Concello, e á que asistiu todo o alumnado participante no Intercambio así como as familias e o profesorado.

 

Comenius: Viaxe a Polonia

Comenius: Viaxe a Polonia
Comenius: Viaxe a Polonia

Alumnado e profesorado do centro viaxaron á cidade polaca de Krasnick, entre os días 15 e 21 de abril, para realizar a 2ª movilidade prevista no proxecto “Somos o que comemos” que se fai en colabaración con centros escolares de Francia, Italia e Polonia.

Durante a semana de estancia realizaron numerosas actividades: asistencia a conciertos, conferencias na Universidade, degustación de productos típicos, análise de alimentos, realización e comidas e visitas culturales e históricas. Tamén asistiron a actividades musicales de Krasnick. Todas a actividades relacionadas co proxecto e preparadas polo centro de acollida.

Programa da visita

IV Intercambio Escolar I.E.S. Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

IV Intercambio Escolar
IV Intercambio Escolar

O pasado 20 de marzo , 27 alumnos de 2º ESO ( Sección Plurilingüe) 3º e 4º de ESO ( Sección Bilingüe) e 1º de Bacharelato acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño e Don J. Carlos Vidal López , iniciaron o 4º Intercambio Escolar co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes , capital do Departamento do Morbihan na Bretaña francesa; estes alumnos foron acollidos na casa dos seus correspondentes franceses.

Durante a estadía realizaron moitas actividades e coñeceron a rexión de Bretaña así coma a súa gastronomia.

Visitaron a cidade de Vannes, Carnac, Quimper a Península de Quiberon, Dinan , St Malo e o famosísimo Mt St Michel

Participaron nas actividades do Colexio: asistencia a clases, intervención nas aulas de español, actividades na aula de informática ; tamén deberon cumprimentar o caderno de actividades elaborado polo Departamento de Francés para reflectir no mesmo esta actividade de Intercambio Escolar.

O Intercambio completouse cunha estadía de 2 días en París onde visitaron os monumentos máis coñecidos de París: Tour Eiffel, Campos Elíseos, a Catedral de Notre Dame, o Louvre , o Sagrado Corazón, Montmartre, a Tour Montparnasse, etc. E, por suposto, unha viaxe polo Sena nos coñecidos “bateau-mouche”.

O alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato visitaron dúas exposicións :

  • Sobre o famoso fotógrafo francés DOISNEAU no edificio do Concello de Paris
  • Exposición sobre o cineasta americano TIM BURTON na Cinémathèque de Paris.

A actividade rematou o venres 30 coa visita ao Parque Eurodisney.

Viaxe cultural a Porto

Viaxe a Porto
Viaxe a Porto

O alumnado de 3º de ESO viaxou a Porto (Portugal) durante os días 6 e 7 de Marzo. A visita estivo organizada polos departamentos de Economía e Xeografía e Historia coa colaboración do proxecto TERRA do colexio de arquitectos. O obxectivo da viaxe foi coñecer a arquitectura portuguesa e as novas propostas, así como a identificación da identidade territorial de Galicia e do norte de Portugal.

Antroido 2012

Antroido 2012
Antroido 2012

Celebráronse as actividades de Antroido durante a semana do 13 ó 17 de febreiro con diversas actividades. O luns achégaronse o alumnado e profesorado cun zapato de cada cor, o martes foi o pixama e roupa de durmir os protagonistas do día, o mércores encheuse o centro de velliños e velliñas e o venres foi o protagonista o antifaz.

O venres a elección foi libre e a partir das 12 houbo unha degustación de filloas e máis de crêpes.

Conferencia: “Mi experiencia de vida” a cargo de Emilio Gómez Expósito

Emilio Gómez na entrevista
Emilio Gómez na entrevista

Dentro das charlas da clase de Historia, o noso conferenciante contou a súa experiencia vital como “neno de Moscova”, xa que de familia galega e residente en Xixón foi evacuado á Unión Soviética onde permaneceu máis de vinte anos. Explicou a súa infancia, as vicisitudes da súa vida na Unión Soviética durante eses anos e o retorno a Galicia. Estuvo dirixido ó alumndo de 1º de Bacharelato e 4º de ESO e foi realizada o 14 de Febreiro.

Semana na neve en Xaneiro

Semana na neve en Xaneiro
Semana na neve en Xaneiro

Cansos e contentos chegaron os alumnos da semana de neve en Astún. A pesar do tempo de neve, xistra e saraiba foron uns días moi aproveitados porque cada mañán subiron durante dúas horas e outras tantas polo serán. Os monitores acompañaron en todo momento ós rapaces e fron capaces de lanzarse polas pistas de contado.

Tamén visitaron a catedral de Jaca, a estación de Canfranc…. e houbo tempo para xogar ós bolos e asistir á festa baile de despedida.

O profesorado quedou moi satisfeito da experiencia e do aproveitamento do alumnado e espera que se poda repetir en vindeiros anos.

Viaxe Comenius / Lucera ( Italia)

[Descargar o programa da viaxe]

7 alumnos de 3º e 4º da ESO ( Diego Cabeza, Paco Álvarez, David Peral, Raquel Pose, Andra Pía, Benxa Varela e Uxía Vázquez) acompañados de 3 profesores Dona Isabel López Mariño, Don J. Carlos Vidal López (Coordinador do proxecto) e polo Director do Instituto Don José López Couce) pasamos unha semana nun pobo italiano da Rexión da Puglia (situada no sur de Italia, na provincia de Foggia) chamado Lucera, un pobo moi bonito duns 40.000 habitantes; alí fomos acollidos de marabilla, un exemplo da súa amabilidade foi o préstamo de roupa, as nosas maletas quedaron en Madrid e chegaron ao día seguinte.

Como o Proxecto Comenius ten como título “SOMOS O QUE COMEMOS” as viaxes que fixemos tiñan relación co tema, visitamos “Tamma” unha fábrica de pasta, estivemos tamén en PRO-GEN ZONA ASI centro de investigación con todo o relacionado coa pasta, vimos como se fabricaba o aceite e tamén fixemos visitas culturais a Trani e Barleta; outra actividade moi agradable e divertida foi unha festa na que participaron as familias de acollida e alí aprendemos a facer pasta caseira.

Lucera
Lucera

Queremos destacar o enriquecemento que supuxo para todos nós o feito de estudar dúas linguas estranxeiras (neste encontro participou tamén o alumnado dos outros institutos que participan no proxecto de Francia e de Polonia) xa que facilitou enormemente os contactos cos outros alumnos, tamén nos demos conta de que cos italianos eramos capaces de entendernos sen demasiados problemas; en resumo destacar o que nos vivimos como unha experiencia única e realmente gratificante. Esperamos que os nosos compañeiros que no mes de abril vanse a Polonia páseno, polo menos, tan ben coma nós. Pola nosa banda agardamos con impaciencia a chegada das nosas correspondentes italianas en 2013 , trataremos por todos os medios de acollelas tan ben como elas e as súas familias fixeron con nós.

Paco Álvarez, Diego Cabeza, David Peral, Raquel Pose, Andra Pía, Benxa Varela e Uxía Vázquez