A señora Flor Hidalgo contounos a súa vida en Cuba e as razóns da súa decisión de vir a España. Durante a charla fíxose unha comparación entre a vida en Cuba e a vida en España, os costumes, a maneira de ser, a comida… Tamén presentounos unha análise moi interesante da situación política en Cuba hoxendía.
O coloquio centrouse nas causas da chegada a Galicia e as ventaxas e inconvenientes da emigración.
A charla foi presentada polos alumnos de 3ºA Ricardo Aguila Hidalgo, fillo da conferenciante e Antía López Mosteiro, delegada de curso.
No noso centro educativo celebrouse a conferencia de de D. José Ben Millán, avó do alumno Mathijs Tarin Ben o día 16 de Decembro para contar a súa experiencia da estadía en Fernando Poo.
Don José Ben Millan ofreceunos unha interesante conferencia . Empezou pola súa infancia e o tempo que lle tocou vivir: a guerra, a posguerra e a segunda guerra mundial coas súas repercusións na vida económica da xente.
A continuación a decisión de marchar á colonia española de Fernando Poo. Detallou as características xeográficas e os principais recursos económicos. Explicou con detalle o traballo os métodos de organización e as principais producións.
Falounos do clima e das enfermidades que alí había.
Foi moi interesante cando explicou as causas, consecuencias e problemática do proceso de descolonización, vivido por el en primeira persoa tamén.
Foi unha charla moi ben preparada, amena e moi instrutiva para o alumnado.
Conferencia da profesora Carmen García-Rodeja Arribí
A profesora Carmen García-Rodeja Arribí, impartíu a súa conferencia sobre o seu traballo na ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica).
Empezou a charla falando dos obxectivos e fins da Asociación, as actividades realizadas ata o momento e o labor desinteresado dos membros, todos voluntarios.
Explicou tamén a importancia do traballo de arquivos, de documentación e de recuperación do bon nome das prsoas represaliadas ou mortas durante a dictadura.
Aproveitouse tamén para falar do auto sobre desaparecidos emitido polo xuíz Garzón o día anterior.
Rematouse a conferencia coa explicación duha das foxas exhumadas en Galicia. A do Acevo entre Fonsagrada e Grandas. Faluse do proceso de investigación e documentación previa, do labor de organización da exhumación en sí e da consecuencias positivas posteriores para o pobo e as familias.
A charla rematou co coloquio
Conferencia da profesora Carmen García-Rodeja Arribí
Conferencia da profesora Carmen García-Rodeja Arribí
Conferencia da profesora Carmen García-Rodeja Arribí
No noso centro educativo celebrouse a conferencia de Dª Olga Paredes Pato, tía de Daniel Vázquez Paredes, o 17 de decembro para contar a súa experiencia como emigrante en Alemania.
Dona Olga Paredes Pato, tía de Daniel Vázquez Paredes acudiu o noso centro educativo a falar da súa experiencia en Alemaña: a decisión de marchar, os traballos alí, as condición económicas, a relación con outros traballadores, os tipos de traballo e as diferencias entre os dous países.
Aprendimos a ver as dificultades que se atopa calquera que vai a un país distinto e ten que organizar a súa vida.
D. Serafín Mourelle, impatíu na súa conferencia unha peqeuna historia do século XX en España e as dificultades polas que atravesou a implantación da modernidade.
A continuación falou das dificultades que tivo na súa propia vida e a represión sufrida por el e a súa familia durante a súa infancia, contounos tamén o su inicio como militante no Partido Comunista e as razóns da súa loita contra a dictadura.
Como patrón de barco tamén nos contou a súa vida no mar e os paises coñecidos.
Durante a conferencia estivo acompañado polo seu neto, Mateo, un rapaciño atento e emocionado coas vivencias do seu abó. El foi quen nos mostrou o sextante do su abó.
A conferencia foi seguida dun interesante coloquio.
O 23 de outubro o profesor Laurano Jiménez do Departamento de Enxeniería Química da Universidade Rovira i Virgili presentou no noso centro a película “Wolframio, un tipo con química” seleccionada para a primeira edición da Mostra de Ciencia e Cinema organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias celebrada na Coruña do 22 ao 25 de outubro de 2008.
Ademais da proxección da película o profesor Jiménez presentou, de forma interactiva o material didáctico asociado a mesma. Asistiron os alumnos de 1º e 2º do bacharelato científico.
