Arquivo da categoría: Curso 2012-2013

Campaña de colaboración con ONG Ecodesarrollo GAIA

Guillermo Fernández-Obanza
Guillermo Fernández-Obanza

Do 26 de abril ao 3 de maio estamos facendo no instituto unha recollida de alimentos non perecedeiros (arroz, pasta, latas de conserva, etc.) e de roupa (non importa o estado, sempre e cando esté limpa).

Esta campaña ponse en marcha despois da participación de Guillermo Fernández-Obanza, responsables desta ong, na semana intercultural na que nos falou do traballo que desenvolven con emigrantes chegados á nosa terra e dos proxectos de formación que teñen en marcha en Senegal.

Roteiro Cultural e Literario

Roteiro Cultural e Literario
Roteiro Cultural e Literario

O alumnado de 1º de Bacherelato participou o día 3 de maio nun roteiro organizado polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros.

Este percorrido por distintos lugares do municipio achegou aos participantes a diferentes mulleres e homes ilustres que viviron no noso municipio. Comezou en Santa Cruz con Syra Alonso e Francisco Miguel, para ir logo ao Pazo de Lóngora con Fanny Garrido e Marcial del Adalid, para pechar en Oleiros onde veraneou Francisca Herrera.

Esta actividade permitiu aos participantes coñocer mellor o contorno no que viven e a importancia que tiveron homes e mulleres que viviron nel.

Vº Échange Scolaire // Intercambio Escolar alumnado bretón no IESP X. Neira Vilas Benvidos / Bienvenus/ Degemer Mat

25 alumnas e alumnos acompañados de 2 profesoras estarán entre nós desde o día 9 ata o 13 de abril. Trátase da segunda parte do Intercambio Escolar que se ven facendo co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes.

Durante esta semana incorporaranse as actividades do centro e realizaran varios viaxes para a descoberta da nosa Comunidade; teñen previsto a vista a Santiago de Compostela, as Rias Baixas, a cidade da Coruña e por suposto o noso Concello.

Desde a nosa páxina desexámoslles un “un bon sejour chez nous”.

The Big Challenge

Big Challenge
Big Challenge

Dentro da programación da semana Intercultural, o Departamento de Inglés organizou un torneo para o alumnado de inglés de 1º e 2º de ESO. Esta actividade forma parte da preparación do alumnado que participará en maio no concurso “The Big Challenge” de ámbito estatal supervisado por Cambridge University. Un equipo de tres alumnos representou a cada un dos grupos. Este equipo podía solicitar axuda ao resto do grupo mediante un cordinador. Os gañadores do torneo foron 1º B e 2º


Maxia? Non, Ciencia

Cartel de Maxia?... Non, Ciencia
Cartel de Maxia?… Non, Ciencia

Como xa é tradicional, os profesores Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño do Departamento de Física e Química, dentro da programación da Semana Intercultural, organizaron a actividade “Maxia? Non, Ciencia”.

A actividade estaba dirixida a todo o alumnado do centro, que en 14 sesións repartidas ao longo da semana foi pasando polos laboratorios de física e química.

En cada unha das sesións realizáronse un conxunto de experiencias de física, química e matemática recreativa.

As experiencias deste ano foron as seguintes:

Cru ou cocido

Como se pode saber sen rompelo se un ovo con cáscara está cocido ou non?

Fritir en frío

Facendo uso dun “aceite máxico” frítese un ovo sen quecelo.

Estamos no fondo dun mar de aire

Un ovo cocido entra e sae dun recipiente empurrado polo aire que nos rodea.

Unha bomba de vacío simple e barata

Facendo o vacío e medindo a presión con materiais sinxelos.

Pilas caseiras

Construindo pilas caseiras con patacas e limóns para logo alimentar con elas calculadoras, cronómetros e leds.

Maxia matemática

Maxia con naipes e sistema binario de numeración.

Wolfgang Trettnak

Wolfgang Trettnak
Wolfgang Trettnak

O alumnado de 2º de ESO, dentro das actividades da Semana Intercultural, asistiron a unha charla online co artista e científico Wolfgang Trettnak. O tema tratou sobre a contaminación do mar, especialmente a contaminación por plásticos e o seu efecto na vida marina. Precisamente tivemos exposta unha obra cedida polo artista que consiste en un móbil feito con botellas de plástico e que representan distintos peixes. Os alumnos tiveron ocasión de charlar sobre a contaminación, a súa obra, etc.

