Arquivo da categoría: Actividades

Actividades do curso 2007-2008

Pode consultar a memoria das actividades levadas a cabo no curso 2007-2008.

DATA PROFESORES GRUPO ACTIVIDADE
do 23 ao 27de xuño varios 1º ESO Proxecto Interdisciplinar
20 de xuño Juan Manuel Neira Fernández
Diego Mazas Brandáriz
3º ESO Visita a Sotavento
do 18 ao 23 de xuño Eva Tizón Zas
Xosé Antón García González
4º ESO Viaxe cultural a Roma
19 de xuño Equipo de mediación Todos Torneo Intercentros
do 14 ao 18 de abril 2008 Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía Todos IV Semana da Ciencia
do 14 ao 18 de abril 2008 Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía Todos Presentación “Cultivo Hidropónico”
do 14 ao 18 de abril 2008 Bioloxía e Xeoloxía Todos Exposición sobre O Mar
do 14 ao 18 de abril 2008 Física e Química Alumnos do departamento Ciencia Recreativa
do 14 ao 18 de abril 2008 Tecnoloxía Todos IV Exposición de Proxectos
abril 2008 Carmen García-Rodeja 4º ESO Charlas de Historia
26 de marzo 2008 Departamento de Galego 1º e 2º de ESO Charla-coloquio con Antonio Reigosa
31/03/08 ata 7/04/08 Isabel López Mariño 3A e 3B de Obradoiro de iniciativas emprendedoras Almorzos para a saúde
febreiro e marzo 2008 varios 1º e 3º de ESO, 1º e 2º de BACH Darknesscuridade. O maratón de lectura
1/02/08 Todos Todos Entroido 2008
11/02/08 Xosé Manuel Martínez Fraguela Todos Olimpíada do Saber
18/01/08 Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO, 2º BACH [Ciencias] Visita ao Complexo medioambiental de Sogama
16/01/08 Equipo de Mediación Varios Charla do Equipo de Mediación na universidade da Coruña
12/01/08 ata 19/01/08 Departamento de Educación Física Varios Semana Branca Andorra 2008
10/01/08 Departamentos de Economía e Xeografía e Historia 3º ESO Visita a Facenda, INM e Museo de Belas Artes (A Coruña)
19/10/07 Departamento de Lingua e Literatura Española e Departamento de Educación Física 1º ESO Visita ao bosque animado de Cecebre, Villa Florentina e Aula da Natureza de Crendes (Abegondo)

Viaxe formativa ao parque eólico experimental de sotavento

Vista xeral das instalacións de produción de hidróxeno a partir da auga mediante a rotura da molécula de auga, usando enerxía sobrante procedente do parque eólico.
Vista xeral das instalacións de produción de hidróxeno
a partir da auga mediante a rotura da molécula de auga,
usando enerxía sobrante procedente do parque eólico.

Realizouse unha visita ao Parque eólico experimental cos alumnos e alumnas de 3º-ESO o derradeiro día escolar deste curso (20/06/08).

Entre as 9 e 14 horas estivemos nas instalacións de Sotavento na Serra da Loba en Xermade (Lugo). Tivemos sorte xa que a visita coincideu coa inauguración oficial dunha exposición de aparatos de medida antigos e os primeiros xeradores de corrente eléctrica que funcionaron nos ríos galegos (cidade de Pontevedra e mosteiro de Oseira). Acudimos á inauguración como público aplaudindo as intervencións do director do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e a xerente do MACUF (museu de arte contemporáneo de Unión Fenosa).

Dividímonos en dous grupos con dous agradables monitores que nos acompañaron e explicaron os aspectos máis importantes do aforro enerxético e as enerxías alternativas.

Un dia disfrutando coa auga

O día 19 de Xunio o grupo de alumnos de 3º curso dentro da materia de Iniciativas enprendedoras coa súa profesora Isabel López Mariño pasaron un día de lecer no Talaso da Casa da auga de A Coruña.

Durante toda unha mañán puderon disfrutar dos beneficios hídricos despois de tantos días de traballo e de exames.

Esta saida foi posible gracias ós beneficios obtidos despois das xestións realizadas ó longo do curso para a realización de diversas actividades, entre elas a dos almorzos saudables.

Proxecto Oleiros solidario

Alumnos do Instituto reciben o premio pola curtametraxe feita para o concurso de guións.

