Arquivo da categoría: Actividades

Semana Intercultural

Tríptico informativoEra marzo, amencendo abril. Tempo de aprendizaxe e lecer, tempo de recepción e exposición. Mentres unha exposición sobre a muller innovadora na ciencia se exhibía no corredor inferior, mentres alumnado de diversos cursos participaban nun intercambio cun centro bretón, alumnado e profesorado do IES Neira Vilas debullaba e asimilaba os variados coñecementos e visitas que no centro se teceron na Semana Intercultural 2009.

Do 30 de marzo ao 3 de abril tiveron lugar toda unha serie de actividades que integraron letras e ciencias, que nos acompañaron nun paseo pola cultura e o entretenemento. Falouse de trasplantes, da loita da muller polos seus dereitos, de aforro enerxético, de experiencias científicas, da meteoroloxía nas obras de Verne, do surf, do decrecemento, da astronomía, de Darwin… Comemos sopas de diversos lugares do mundo, tan variados como a procedencia do noso alumnado, percorremos boa parte dese mundo na proxección clásica de “A volta ao mundo en oitenta días” (1956), aprendemos da nosa contorna con saídas para concienciarnos sobre a necesidade de reciclar. Todo un rebumbio cultural que non queremos deixar de repetir cada ano.

Por iso ten que quedar na nosa lembranza este momento, porque a colaboración do profesorado foi excepcional, porque a participación do alumnado foi exquisita -e non só do noso, tamén tivemos visita dos nosos veciños de Bastiagueiro, do IES María Casares-, porque a colaboración desinteresada dos diversos poñentes foi un agasallo.

É tempo de agradecer a todo o mundo o seu esforzo, sen esquecerse de ninguén: alumnado, profesorado, concelleira, membros do CEFORE, conserxes, limpadoras. Isto non fixo máis que comezar. O ano vindeiro, MÁIS!!!

 

Intercambio Escolar

París
París

Do 24 de marzo ao 4 de abril de 2009 tivo lugar o 1º Échange co centro francés de Nôtre Dame Le Ménimur (Vannes – Bretaña – Francia), no que participaron 22 alumnas/os de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato. O intercambio tivo lugar acompañando a outras/os tantas/os alumnas/os do IES Puga Ramón, que se intercambiaban con alumnado da mesma localidade, mais do centro de St François Xavier. Ás cinco da tarde do 25 de marzo, o autobús que nos levaba chegou á capela de St Gwenn, onde xoves practicantes de rugby agardan ao transporte respectivo xogando con balóns oblongos. E, mentres tanto, 44 estudantes descenderon un tanto atemorizados, inquedos, nervosos, ante a chegada inminente dos seus “correspondentes” bretóns. Moitas historias individuais arrancaron nese intre, sempre para lembrar.

O xoves 26 visitamos o Museo Arqueolóxico de Vannes, que expresamente abría as súas portas ás nove da mañá para que poidésemos observar, no primeiro piso, restos arqueolóxicos excavados no Morbihan, que delatan os cambios culturais da prehistoria nestes lugares; á saída, Julien contounosos grosso modo a historia de Vannes enlazada á de Bretaña (as orixes galorromanas de Darioritum, as primeiras murallas para defenderse das invasións xermánicas, o retroceso do mar ata o nivel do actual porto, a creación das murallas baixomedievais, o traslado temporal do parlamento bretón desde Rennes durante o reinado do Roi Soleil, a chegada do ferrocarril no século XIX, a liberación polos norteamericanos da vila en agosto de 1944,…) e levounos coñecer os modelos de casas góticas do século XV, unha casa renacentista do XVI, a catedral, as portas das murallas, os vellos lavadeiros reconstruidos no XIX,… Unha mañá de paseo histórico pola vila abríu o camiño a comer cedo -horario europeo, estabamos en Francia- e ser recibidos ás dúas da tarde na casa do concello, onde aos agasallos se engade unha bebida co verre de l’amitié tras a proxección dun video que incidía na recuperación do interese polo mar por parte da cidade que nos acolle. O programa do día incluíu acudir ás clases do lycée e contactar coa vida académica francesa.

Carnac
Carnac

O venres 27 fixemos unha excursión cara ao Norte, pasando por Dinan, Saint-Malo e Mont Saint-Michel, xa na Normandía. Dinan ten un casco histórico medieval ben conservado, que deixamos para chegar a mediodía á desembocadura do Rance, a unha cidade bombardeada en 1944 e en grande parte reconstruída -a cidade fortificada de Saint-Malo-, exposta aos ventos e chea de eventos náuticos, patria pequena de Chateaubriand e punto de partida do explorador de Canadá Jacques Cartier. A choiva impediunos case saír do autobús para comer, mais respetou a nosa chegada ao Mont St-Michel, coa enorme agulla sobre a que se colga a imaxe do arcanxo inundando a visión do horizonte; as pingas de auga salgada baten contra as fortificacións da abadía, na que atopamos o refuxio austero da basílica, o claustro, o refectorio, as criptas e o resto de arquitecturas da Merveille. Finalmente regresamos de noite a Vannes, con máis experiencias na mente.

