Arquivo da categoría: Actividades

I Escola de Nais e Pais

Escola de Pais
Escola de Pais e Nais

O xoves 29 de xaneiro deron comezo as actividades da I Escola de Nais e Pais organizadas polo IES Neira Vilas. Na primeira sesión, a orientadora educativa do centro, Carmen Ogando, incidíu en consellos prácticos para mellorar os hábitos de estudo, optimizando espazos e tempos co gallo de obter unha mellora no rendemento académico do noso alumnado.

Cartel Escola de Pais e Nais

Escola de Pais
Escola de Pais

CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”

2º Parte: “Xente do mundo en Galicia”

19 de xaneiro de 2009

CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”
CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”

A señora Flor Hidalgo contounos a súa vida en Cuba e as razóns da súa decisión de vir a España. Durante a charla fíxose unha comparación entre a vida en Cuba e a vida en España, os costumes, a maneira de ser, a comida… Tamén presentounos unha análise moi interesante da situación política en Cuba hoxendía.

O coloquio centrouse nas causas da chegada a Galicia e as ventaxas e inconvenientes da emigración.

A charla foi presentada polos alumnos de 3ºA Ricardo Aguila Hidalgo, fillo da conferenciante e Antía López Mosteiro, delegada de curso.

CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”
CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”

CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”

1º Parte: “Galegos no mundo”

No noso centro educativo celebrouse a conferencia de de D. José Ben Millán, avó do alumno Mathijs Tarin Ben o día 16 de Decembro para contar a súa experiencia da estadía en Fernando Poo.

Don José Ben Millan ofreceunos unha interesante conferencia . Empezou pola súa infancia e o tempo que lle tocou vivir: a guerra, a posguerra e a segunda guerra mundial coas súas repercusións na vida económica da xente.

A continuación a decisión de marchar á colonia española de Fernando Poo. Detallou as características xeográficas e os principais recursos económicos. Explicou con detalle o traballo os métodos de organización e as principais producións.

Falounos do clima e das enfermidades que alí había.

Foi moi interesante cando explicou as causas, consecuencias e problemática do proceso de descolonización, vivido por el en primeira persoa tamén.

Foi unha charla moi ben preparada, amena e moi instrutiva para o alumnado.

Conferencias sobre a Memoria Histórica

Conferencia da profesora Carmen García-Rodeja Arribí

A profesora Carmen García-Rodeja Arribí, impartíu a súa conferencia sobre o seu traballo na ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica).

Empezou a charla falando dos obxectivos e fins da Asociación, as actividades realizadas ata o momento e o labor desinteresado dos membros, todos voluntarios.

Explicou tamén a importancia do traballo de arquivos, de documentación e de recuperación do bon nome das prsoas represaliadas ou mortas durante a dictadura.

Aproveitouse tamén para falar do auto sobre desaparecidos emitido polo xuíz Garzón o día anterior.

Rematouse a conferencia coa explicación duha das foxas exhumadas en Galicia. A do Acevo entre Fonsagrada e Grandas. Faluse do proceso de investigación e documentación previa, do labor de organización da exhumación en sí e da consecuencias positivas posteriores para o pobo e as familias.

A charla rematou co coloquio

CONFERENCIAS: “Todos somos emigrantes”

1º Parte: “Galegos no mundo”

No noso centro educativo celebrouse a conferencia de Dª Olga Paredes Pato, tía de Daniel Vázquez Paredes, o 17 de decembro para contar a súa experiencia como emigrante en Alemania.

Dona Olga Paredes Pato, tía de Daniel Vázquez Paredes acudiu o noso centro educativo a falar da súa experiencia en Alemaña: a decisión de marchar, os traballos alí, as condición económicas, a relación con outros traballadores, os tipos de traballo e as diferencias entre os dous países.

Aprendimos a ver as dificultades que se atopa calquera que vai a un país distinto e ten que organizar a súa vida.

Conferencias sobre a Memoria Histórica

Conferencia de D. Serafín Mourelle

D. Serafín Mourelle, impatíu na súa conferencia unha peqeuna historia do século XX en España e as dificultades polas que atravesou a implantación da modernidade.

A continuación falou das dificultades que tivo na súa propia vida e a represión sufrida por el e a súa familia durante a súa infancia, contounos tamén o su inicio como militante no Partido Comunista e as razóns da súa loita contra a dictadura.

Como patrón de barco tamén nos contou a súa vida no mar e os paises coñecidos.

Durante a conferencia estivo acompañado polo seu neto, Mateo, un rapaciño atento e emocionado coas vivencias do seu abó. El foi quen nos mostrou o sextante do su abó.

A conferencia foi seguida dun interesante coloquio.

Wolframio, un tipo con química

Presentación do profesor Laureano Jiménez

O profesor Laureano Jiménez
O profesor Laureano Jiménez

O 23 de outubro o profesor Laurano Jiménez do Departamento de Enxeniería Química da Universidade Rovira i Virgili presentou no noso centro a película “Wolframio, un tipo con química” seleccionada para a primeira edición da Mostra de Ciencia e Cinema organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias celebrada na Coruña do 22 ao 25 de outubro de 2008.