Agradecemento de Rebeca Salvador
Agradecemento de Rebeca Salvador

O día 19 de Xunio foi o acto final do proxecto “Oleiros Solidario” que por cuarto ano organiza a concellaría de Bienestar Social do concello de Oleiros. Durante toda tarde no entorno do castelo de Santa Cruz celebráronse unha serie de actividades e xogos en relación coas outras culturas e paises: xogos con mapas, realización de murais, obradoiros etnográficos: tatuaxes, ceremonia do te, stands e exposicións. Despois da actuación musical, procedeuse á entrega de premios de guións de videos. Foron premiados do noso centro educativo a curta metraxe titulada: “Indixenismos” e realizada por os alumnos: Claudai Calvelo, Bruno Bargo, Miguel Alvarez e Rebeca Salvador. Esta última pronunciou unhas palabras de agradecemento ás Ongs, o concello de Oleiros e máis o centro educativo.

Foi pechado o acto coa intervención da responsable do evento, Mar Barreiro, da concelleira de Servicios sociais e do alcalde do municipio.

Entrega de premios de Escola Guapa e debut do coro de profesores

Entrega de Premios Escola Guapa
Entrega de Premios Escola Guapa

O día 17 de xunio no noso centro educativo entregáronse os premios de Escola Guapa ás aulas máis limpas.

O premio foi recibido polos curso 4º C e 1º A, cada un dos alumnos recibiu un agasallo de mans do director do centro e do grupo de profesores colaboradores.

O broche e sorpresa final foi o debut do coro de profesores. Grupo coral formado por quince profesores e personal non docente que interpretaron unha peza clásica de música tradicional galega.

O grupo coral tivo un gran éxito de público e crítica.

Graduación 2º BACH. Curso 2007-2008

Orla da Proomoción
Orla da Proomoción

O día vintetrés de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.

A continuación as palabras da alumna de segundo curso Joheisy Bracho Curros, de María Pato Dieguez mai de Iago Alves da Costa Pato, que nos emocionaron, co recoñecemento da estancia no Centro o labor do profesorado. As palabras do profesor José López Couce foron dirixidas a que o abandono do Centro non debe ser o abandono da cultura integral, e instou a seguir lendo e facéndose preguntas porque “o mundo agora é voso”.

Unha presentación da evolución dos anos no centro educativo do alumnado de agora remata e a entrega de diplomas foi o remate do acto antes de pasar ó aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.

Programa do Concerto

Alumnos de 1º de Bacharelato.

  1. Round Dance: Sheila Nelson
  2. Air de la Petitte Russie: L. van Beethoven
  3. Riverside: Sheila Nelson
  4. Balaio: H. Villalobos
  5. O voso galo: popular galega
  6. Devil´s dream: popular irlandesa

Alumnos de 2º de Bacharelato

  1. Bandas Sonoras: arreglo grupal

Coa colaboración dos alumnos de 2º da ESO: Adela Fernández González: Violín; Adrián Freire: Saxo

Entrevista a Angeles Albacete Casares

Ángeles Albacete Casares
Ángeles Albacete Casares

“Co traballo podes ir sabendo o que che gusta”

Ángeles Albacete Casares ten dezasete anos e naceu e vive en San Pedro de Nós, pasou dous anos da súa infancia en Francia e está desde o ano pasado no Centro. Angeles compaxina traballo e estudio desde os quince anos. Traballou coidando nenos, de auxiliar de peluquería, de etiquetadora nunha tenda de marca, de axudante de cociña e de camareira.

“O traballo é un paso para ir aprendendo da vida”

¿Cando decides empezar a traballar?

Sempre quixen millor traballar que estudiar. Empecei ós quince anos.

¿Puxeronche inconvenientes na casa?

Algúns. Sempre me diceron que primeiro son os estudios e cando traballaba non estudiaba tanto e non axudaba na casa.

¿Cómo combinas hoxe o traballo e o estudio?

Agora só traballo venres e sábado na peluquería da miña nai. Noutras veces traballei na noites do venres e sábado e chegaba a casa á mañanciña. Cando traballaba polas tarde era no vran e coidando nenos. Tamén tiven outros traballos que eran sábados, domingos e festivos.

¿Cal foi o traballo que che gustou máis?

Cando traballei na cafetería restaurante do club de Golf porque os compañeiros eran novos e, ensinábanme e levabamosnos moi ben.

Noutros traballos había moita competitividade e tamén era con xente maior que non quería ensinarche.

¿Recomendarías ós adolescentes traballar?

Si, o traballo é un paso para ir aprendendo da vida, vas sabendo de que va e axúdate para o teu futuro na vida. Vaste afacendo ó esforzo e ás dificultades . O día de mañán ya o probaches e xa podes saber o que che gusta.

¿Qué tal o soldo?

Non é moito; ás veces non pagan todo o que deberían.

¿Fanche contrato?

Non en todos os casos.

¿Gústache a relación co público?

Dame igual , se estás cara ó público ou estás cos compañeiros, trato hai igual.

¿Qué fas co diñeiro que ganas?