O fin de semana en familia deixou liberdade para as experiencias individuais. Mais somos conscientes de que parte do alumnado ten visitado o mercado matinal na place des Lices e se tivo familiarizado coas costas recurtadas do golfo de Morbihan.

Na mañá fría do luns 30 de marzo, o autobús levounos cara ao Oeste. Os grandes menhires de Kermario, en Carnac, refulxían nas fiadas de varios km de pedras fitas de grandes dimensións alineadas de leste a oeste que descobren o percorrido astronómico do astro sol en diversas épocas do ano. Despois mercamos biscuits, liqueurs e souvenirs para as nosas familias españolas na Trinitaine, antes de chegar a pasear á cidade vella de Quimper. Kemper -en bretón “confluencia”-, ao borde do Odet e do Steïr, é a antiga Aquilonia, ben resgardada entre unhas murallas case totalmente destruídas, da que poucas casas anteriores ao século XVIII permanecen -houbo un grande incendio daquela, e despois moitas esculturas da catedral de Saint-Corentin tamén foron queimadas en tempos da revolución francesa-, é unha cidade agradable de pasear, na que tivemos ocasión de atoparnos coa “Visión despois do sermón” de Gauguin e outras alegorías bretonas -como a de Jean Brunet, que data de 1908- que nos lembran a importancia dos megalitos, a relixión e as cofias do pays bigouden na recreación destas terras. Grande tarde de sol, horas de crêpes e cidre, tarde de visita á catedral de Saint-Corentin, tan marcada pola desviación do eixo, evidente entre o coro e a nave.

Dinan
Dinan

O martes 31 de marzo estivemos en clase. Á tarde houbo unha homenaxe a Esther Iglesias, a falecida profesora do IES Puga Ramón -co que cooperamos, viaxamos e participamos no échange- que habitualmente viña cos seus alumnos a St François. E Adrián estivo alí para poñer “Negra sombra” no seu saxofón.

A partir de mércores quedáronnos días de lecer en París. Camiñamos polos Campos Elíseos, navegamos sobre as augas do Sena entre lusco e fusco, coñecemos a cidade na súa esencia (Nôtre Dame, Invalides, Campo de Marte, Arco de Triunfo,…), subimos á Tour Eiffel, ascendemos a Montmartre e divertímonos en Eurodisney. Grazas pola vosa participación. Foi un entusiasmo contar cun grupo de alumnas e alumnos estupendo.

Podedes ler e ver máis na crónica bretona do profesor Xosé Antón.

Tamén pode descargar un archivo [ 3,7 Mb] con máis fotos do intercambio.

Obradoiro de danza

Menos 1: Un mundo no que os lados opostos non están tan separados, no que o cambio dun estado a outro sucede de forma continua, onde a risa se convirte en algo triste e a caída nun momento elegante.
Menos 1: Un mundo no que os lados opostos non están tan separados, no que o cambio dun estado a outro sucede de forma continua, onde a risa se convirte en algo triste e a caída nun momento elegante.

O día 31 de marzo con motivo da semana cultural o departamento de educación física levou a cabo un obradoiro de danza contemporánea impartido pola coreográfa Rut Balbis, da Compañia Pisando Ovos. A actividade estivo pensada para alumnos de 3º e 4º de ESO, en horario de 8.30h a 10.10h. En primeiro lugar a coreógrafa impartiu una pequena clase no ximnasio, posteriormente representou a coreografia “Menos 1” no corredor no andar inferior. A actividade foi moi ben acollida, os alumnos tiveron ocasión de preguntarlle a bailarina todas aquelas curiosidades e inquietudes relacionadas con esta disciplina artística.

CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”

2º Parte: “Xente do mundo en Galicia”

19 de xaneiro de 2009

Dª Andrea Franchino, veu desde Arxentina e, a pesar de levar moito tempo en España, non olvida o seu país, nin perde o seu acento… nen o costume de tomar mate.

Explicounos as comida típicas de aló, a vida e a relación con outros compatriotas arxentinos en Galicia.

O final realizouse un coloquío no que participó tamén o su marido.

A charla foi presentada pola súa cuñada Macaren Farias e O delegado de curso Adrián Freire.

San Valentín con poesía

Alumnado participante
Alumnado participante

Alumnos de 3º y 4º ESO organizaron un recital de poesía amorosa no instituto dentro das actividades da materia de de Iniciativas Emprendedoras da profesora Isabel López Mariño.

