O 31 de xaneiro, os alumnos de 1º de Bacharelato e de 3º de ESO fixeron unha saída ao centro comercial Marineda City donde visitaro a exposición “Human Bodies”.
A exposición con 10 corpos completos e máis de 150 órganos fai un interesante percorrido a través do corpo humano.
O día 30 de Xaneiro o alumnado de 1º curso realizou un traballo de investigación no Museo arqueolóxico de A Coruña no castelo de San Antón. A actividade consistíu nun taller de identificación e catalogación de pezas prehistóricas guiados pola arqueóloga do museo Ana Martínez e un traballo de estudio dos obxectos do Museo organizado polos monitores do mesmo curso. Os monitores foron Tiago Galicia, Lara García, Javier García Taibo, Sandra González, Irene Pita, Adrián Cañedo, Lidia Fabián, Carlos Fariña e Laura Fernández que previamente estiveran na preparación da actividade. Nelson Peña e Ezequiel Caballero participaron na comisión de orde e foron acompañados polos profesores Carmen García-Rodeja e Xosé Antón García.
Con motivo da partida ó seu país Brasil Claudiane foi homenxeada cunha cea sorpresa á que asistiron profesores e os seus compañeiros de cuarto curso. Despois na clase foille regalada unha camiseta coas fotos dos compañeiros, se lle entregou outra tamén ó seu irmán Kaike, de primeiro curso. Desexámoslles moita sorte no novo centro educativo no seu país.
Como clausura do primeiro trimestre do curso, o día 21 de decembro o alumnado de 2º e 3º de ESO asiste a un concerto do Trío As Lens no Auditorio García Márquez de Mera. O contido do concerto foi a fusión de instrumentos acústicos como o violín, violoncello, piano, percusión e voz coa tecnoloxía tipo smatphone, ipad e pedais de efectos sobre composición que van de Bethoven e Mozart a Colplay, Queen e Police.
Este concerto estivo organizado polo Concello de Oleiros.
No pasado mes de novembro produciuse a xubilación de dous profesores do noso instituto, Ricardo Puig de Llano, do departamento de Inglés, e Matías Cuba Orosa, do departamento de lingua castelá.
O persoal docente e non docente así como antigos compañeiros rendironlle unha homenaxe de despedida o 19 de decembro na que se lles fixo entrega de dous gravados en madeira de Luis Seoane como recordo do seu frutífero paso polo noso centro.
O pasado mes de outubro os alumnos de 3º da ESO participaron na actividade de Iniciación ó Remo promovida polo concello de Oleiros. Polo alto número de participantes a actividade tivo que ser dividida en dúas xornadas: o venres 23 e o mércores 28.
O escenario foi a praia de Santa Cristina, onde están as instalación do Clube de Ramo de Perillo. Dirixidos por catro profesores do club, o alumando iniciouse na actividade de canoa e despois en kaiak, mostrando boas capacidades para os deportes náuticos, sobre todo a natación, pois a maioría remataron a actividade dentro da auga, e moita valentía, tendo en conta que a temperatura xa non era agradable para o baño.
Destacamos a boa participación do alumnado, a disposición de todos eles e o bo comportamento que tiveron durante toda a xornada e queremos agradecer ós organizadores da actividade e ós profesores do clube, a paciencia e profesionalidade que amosaron con todos nós.
A nosa Comunidade Educativa celebrou o 23 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto no que se leu un manifesto e se plantóu un pequeno xardín en lembranza das víctimas desta violencia. Esta actividade foi promovida polo Concello de Oleiros e contou cunha intervención musical do grupo de percusión do instituto.
Estiveron presentes os delegados e delegadas do alumnado, o grupo de mediación, catro grupos en representación dos distintos cursos da ESO co seu profesorado, o equipo directivo, a presidenta da ANPA e os concelleiros de educación e servizos sociais.
A encargada de ler o manifesto foi Carlota Caramés, alumna de bacharelato, mentras que os responsables da plantación foron Jonatan Montoya e Claudiane Da Silva, da ESO. A intervención musical correu a cargo de Randy Severino, Tiago Salazar, María Vázquez, Manuel Martí e Manuel Bode, de bacherelato.
O alumnado de Relixíón visitou a cidade de Betanzos 22 de Novembro e aproveitouse para coñecer a historia e arte do lugar. Foron visitados a igrexa de Santiago, a de san Francisco a de Santa María de Azogue, a arte medieval e os principais eixos da arquitectura do lugar. Tamén foi visto o xardín do Pasatempo e ainfluencia da aruitectura do século XX.
O día 20 de Decembro o alumnado de 4º curso acudiu ó Museo de BBAA acompañados polos seus profesores de Xeografía e Historia para analizar e coñecer os fondos artísticos. Visitouse o Museo especialmente a obra gráfica alí exposta. Tamén se fixo especial fincapé na obra gráfica de Francisco de Goya. Para finalizar a visita realizaron, tanto alumnado como profesorado, diversas gravados para coñecer o método de traballo da obra gráfica e mostar tamén as súas cualidades artísticas.
Xosé Neira Vilas, o gran escritor galego e persoa que da a seu nome ao noso instituto, visitounos o día 31 de outubro acompañado de Valentín García, Director Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Angel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
Á chegada ao centro, foi recibido por Agustín Fernández, Director do Instituto, e unha representación dos delegados do alumnado que lle deu a benvida e lle entregou un ramo de flores. A continuación Neira Vilas mostroulle ao Director Xeral o fondo editorial que se leva xuntado no Instituto, con practicamente todas as edicións dos seus libros, así como os paneis que recollen unha breve reseña da súa biografía.
Seguidamente asinou dedicatorios para os diversos grupos de alumnos que llo pediron e compartiu uns minutos co profesorado e persoal non docente.
Como remate da mañá, Neira Vilas trasladouse ao Centro Cultural A Fábrica onde mantivo un encontro co alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato para lles presentar a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego”, organizada
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)