Unha parte o gardo para cando sexa maior e o outro o invirto en pasantías salvo algún día que o gasto nalgún capricho.

¿Podes ben traballar e estudiar?

As desventaxas é que si é as fins de semana nos tes tempo a estudiar, é millor traballar pola semán e ter libre os festivos para poder adiantar os estudios.

¿Por qué hai tan pouca xente que traballa?

A xente só quere ter diñeiro a cambio de nada. Eso no pode ser. Se queres traballar, trabalalr. Non sole haber problemas. Pero non se debe traballar en algo que non che guste.

Lo que es bueno es que así valoras si te gusta trabajar o estudiar.

¿Traballan os teus familiares novos?

Todas as miñas primas traballan ainda que son novas. Deixaron de estudiar porque lles gusta máis o traballo. Non están sen facer nada. Algunhas estudian tamén.

¿Cal é maior inconveniente de traballar?

Que che quita de sair, o problema é que o traballar o sábado non podía xusto sair es día e quedar coa xente.

¿Recomendarías traballar?

Sí , se realmente teñen interés, senón débese facer outra cousa porque non vas perder o tempo.

CGR e JAS Marzo, 2008

Escola Guapa de novo no noso Centro

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio seguirá, como anos anteriores, a funcionar o proxecto Escola Guapa. En colaboración co concello de Oleiros e a Concellalía de Educación, pretendemos ter un centro bonito, limpo, saudable e ecolóxico.

Para todo esto un equipo de alumnos, profesores e monitores, estamos a traballar en actividades de xardinería, compostaxe, limpeza, dinamización e proxectos medioambientais.

Ademáis da satisfacción de ter un Centro coidado e limpo, o equipo de E.G. levará un premio complementario.

Concurso “Día das Letras Galegas 2008”

Coincidindo coa data das Letras Galegas, o seminario de Lingua Galega e Literatura, o Departamento de Normalización Lingüística e o equipo da Biblioteca do IES Xosé Neira Vilas, convocou un concurso de redacción (en prosa e en verso).

Traballos premiados

Categoría a) (primeiros tres cursos de ESO)
Relato, primeiro premio título A inmigración autora Paz Estraviz Vigo 3º ESO B
Accésit título O pantano. Autora Marilyn Rodríguez Cebreiro 3º ESO
poema, primeiro premio deserto
accésit título A miña musa. Autor Samuel Gantes Gómez 3º ESO A
Categoría b) (cuarto curso de ESO, Bacharelato)
relato, primeiro premio título O xefe de estudos. Autor Cibrán Tenreiro Uzal 2º Bach B
accésit título O retrato. Autor Miguel Trobo Vázquez 1º Bach B
poema, primeiro premio título Esvástica . Autor Cibrán Tenreiro Uzal 2º Bach B
accésit deserto

A Olimpíada do Saber

(Ver a clasificación da Olimpíada)

Bases Xerais

  • A Olimpíada do Saber
    A Olimpíada do Saber

    Establécense unha soa modalidade:

  • ESO e BACHARELATO
  • Cada día, de Luns a Venres ás 10:15 a.m. publicarase nos taboleiros do vestíbulo e da entrada da Biblioteca, “A pregunta do día” unha pregunta de cultura xeral.
  • Ademais, todas as semanas, alternativamente, proporase, ademais da pregunta diaria, “A Aposta da Semana” ou o xogo de “Pista a Pista”(Ver bases).
  • A inscrición de equipos farase na Biblioteca en calquera momento, antes ou durante a Olimpíada
  • O profesor encargado da Olimpíada (Xosé Manuel Martínez Fraguela ) dará fe da entrega das respostas
  • Ao remate da Olimpíada, e en caso de empate, celebrarase un desempate en lugar e hora axeitadas.
  • Os equipos estarán compostos por cinco membros como máximo, PODENDO SER OU NON DA MESMA CLASE, CURSO e NIVEL (ESO e BACH.).
  • O equipo que ao final acade máis puntos será o gañador do concurso.
  • Os profesores/as non deben resolverlles a pregunta, como única axuda poden orientalos sobre o tipo de libros a consultar.
  • Se o xurado detecta outro tipo de axuda descalificará ao equipo concursante.
  • En caso de reclamación, ésta entregarase por escrito na Biblioteca antes das 10:15 do día seguinte á publicación da resposta motivo da citada reclamación.

Os premios consistentes en material deportivo e/ou cultural, serán:

  1. premio por valor de 150 €uros ó equipo clasificado en 1º lugar
  2. premio por valor de 100 €uros ó equipo clasificado en 2º lugar
  3. premio por valor de 50 €uros ó equipo clasificado en 3º lugar

Pode descargar as Bases Olimpíada [pdf.gif, 0 kB 41 kb]