Wolfgang Trettnak
Wolfgang Trettnak

Teño unha irmá moi especial

Teño unha irmá moi especial
Teño unha irmá moi especial

Os irmáns Hugo Antón Fernández e Sabela Fernández , escolarizados en 1º e 2º de ESO respectivamente, presentaron un traballo sobre a Síndrome de Down o pasado 10 de abril, na Semana Intercultural. Trataron de compartir cos compañeiros e compañeiras de 2º de ESO, a súa experiencia en relación a esta discapacidade. Este traballo estaba coordinado pola mestra de pedagoxía terapéutica Adela Otero, que traballou conxuntamente cos dous irmáns.

Hugo Antón de 13 anos e Sabela de 16, deron un paso importante tratando de dar a coñecer a súa experiencia en relación coa Síndrome de Down. Deu comezo Hugo Antón expoñendo os componentes do seu núcleo familiar, entre os que se atopa a súa irmá Sabela, rapaza con Síndrome de Down. Ao tempo, Sabela axudábao a explicar todas as fotografías expostas, nas que aparecían eles dous, o seu irmán Xaquín e os seus pais, desde pequenos ata a actualidade. Ela amosou as súas aptitudes dándolle o toque de comicidade e humor que tanto divirte aos seus compañeiros/as.

Hugo Antón explicaba que cando era máis novo ás veces non comprendía algúns comportamentos da súa irmá maior polo que en varias ocasións preguntoulles aos seus pais que significaba ter Síndrome de Down. Os pais sempre actuaron con naturalidade, tanto con Sabela, como cos outros dous fillos menores, dándolles a información necesaria en cada momento.

Hugo Antón e Sabela explicaron que a Síndrome de Down se trata dunha alteración xenética, e aclararon que no se trata dunha enfermidade, senon dunha discapacidade intelectual. A continuación, expuxeron algúns aspectos da vida cotiá de Sabela a través de diferentes ámbitos: a vida escolar, o día a día da rapaza Sabela, a súa forma de ser, como xoga, como se relaciona cos demais, a participación en diferentes actividades, e a autonomía.

Teño unha irmá moi especial
Teño unha irmá moi especial

Este traballo amosou un visión diferente do que todos temos afeito en relación á discapacidade intelectual, pois conseguiron amosar con gran naturalidade unha historia de vida de dous irmáns que están a facer un camiño suxeitos da man con moito esforzo. Hugo Antón está moi sensibilizado coas persoas con discapacidade polo que o seu principal obxectivo era transmitir o esforzo levado a cabo pola familia e amigos/as más cercanos para logran alcanzar a inclusión social da súa irmá.

Creouse un clima na aula moi agradable e sensible co tema a tratar, de xeito que todos os rapaces/as escoitaban moi atentos pasando así un rato moi divertido debido ás continuas risas creadas polos dous irmáns.

Fixeron unha segunda presentación na que, a través de moitas fotos, Sabela contaba que forma parte do equipo Santiago Apóstol de ximnasia adaptada desde hai 4 anos, sendo campeona de España celebrado en Elche o pasado mes de marzo. Ela amosou con gran emoción e orgullo as súas habilidades deportivas así como o esforzo levado a cabo durante este curso.

Cando remataron a segunda presentación, os rapaces pudieron facerlles todas as preguntas que quixeron a Hugo Antón e Sabela. Hai que salientar que a presentación conectou moito cós intereses dos rapaces debido á naturalidade, tanto dos irmáns como dos compañeiros e compañeiras. A Hugo Antón preguntáronlle se sentía vergoña pola súa inrmá ou si a cambiaría. Ante isto el respondeu con contundencia e rotundidade que non sentía vergoñaa ningunha e incluso moitas veces lle daba a man a Sabela para que apurara, e non lle cambiaría nada pois a súa irmá é marabillosa, e a quere tal e como é.

Finalmente, pecharon a sesión cunha proxección sobre a Síndorme de Down na que aparecía Sabela coas súas compañeiras de ximnasia rítmica, celebrando o premio obtido no campionato.

Recreos Musicais

Recreos Musicais
Recreos Musicais

Durante a Semana Intercultural os dous recreos de cada día estiveron amenizados con pequenas actuacións musicais a cargo de Sergio Cabeza (contrabaixo), Cristina Carreira (piano), Carmen Rodríguez (percusión), Lucía Sigüeiro (trompa), Jacobo Juanatey (trompeta) de ESO 2º, Mencía Resch (frauta) de ESO 3º, Ylenia Ambroa (guitarra), Joabiner Mattos (violoncelo) de ESO 4º e Manuel Bode (piano) de BAC 1º.

Proposta íntima e sensible que puxo de manifesto a existencia entre nós de incipientes artistas.

Simultáneas de Xadrez

Dentro da programación da Semana Intercular, o 12 de abril Edda Beltrán, responsable da actividade de xadrez, celebrou unhas simultáneas con 13 versados xogadores do noso centro.

Esta actividade despertou un gran interés entre o alumnado polo que se espera un incremento de participantes no obradoiro de xadrez no vindeiro curso.