Ademais da proxección da película o profesor Jiménez presentou, de forma interactiva o material didáctico asociado a mesma. Asistiron os alumnos de 1º e 2º do bacharelato científico.

Torneo de fútbol intercentros

Xogada do partido
Xogada do partido

Con gran éxito de público, celebrouse a final do torneo deportivo intercentros entre o IES Miraflores e IES Neira Vilas.

Os equipos estaban formados por alumnos de diferentes cursos e despois dunha final moi disputada o IES Miraflores conquistou o Trofeo Intercentros.

Durante o partido o grupo de animadores de 1º de ESO curso realizou unha coreografia moi aplaudida.

Este torneo é unha das actividades realizadas polo equipo de mediación do noso centro. Tamén foron os encargados dos ensaios das animadoras, da organización do acto e do seu desenvolvemento, por certo impecable.

Crónica Romana

En Piazza Spagna
En Piazza Spagna

Catro alumnas e unha profesora, catro alumnos e un profesor, unha familia hoxe numerosa mais ben levada, camiñou por Roma durante cinco días ao descobremento da antigüidade clásica, á percura dos restos paleocristiáns, á busca da monumentalidade renacentista e barroca, co anceio de adaptarse ao contorno e converterse en romanos auténticos, incluso a poder ser confundidos entre a “gente de Roma” que filmaba Ettore Scola.

Levabamos un planning de viaxe, e o lecer nunca está inimizado coa aprendizaxe; hai tempo para soñar e aprender, para camiñar e comer, para ver, ollar, disfrutar… Estaban esperándonos os foros imperiais, as catacumbas paleocristiás, o grande Coliseo e a Via Appia Antica, agardábannos igrexas e prazas, esculturas de Bernini e pinturas de Rafael Sanzio, tendas de Ferrari e vías de luxo e dolce far niente, parques inmensos, fontes, rúas… Agardábannos o autobús e o metro, o ristorante e a pizzería, a noite e o día do Campo di Fiori.

Na escaleira de saída dos Museos Vaticanos
Na escaleira de saída dos Museos Vaticanos

Baixo un sol de xustiza, mais sen baixar o ritmo e a garda, as colinas da Cidade Eterna sentiron a nosa pegada. E coido que tamén a urbe deixou pegada en nós. Tanto que pediamos días extras para seguir internándonos na intrahistoria da romulorremiana cidade. Estivemos aos pés da cúpula de San Pedro do Vaticano e subimos ata a lanterna, ollamos Roma desde arriba e vimos o subsolo perforado polas estacións de metro e as catacumbas, mantivémonos xuntos baixo o arco de Septimio Severo afirmando unha unidade de grupo, “perdoamos” a vida dos gladiadores na arena do Coliseo, formamos un círculo de ledicia no céspede de Villa Borghese e unha ringleira diante do Tíber. Bebemos auga fresca das fontes, disfrutamos de espectáculos públicos, corremos para atrapar o autobús,…

Hai 180 anos, un 23 de xuño, Stendhal escribía que “en Roma, cando se pode, hai que vivir tres días no mundo constantemente rodeado de compañeiros xoviais, e tres días nunha completa soedade. As persoas que teñen alma tolearían se estivesen sempre soas.”  Nós fomos un grupo sempre, unido e alegre, ás veces arrastrado pola calor, sempre ilusionado co descobremento. A Roma dos Césares e dos Papas, a da dolce vita e a miserenta, a nocturna e a de días caldos, a Roma Eterna e a de hoxe en día, acolléronnos durante 120 horas para disfrutar dun belo paseo. Quizás non tivemos tempo de experimentar o mal de Sthendal, mais tivemos oportunidade de disfrutar como calquera viaxeiro do Grand Tour.

Se queres ler máis consulta: http://xosea.wordpress.com/2008/06/18/desde-roma/

Proxecto Interdisciplinar

Nos derradeiros dias de xuño levouse a cabo unha exposición do traballo feito no proxecto interdisciplinar polo alumnado de 1º de ESO.

O proxecto interdisciplinar é un achegamento, de forma conxunta, compartida, aos saberes das outras materias do currículo. Co tema “A Vexetación Autóctona de Oleiros”, dedicóuselle unha hora semanal ao longo de todo o curso, nas aulas de primeiro de ESO.

O estudio do tema elixido fíxose desde varios disciplinas : Ciencias Sociais (mapas de climas do mundo, de Europa, de España e de Oleiros e as características do clima da zona xeográfica na que se sitúa Oleiros. Vexetación autóctona que medra nestes espazos xeográficos que presentan esas características) , as Ciencias Naturais (características da vexetación autóctona. Estudio de cada una das especies: Castiñeiro, carballo, Piñeiro, toxo, xesta, fieitos, queiruga), Plástica (debuxo das árbores, follas, frores e froitos de cada una delas), Lingua (comprensión e expresión de textos, recollida de información, s, expresión oral)…

Estudiaronse as seguintes plantas: castiñeiro, carballo, piñeiro, toxo, xesta, queiroa e fieito.

Unha vez feita a recollida de datos fíxose unha composición con cada unha das plantas.

O resultado final é o que aparece nas fotos.