O próximo luns 4 de maio chegarán a Oleiros 33 alumnas e alumnos do colexio Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes.
Virán acompañados de 3 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apertada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e para acercarse a Portugal; teremos o sábado 9 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 12 do próximo mes de maio.
Desexámoslles unha boa estadía e que desfruten da nosa terra.
Arquivo da categoría: Departamentos
Investigando no museo arqueolóxico
INVESTIGANDO NO MUSEO ARQUEOLÓXICO
O pasado día 15 de Abril o alumnado de 1º curso realizou prácticas de arqueoloxía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia: Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen García Rodeja e guiados polos seus compañeiros monitores.
Visita á Universidade
O alumnado de 2º de bacharelato acudiu o pasado venres 6 de marzo a varias facultades da Universidade da Coruña.
Visitaron as instalacións e recibiron información de primeira man por parte do profesorado e alumnado dos distintos centros universitarios.
Échange Scolaire // Intercambio Escolar
VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-
O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.
Co obxetivo de fomentar e profundizar no estudio da lingua francesa, 42 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIIº ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 17 e 28 de marzo e estarán acompañdos polos profesores Dona Isabel López Mariño, Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e este ano e como novidade ao incoporarse o alumnado BACHIBAC asistirán as clases no Lycée Notre Dame Le Menimur
O Intercambio rematará coa visita a París e o último día irán a Eurodisney.
O alumnado francés e o profesorado acompañante serán os nosos invitados no mes de maio.
Monitores no Museo
Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.
A actividade foi realizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o alumnado foi acompañado pola profesora Carmen García-Rodeja. No Museo desenvolveron o proxecto de traballo que é a realización dunha guía didáctica que eles, como monitores, prepararán para organizar a visita cos seus compañeiros. Foi desenvolvido o proxecto incidindo en cada unha das seccións do Museo arqueolóxico para identificar as pezas e implicalas no contexto histórico. Tamén foi realizado un taller de arqueoloxía coa catalogación de obxectos e un obradoiro de cerámica.
Curso residencial en Inglés para alumnado de 3º da ESO
O IESP Xosé Neira Vilas participa este curso por primeira vez no Programa de Cursos Residencias de Inmersión en Inglés organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa incorporación aos mesmos de 25 alumnos e alumnas de 3º da ESO.
Este programa está deseñado para estudantes que posúen un coñecemento de inglés e que necesitan perfeccionar tanto a fluidez verbal como a comprensión auditiva. Os participantes recibirán cinco horas de clase de luns a venres e realizarán actividades nas que farán uso do inglés en situacións comunicativas reais, todo nun ambiente angloparlante na liña dos programas que Play & Say ven levando a cabo desde hai moitos anos.
O curso terá lugar nas instalacións da aldea que Gas Natural Fenosa ten en Os Peares (Lugo), do 23 ao 29 de novembro. As familias dos participantes non terán que abonar directamente ningunha cantidade polo mesmo nin polo aloxamento e manutención, sendo pola súa conta só os traslados.
Pode ver a documentación de presentación do curso con información sobre o contido do mesmo e as normas de funcionamento (menús, equipación persoal, urxencias, sitio web, …).
V Día da Ciencia en Galego
O mércores 5 de novembro o alumnado de 4º de ESO participou nunha videoconferencia con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organizada pola Coodinadora Galega de ENDL.
- Título: A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)
- Relator: Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educative e da aplicación. Páxinas web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/
- Sinopse: introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.