O día once de novembro os alumnos de primeiro de E.S.O e primeiro de Bacharelato realizaron unha visita á casa das ciencias e asistiron a unha sesión no Planetario nunha excursion organizada polos departamentos de Historia e Ciencias Naturais.
Acompañaron ós alumnos os profesores Carmen Porta, Milagros Rey e Antón García. Na Casa das Ciencias foron observando as exposicións que ali se atopan. Tamén puideron ver unha pelicula no planetario que -segundo comentan os alumnos- lles resultou moi interesante polo tema e polas dimensións da pantalla.
O día 25 de novembro celebrouse o día internacional contra a violencia sobre as mulleres. Marta Saavedra nos presenta esta breve e pero profunda reflexión.
Ciencias Naturais
Milagros Rey Pichel [Xefa de departamento]
Nuria Sánchez Moreno
Agustín Lorenzo López [Servicios Especiais]
Carmen Porta Vila
Debuxo
Faustino Seijas Seoane [Xefe de departamento]
Mª Isabel Aller Arenas
Economía
Isabel López Mariño [Xefa de departamento]
Educación Física
María Emilia Gómez López [Xefa de departamento]
Miguel Sánchez Ortiz [Servicios Especiais]
Filosofía
Fernando Vidal Meijón [Xefe de departamento]
José López Couce
Física e Química
Antonio Varela Caamaño [Xefe de departamento]
Ramón Romero Pardo
Francés
José Carlos Vidal López [Xefe de departamento]
María Carina Sánchez Gigirey
Grego
Montserrat López Pinal [Xefa de departamento]
Inglés
Warinca Arce González [Xefa de departamento]
Mercedes Dopico Caínzos
Ana Isabel Oulego Prado
Ricardo Puig De Llano
Latín
Xosé Carballude Blanco [Xefe de departamento]
Lingua e Literatura Española
Eduardo Álvarez González [Xefe de departamento]
Matías Cuba Orosa
Elvira Elisa Sanz Gómez
Ana María Villar Villarino
Lingua Galega e Literatura
Xoán Ignacio Taibo Arias [Xefe de departamento]
Ana María Crego Yañez
Sofía Teresa Davila Davila
Xosé Manuel Martínez Fraguela,
Matemáticas
María Emilia Villar Mirabal [Xefa de departamento]
Montserrat Fernández Ramos
Rosa María Miña Mena
José Antonio Rodríguez Amedo
Manuel San Luís Bugallo
Música
Jesús Fernández Llaneza [Xefe de departamento]
Normalización Lingüistica
Ana María Crego Yañez [Xefa de departamento]
Orientación
José Rodríguez Martínez [Xefe de departamento]
Mª del Pilar Morandeira Roel
Mª del Carmen Ogando Mejuto[Liberada Sindical]
Relixión
José Ovidio Curráis Porrúa [Xefe de departamento]
Tecnoloxía
Xosé Rodríguez Rodríguez [Xefe de departamento]
Agustín Fernández Gago
Xeografía e Historia
Mª del Carmen García-Rodeja Arribí [Xefa de departamento]
Antón García González
Xosé Antón García González
Víctor Nogueira Fariña
E chegou o remate do curso 2008-09. Chegou o martes 23, horas antes das sardiñadas e bailes na praia; horas antes de queimar os malos farios e renovar a vida no solsticio; horas antes de avaliar e poñer por escrito merecementos e carencias.
Son as 10 e 10 da mañá no salón de actos e xa está todo listo para Marián presente este acto de entrega de galardóns e premios no que sempre nos acompaña a música. E desfilan os gañadores da Olimpíada do Saber 2009; aplaudimos aos galardoados o 14 de maio en Pontevedra, no encontro de Axenda 21escolar de Galicia e recibimos o alento de Xan Neira para continuar con este proxecto de sostibilidade; recollen os seus diplomas os participantes no I Intercambio escolar con Bretaña e os gañadores do concurso de curtas Oleiros Solidario.
Finalmente entra en escena Jaime Miranda, adónanse do escenario os rapeiros de Pro-Visional e poñen termo a este acto final do curso acadêmico. Grazas a tod@s. Feliz verán.
O día vintedous de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.
A continuación as palabras do alumno de segundo curso Santiago Conde Arias, de Isabel Romero Barciela mai de Manuel Pereiro Romero, e de Xoan Ignacio Taibo Arias en nome do profesorado. Pechou o acto o director do centro José López Couce.
Unha presentación sobre o alumnado de segundo de bacharelato e a entrega de diplomas foi o remate do acto. Posteriormente como xa é tradicional procedeuse á plantación da árbore e ao aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.
Programa do Concerto
Alumnos de 1º de Bacharelato.
Canción india : Rimsky-Korsakov
Obertura da ópera “As vodas de Fígaro”: W.A. Mozart