O recital de poesía amorosa resultou de gran éxito debido a las duras horas ensayadas anteriormente.

Puderon ser oidos poemas de: Becquer, Pablo Neruda, Rosalía de Castro, Ángel González e Antón Avilés de Taramancos.

Tamén se repartiron trípicos e pegatinas alusivas ó tema do acto.

Participaron, de cuarto curso: Marta Fernández, Paz López, Andrea Díaz, Amanda Yagüe e Elba Tenreiro, de terceiro: Rubén Lago, Alexis Marques, Juan Ramil, Aílton Junior Alves, Héctor Pardo, Patricia Figueiras , Ana García , Beatriz Motos, Matthijs Taris, Belén Trobo e Ione Villasante.

As presentadoras foron: Macarena Farías e Laura Vázquez e da música encargáronse Jacobo Machiavello e Julio Ramos .

Saliéntase a gran participación do alumndo neste Primeiro Festival de Poesía amorosa.

Proxecto Comenius

Nesta primeira semana de febreiro realizarase a visita preparatoria a Chieti (Italia) para o establecemento do proyecto Comenius: “Da Tradición ¨Modernidade”. Ademais de Italia e España participan Portugal, Bulgaria e Alemania.

O profesor de Francés do noso centro Carlos Vidal realizará a visita previa para o establecemento dos contactos e a realización das actividades. Estas realizaranse nos vindeiros anos polo profesorado e o alumnado dos diferentes Centros europeos para o intercambio de experiencias e a realización dun traballo conxunto, no que se estuden as diferentes manifestación artísticas, culturais, literarias e de costumes ó longo destes últimos anos en Europa. Esta temática será abordadas desde as diferentes materias educativa.

Visitas de arquitectura e urbanismo II. A Coruña

O día 5 de febreiro o alumnado de 3º curso realizou a visita ó concello de a Coruña para estudar a evolución da arquitectura na cidade. Dese a idade media ata a arquitectura de vangarda. A visita fori organizada polos alumnos: Adrián Freire, Marta Sánchez, Sara Sánchez, Sara Sequeiros, Lidia Candal, Laura Sánchez e Jessica Valadares.

Durante toda a mañán foi analizado e estudiado a arquitectura da Idade Media (igrexa de Santiago e Santa María) , o barroco (Igrexa de Sanxurxo e Santo Domingo e pazo de Cornide Saavedra), historicismo (igrexa de san Andrés), modernismo (casas da rúa Real e San Andrés), ecléctico (banco Pastor e edificios de Linares Rivas), racionalista (mercado de San Agustín), contemporáneo (fundación Luís Seoane, Domus, fundación Caixa Galicia, museo de Arte Sacra) e os Cantóns, plaza das bárbares e xardín de San Carlos.

Exposición:”Cambio climático”

O 2 de febreiro inaugurouse no IES Neira Vilas a exposición “Cambio climático”, en colaboración co CEIDA, para informar e realizar actividades interdisciplinares sobre este problema medioambiental e informarse das solucións e medidas a adoptar ao respecto. A mostra permanecerá no centro educativo ata o 20 de febreiro. Infórmate sobre os contidos da exposición.

Visitas de arquitectura e urbanismo I. Oleiros

Xardín de A Capela
Xardín de A Capela

O día 29 de xaneiro o alumnado de 3º curso realizou a visita ó concello de Oleiros, a varios sitio relevantes do municipio para coñecer cómo a través de convenios urbanísticos e posible a recuperación para os cidadánsa. Este itinerario estivo organizado polo equipo formado por: Daniel Vázquez, Stephania Torres, Pablo Quiroga, Antía L. Mosteiro e Rubén Barcia.

Igrexas, pazos e lugares de interés medioabiental foron recuperados para os veciños. Foi visitada o parque de A Capela, unhas ruinas convertidas nun encantador xardín romántico. O entorno e a igrexa barroca de Lians no interior e exterior e o interesante cementerio, despois o pazo de Lóngora convertido nun centro metereolóxico e hospedería para visitantes da universidade; no castro de Xaz observouse os foxos e murallas. Despois en Santa Cruz, visitouse o monumento á emigración, o castelo e a iglesia , interesante exemplo de arquitectura racionalista, para rematar visitando o fermoso paseo de Bastiagueiro.

Conferencia de D. Alfredo Olañeta

O pasado día 31 de Xaneiro D. Alfredo Olañeta, arquitecto municipal de Oleiros, dictou a conferencia no noso centro educativo dirixida ó alumnado de 3º curso. Principiou explicando qué é un plan de urbanismo, os diferentes plans e os ámbitos de actuación. A continuación enumerou oas fases do urbanismo no noso concello, a evolución dos plans parciais e os plans de futuro. Tamén salientou a recuperación de lugares e edificios gracias ós convenios urbanísticos.