Durante o mes de Abril celebráronse unha serie de charlas e visionado de películas, dentro das actividades do Departamento de Historia.
Estas actividades están en relación co traballo realizado en cuarto de ESO sobre as biografías dos seus abós.
A charla de : D. Serafín Mourelle, foi organizada polos a alumnos de cuarto B, Nicolás Villegas, Noelia González e Juán Martínez Piñeiro. Foi lido o poema de Celaya “la poesía es una arma cargada de futuro” por Nuria Amado, Ana Barcón, Laura Grobas e Héctor Galindo.
Dª Carmen Miguez Sanguiñedo, foi acompañada na charla por Tamara Rosende e Angeles Albacete, formaron parte da comisión de organización Cristian Garea e Oscar Vázquez. Jéssica Vilariño e Jénnifer Alvarez leron uns poemas de Juan Gelman e de Benedetti.
O filme “Ay Carmela” de Carlos Saura foi organizado por Claudia Calvelo e presentado por Patricia Villar.
Eles chámanse a sí mesmos a generación do ollo do furacán porque tiñan poucos anos cando comenzou a guerra e as súas consecuencias.
O seu pai estaba na pesca en Asturias e marcha ó frente republicano voluntario, despois cando as tropas nacionais tomas Asturias, escapa xunto con outros y remata nun campo de concentración en León.
El non coñecía ó seu pai. Un día, en Corme, dixéronlle: “Talliño, o teu pai está na calle” e alegría foi enorme porque pensaran que morrera. El, Serafín estaba contento porque non sabía o que era ter un pai.
De neno sentíu a represión ; cando acudía ó Auxilio Social –so comedores que se montaron para paliar a fame da posguerra- tiña que oir: “Os fillos dos roxos non poden entrar”
Esto, a escola, a represión fixo que tomara conciencia da situación na que vivía España neses momentos.
No 1957 embárcase e coñece mundo. Por aí adiante ve tamén cómo funcionan outros paises que non teñen unha dictadura. Tamén, como outras moitas persoas conecta coa realidad “real” o pais a través de radio Parrís ou a radio Pirenaica.
No ano 1972 conecta a traves de Stella Maris, grupos cristianos que apoiaban a xente do mar, con outra xente de diferente partidso políticos e empeza a militar no Partido Comunista.
Nace en Montevideo (Uruguay) no ano 1948. Ten 59 anos.
Os pais eran de Miño, os dous marchan ó Uruguay.
A nai marcha en 1937 fuxindo por Portugal. Marchou cun balazo no ombligo. “Mi madre no me contó porqué” pero a situación era horrible. Cóntanos que xa mataran á maestra Doña María, filla do farmacéutico D. Joaquín.“Era horrible las venganzas que había en los pueblos, y era horrible también la iglesia”
O seu pai ya marchara no 1928 . Eran cuatro irmáns e a pesar ser a nai viuda reclutan a tres deles para o servicio militar.
El so voltou para ver á súa nai antes de morrer. Prometeu non volver ata que morrera Franco.
Un hirmán (tío dela) Manuel Miguez Cordal se escapou durante a guerra. Estivo no frente republicano e marchou despois a Rusia.
Carmen viviu –de referencias- a dictadura de Franco pero logo tocoulle vivir dúas na súa propia vida: no Uruguay no 1973, fuxe despues a Argentina e alí al ha de sufrirla de novo en 1976 .
Ven coa súa familia a España escapando de novo, agora da críse económica: el corralito. Establécese no 2002 en Coruña y empeza unha nova vida co seu marido que non cobra xubilación e fillos estudiando.
A súa vida é como a de tantos emigrantes, de emigrante aló, emigrante acó….
O pasado día 26 de marzo de 2008, ás 10:30 horas, tivo lugar no salón de actos do IES Xosé Neira Vilas un encontro entre o alumnado de 1º e 2º de E.S.O e o escritor Antonio Reigosa.
Nun ambiente distendido e coloquial falouse da traxectoria do autor, das súas orixes e dos seus proxectos, recreandonos na súa obra para chegar a coñecelo mellor a el. Destacamos que entre o alumnado as obras de maior exito foron Memorias dun raposo, Resalgarío e en menor medida, Bacoriño. O acto rematou as 12:30 horas, asinando alguns exemplares e autógrafos.
Todo un éxito!
Portada de Resalgario
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)