Excelentes resultados do alumnado do IES P Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministerio de Educación de Francia.
Os 28 alumnos do Centro acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (12 alumnos), B1 (11 alumnos) e B2 (5 alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato].
A nosa máis sincera noraboa!
“Para min foi un reto o traballo tan participativo e interactivo no Neira Vilas”
Marie-Noëlle Chapelle, belga de Fleurus, de vinte seis anos é licenciada pola universidade de Lovaina, foi a lectora de Francés durante este curso 2014 15 no noso Instituto
Tiveches algún traballo antes de ser profesora?
Si, traballei como animadora con nenos nos veráns, foi unha experiencia moi interesante porque os cativos necesitan moito movemento e actividades e tiven que resolver novos recursos e actividades para captar a súa atención.
Logo neste centro foi o primeiro contacto coa docencia?
Si é foi unha magnífica experiencia para empezar. Foi un cambio moi grande, é maís dificultoso traballar porque o alumnado debe estar sen moverse. Ao principio os rapaces falaban menos, despois xa tiñan moita confianza.
Que foi o máis difícil?
Non é difícil pero gostabeme que fixeran preguntas seguido. Había moita participación na aula.
Que foi o que máis che gustou do Instituto Neira Vilas?
Que tiven moi boa relación co profesorado. O máis interesante para min foi o traballo con profesor Xosé Antón García ( profesor de Historia na sección plurilingüe) polo seu método de traballo diferente e interactivo. Traballar en equipo e coas novas tecnoloxías era un reto para mi. Foi moi interesante, antes era escoitar e estudar, agora é estudar, falar e contalo.
É util?
Si porque o alumnado fala do que coñece e faise moito máis fluída a conversa.
Como valoras o traballo do Departamento de Francés?
Moi bo, o alumnado ten un nivel estupendo e comparado con outros centros máis. Isto seino porque estou en contacto con moitos profesores auxiliares de Francés . Dispoñen de moitos apoios, de moito interese do profesorado, fanse intercambios e clases complementarias. Tamén ter materias en Francés axuda moito porque os rapaces ven utilidade la Lingua francesa.
Que che gusta e que non de Galicia?
De Galicia gústame todo, a paisaxe é preciosa, céltica. A xente é moi amable e sempre disposta para falar e para vivir. Hai moita vida na rúa e encántame tomar tapas e estar coa xente. Tamén me encanta a comida.
Gústame tamén o amor ó galego, a lingua valoa está esmorecendo.
O malo é que é difícil adaptarse ó horario e a xente fuma moito.
Tes ganas de volver?
Si, teño ganas de volver para coñecer máis o interior de Galicia. E volverei.
O próximo luns 4 de maio chegarán a Oleiros 33 alumnas e alumnos do colexio Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes.
Virán acompañados de 3 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apertada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e para acercarse a Portugal; teremos o sábado 9 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 12 do próximo mes de maio.
Desexámoslles unha boa estadía e que desfruten da nosa terra.
54 alumnas e alumnos da Sección Plurilingüe e este ano tamén os de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñecen cidades e países da U.E., este curso a Amsterdam e estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Marie-Noëlle Chapelle . As datas da viaxe son do 30 de abril a 4 de maio.
Nesta cidade visitaremos a Casa Museo de Ana Frank, o Museo Vang Gogh, o Rijsmuseum e o Museo da Ciencia NEMO ( o museo de ciencia e tecnoloxía mais importante de Holanda), sen esquecer o paseo polos canais da fermosa cidade de Amterdam, tamén aproveitaremos para coñecer os recunchos mais tradicionais da cidade como o Mercado das Flores , o Mercado de Albert Cuyp, a Praza Dam, o parque Vondelpark etc…
VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-
O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.
Co obxetivo de fomentar e profundizar no estudio da lingua francesa, 42 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIIº ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 17 e 28 de marzo e estarán acompañdos polos profesores Dona Isabel López Mariño, Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e este ano e como novidade ao incoporarse o alumnado BACHIBAC asistirán as clases no Lycée Notre Dame Le Menimur
O Intercambio rematará coa visita a París e o último día irán a Eurodisney.
O alumnado francés e o profesorado acompañante serán os nosos invitados no mes de maio.
Con motivo dos atentados ao CHARLIE HEBDO en Paris o alumnado e o profesorado do IESP Xosé Neira Vilas mandou ao Director do Centro L.M. Soupiot, co que levamos facendo o Intercambio Escolar (COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES) un correo electrónico de solidariedade e de repulsa por estes feitos , acompañado dunhas fotos..
Este foi o correo :
Cher Louis-Marie, Alors que ces derniers jours l’actualité nous rappellent le poids d’une image, je te fais parvenir un message graphique de la part de nos élèves de l’IESP Xosé Neira Vilas. Il s’agit d’un message qu’ils ont voulu que je te fasse parvenir en tant que représentant de leur collège en France, un message qui vient de leurs coeurs de jeunes citoyens. On souhaite que les crayons restent le symbole de l’école et que ce qui coule ce ne soit plus jamais le sang mais l’encre de missives d’amitié comme celles de nos échanges scolaires. À Oleiros, on est Charlie parce qu’on est vannetais. Fraternellement
( Estimado Louis-Marie, Os acontecementos destes dias recordannos o peso dunha imaxe, e en nome do profesorado e o alumnado do noso centre fágoche chegar esta mensaxe. Trátase dunha mensaxe que che queremos facer chegar como Director do centro co que facemos o Intercambio , é unha mensaxe que sae dos corazóns dos todos nos. Desexamos que os lápis sigan como símbolo da Escola e o que saia deles non sexa nunca sangue todo o contrario que sexa a amizade como son os nosos Intercambios Escolares En Oleiros “Nos somos Charlie” porque somos tamén vaneteses Fraternalmente )
Este correo xa foi respondido polo Director do centro agradecendo as intencións e que ia expor no Colexio as fotos e o correo que lle mandamos.
Un ano máis o alumnado do IESP “Xosé Neira Vilas” obtén excelentes resultados nos exámes de Francés convocados no mes de xunio polo Ministerio de Educación de Francia.
Os 34 alumnos do Centro acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (12 alumnos), B1 (15 alumnos) e B2 (7alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as lenguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato].
A nosa mais sincera noraboa!
A partir de setembro 2014, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, único centro Plurilingüe en francés en Galicia, será tamén o primeiro centro de toda a Comunidade en ofertar o programa binacional Bachibac.
O Bachibac é unha dobre certificación de fin de estudos secundarios. Permite obter ao mesmo tempo o baccalauréat francés e o bacharelato español.
Pódense consultar certas ligazóns informativas, de partida, para as materias de Ciencias do Mundo Contemporáneo e Historia de España e Francia, nesta ligazón.