Arquivo da categoría: Graduación

Graduación 2015

Orla 2014-2015
Orla 2014-2015

O venres 29 de maio celebrouse no noso centro a graduación do alumnado de segundo de Bacharelato. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa e a Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego do Concello de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda. A xornada comezou coa recepción das familias na entrada do centro para pesar posteriormente ao salón de actos onde despois da presentación  por parte do director Agustín Fernández Gago falaron a concelleira Teresa Vázquez Maseda en representación do Concello, a profesora de inglés, Warinca Arce González en representación do profesorado, Eduardo Blanco Pereira, pai de Antón Blanco, en representación das familias e Andrea Docampo Sánchez e Antón Blanco Rey en representación do alumnado. Acto seguido, o titor do grupo Jorge  Calle López e a profesora de inglés Warinca Arce Gonzalez  fixeron entrega ao alumnado dun diploma conmemorativo e unha memoria USB cun vídeo que recorda o seu paso polo centro. A foto de grupo e a visualización do vídeo dou paso á tradicional plantación da arbore, un gingko, nos xardíns do instituto. Un pequeno ágape concluíu a xornada no centro. O alumnado e o profesorado compartiron posteriormente unha cea nun restaurante de Santa Cristina .

Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato

Orla. 2º BACH 2012-2013
Orla. 2º BACH 2012-2013

Unha nova promoción de 2º de Bacharelato rematou a súa formación neste nivel formativo e para eles organizouse o día 24 de maio o acto de graduación.

Abriu a celebración, que tivo lugar no salón de actos, o director Agustín Fernández cunhas palabras para sinalar a importancia do momento para os seus protagonistas e para o instituto. A continuación houbo un momento musical da man de Manuel Bode que dou paso ás intervencións das súas compañeiras e compañeiro de promoción Camila Bargados, Lucía Rodríguez e Martín Mejuto. Seguidamente tomaron a palabra X. Ignacio Taibo (en representación do profesorado), Pilar Ríos (en representación das familias) e Sandra Fernández (en representación do Concello).

O acto proseguiu coa entrega de diplomas de mediación a aqueles membros desta promoción que formaron parte do Equipo de Mediación e Convivencia, do diploma Club Los Leones de Oleiros cunha beca de cincocentos euros e das orlas a todos os membros da promoción. Os diplomas de mediación foron entregados por Jesús Fdez Llaneza. O diploma Club Los Leones foi entregado a María Ramil por Ricardo Gómez, en representación de dito club. As orlas foron entregadas por Elvira Sanz, Eduardo Álvarez e X. Ignacio Taibo.

Como remate do acto proxectouse unha montaxe audiovisual alaborada polo profesor Xosé Antón García que recolle a traxectoria desta promoción desde que chegaron ao noso centro. A celebración continuou coa plantación dunha laranxeira conmemorativa previa a un pequeno ágape e unha cea de confraternización.

Graduación 2º BACH. CURSO 2010-2011

Orla Promoción 2010-2011
Orla Promoción 2010-2011

O venres 27 de maio tivo lugar no centro educativo o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2010-11, ao que asistiron alumnado, pais e representantes da comunidade educativa, así como a concelleira de Cultura do concello de Oleiros. A xornada -presidida polo director José López Couce- desenvolveuse nun ambiente festivo, cos discursos por parte do alumnado (Elba Tenreiro), das nais e pais (Consuelo Rama) e do profesorado (Nacho Taibo), o habitual plantamento da árbore conmemorativa (neste caso un acivro) -acompañado da interpretación do “Gaudeamus Igitur” ao saxofón polo alumno Adrián Freire, de 1º Bacharelato-, a entrega da orla -realizada pola benquerida ex-profesora do centro educativo Isabel Aller- e un pequeno refrixerio preparado polos responsables da cafetería do centro educativo-. A xeira concluíu cunha cea de confraternización entre profesorado e alumnado no Hotel Hesperia de A Coruña.

 

Graduación 2º BACH. Curso 2009-2010

2º de BACHO día vinteun de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Comezouse o acto coa tradicional plantación da árbore. Posteriormente, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.

A continuación as palabras da alumna de segundo curso Claudia Calvelo Ameijeiras, de Yolanda Cabana nai de Miguel Álvarez Cabana, e de José Antonio Rodríguez Amedo en nome do profesorado. Pechou o acto a concelleira de cultura do concello de Oleiros Mª Esther Garrido Pan.

Unha presentación sobre o alumnado de segundo de bacharelato e a entrega de diplomas foi o remate do acto. Posteriormente como xa é tradicional houbo un aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.

Programa do Concerto

Alumnos de 1º de Bacharelato.

  1. Canción india : Rimsky-Korsakov
  2. Obertura da ópera “As vodas de Fígaro”: W.A. Mozart

Alumnos de 2º de Bacharelato

  1. Habanera: M. Girao
  2. Marcha dos granadeiros: R. Schuman
  3. Gaudeamus igitur: Popular
  4. Devil’s dream: Popular irlandesa
  5. Ragtime: S. Jopplin

Selección de fotos do acto

Pode baixar máis fotos do acto: fotos_graduacion_2010.zip[zip.gif, 0 kB, 7,1 MB]

Graduación 2º BACH. Curso 2008-2009

Promoción 2008-2009
Promoción 2008-2009

O día vintedous de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.

A continuación as palabras do alumno de segundo curso Santiago Conde Arias, de Isabel Romero Barciela mai de Manuel Pereiro Romero, e de Xoan Ignacio Taibo Arias en nome do profesorado. Pechou o acto o director do centro José López Couce.

Unha presentación sobre o alumnado de segundo de bacharelato e a entrega de diplomas foi o remate do acto. Posteriormente como xa é tradicional procedeuse á plantación da árbore e ao aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.

Programa do Concerto

Alumnos de 1º de Bacharelato.

  1. Canción india : Rimsky-Korsakov
  2. Obertura da ópera “As vodas de Fígaro”: W.A. Mozart

Alumnos de 2º de Bacharelato

  1. Habanera: M. Girao
  2. Marcha dos granadeiros: R. Schuman
  3. Gaudeamus igitur: Popular
  4. Devil’s dream: Popular irlandesa
  5. Ragtime: S. Jopplin

Pode baixar unha selección de fotos do acto.

Graduación 2º BACH. Curso 2007-2008

Orla da Proomoción
Orla da Proomoción

O día vintetrés de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.

A continuación as palabras da alumna de segundo curso Joheisy Bracho Curros, de María Pato Dieguez mai de Iago Alves da Costa Pato, que nos emocionaron, co recoñecemento da estancia no Centro o labor do profesorado. As palabras do profesor José López Couce foron dirixidas a que o abandono do Centro non debe ser o abandono da cultura integral, e instou a seguir lendo e facéndose preguntas porque “o mundo agora é voso”.

Unha presentación da evolución dos anos no centro educativo do alumnado de agora remata e a entrega de diplomas foi o remate do acto antes de pasar ó aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.

Programa do Concerto

Alumnos de 1º de Bacharelato.

  1. Round Dance: Sheila Nelson
  2. Air de la Petitte Russie: L. van Beethoven
  3. Riverside: Sheila Nelson
  4. Balaio: H. Villalobos
  5. O voso galo: popular galega
  6. Devil´s dream: popular irlandesa

Alumnos de 2º de Bacharelato

  1. Bandas Sonoras: arreglo grupal

Coa colaboración dos alumnos de 2º da ESO: Adela Fernández González: Violín; Adrián Freire: Saxo