O xoves 10 de xaneiro de 2008, o alumnado de 3º ESO realizou unha visita a Coruña cos seguintes obxectivos:
- Participación no Programa de Educación Cívico-Tributaria (PECT). Dito programa está composto polas seguintes actividades:
- Charla sobre os valores que deben presidir a convivencia en toda sociedade democrática, especialmente os de solidariedade, respecto e coidado dos bens públicos. A explicación permitiu descubrir os múltiples servizos públicos que temos os cidadáns, coñecer de onde sae o diñeiro para pagar eses servizos públicos e comprobar que as administracións financiaos principalmente cos impostos que pagamos os cidadáns.
- Visita á dependencia de informática onde se lles permitiu aos alumnos entrar e traballar no Portal de Educación Cívico-Tributaria.
- Con motivo da visita, aos alumnos entregouselles un diploma acreditativo de ter participado nas xornadas de portas abertas e un agasallo.
- Coñecer o Centro Meteorolóxico da Coruña, pertencente ó Instituto Nacional de Meteorología (INM). A visita consistíu nunha charla informativa sobre os métodos de recollida de datos e o seu procesamento cara á difusión informativa dos mesmos, a predición do tempo e o coñecemento do “xardín meteorolóxico”, que alberga os instrumentos de medición (termómetros de máximas e mínimas, pluviómetros, pluviógrafos,…).
- Familiarizarse con algúns exemplos de pintura de paisaxe galega dos séculos XIX e XX, coa finalidade de recoñecer a plasmación plástica dos elementos naturais na pintura realista e impresionista, ademáis de fixar a atención específica en obras de Lloréns que presentan exemplos da costa oleirense.
As actividades prolongáronse ao longo da mañá, de 9.20 a 14.10 horas, e incluiron tamén desprazamentos a pé polo contorno urbano.