Concurso de Guións

A clase de 4º A gaña, no noso Instituto, o concurso de guións para curtametraxes “Dialogando co sur” organizado polo servicio de voluntariado do Concello de Oleiros.

Durante o mes de Abril realizáronse un conxunto de charlas sobre a situación do pobo saharaui e deuse información sobre o proxecto “Dialogando co Sur” .

Organizado polo servicio de voluntariado do Concello de Oleiros informouse sobre as actividades realizadas, como aportación de alimentos e suministros e o acollemento familiar.

Propúxose a elaboración dun guión de video cunha historia relacionada co tema das charlas precedentes e que será realizado por alumnado da carreira de audiovisuais con actores profesionais durante a penúltima fin de semans de mes de Maio.

O guión é acerca de: unha nena saharaui acollida durante o vran nunha casa onde había unha filla da sús idade. Esta última non gustaba a idea de traer a unha extrana á casa e comportábase moi mal coa hóspede. Despeciábaa, faláballe mal, non lle deixaba libertade na casa. Pero á nena saharaui non lle importaba, despois do todos os malos tratos que sufrira na súa casa eso non era nada. Un día a nena da casa atopa o diario da refuxiada e despois de lelo dase conta de todo o mal que pasou no Sáhara e séntese mal… Despois diso intenta portarse ben con ela e remata levándose mi ben. No momento da despedida – só podía quedar tres meses- abrázase e a amiga volta ó campo de refuxiados.

Visita de alumnos do instituto KÁROLYI MIHÁLY

Visita de alumnos do instituto KÁROLYI MIHÁLY

O pasado mércores chegaron os alumnos do instituto bilingüe húngaro–español Károlyi Mihály de Budapest.

Esperamos que disfruten da súa estancia entre nos.

Participación no I Congreso de Educación Ambiental para Escolares.

Presentando a comunicación
Presentando a comunicación

O pasado día 10 de maio de 2007 celebrouse no Auditorio Municipal de Mera o I Congreso de Educación Ambiental para Escolares organizado polo Centro de Extensión e Información Ambiental (CEIDA)de St. Cruz.

O noso instituto presentou unha comunicación sobre o marisqueo e os problemas ambientais da Ría do Burgo. Este traballo foi desenvolvido por un grupo de 6 alumnas de 1º de Bacharelato e 1 alumna de 3ºESO., coa dirección dos profesores Mª del Carmen Porta do Departamento de Bioloxía e Juan Neira de Tecnoloxía. As alumnas participantes fóron: Laura Bazán Morzone, Johesy Bracho Curros, Paula Mirre Prieto, Soraya Rodríguez Lage, Rocío Saavedra Fernández, Montserrat Martínez-Piñeiro Súarez-Noguerol de 1º de Bacharelato e Jennifer Álvarez Silva de 3º ESO.

O traballo consistiu nun estudo da Ría do Burgo fundamentado na actividade marisqueira actual, presentando tamén información sobre o medio físico e biolóxico da ría.

Recollendo información
Recollendo información

Realizamos unha importante labor de recollida de información sobre diversos aspectos da ría: historia, medio físico, evolución do marisqueo, problemas de furtivismo, localización dos bancos marisqueiros, técnicas de marisqueo e problemas de contaminación. Xunto a este traballo realizamos visitas á ría guiados polo asesor técnico da Confraría de Pescadores, Pablo Sánchez Seoane.

A primeira saída foi no mes de febreiro no que vimos as labores de retirada de mexillón dos bancos e outras zonas da ría, e logo volvemos en abril para tomar mostras de auga, coñecer como se realizan as labores de semicultivo da ameixa e ver os traballos de rexeneración e acondicionamento dos bancos marisqueiros.

Todo este traballo recollémolo nunha presentación informática que expuxemos na entrada do Auditorio de Mera e ao mesmo tempo realizamos outra presentación para o propio acto de exposición do traballo realizado nos vinte minutos de que dispuxemos.

Mariscando na ría
Mariscando na ría

Realmente aprendemos moitas cousas sobre a Ría do Burgo e o marisqueo. Para empezar non sabíamos a enorme cantidade de cartos que move esta actividade e as familias que dependen deste recurso. Tamén nos encontramos cunha ría medio enferma que precisa de moitos coidados pero aínda así e todo, capaz de producir marisco de calidade. A cara da moeda é a pouca información sobre o estado ambiental real, con datos actuais e contrastables. A información ambiental segue sen ser facilmente accesible para calquera cidadán. Hai moito traballo científico e técnico por facer aínda na Ría do Burgo cara a súa mellora ambiental e produtiva, e nós como estudantes, no futuro podemos facelo.

Visita dun grupo de alumnas catalás de terceiro curso do ESO

Durante un cuadrimestre do curso, algúns institutos de Cataluña ofertan Lingua Galega e Literatura entre as súas disciplinas optativas.

Tal é o caso do IES Narcis Monturiol, de Barcelona.

Un grupo das súas alumnas de Terceiro Curso do ESO mantivo contacto vía internet con alumnas e alumnos do IES Xosé Neira Vilas, do mesmo nivel.

Agora as nosas correspondentes catalás pasan unha semana de visita en Galiza, e o luns 11 de maio visitan o noso instituto: así, grazas á lingua galega, chegarán a coñecerse en persoa aquelas persoas que até agora só tiveran coñecemento escrito.

O IES Xosé Neira Vilas acolle coa súa máis efusiva benvida ás alumnas de Catalunya e ás súas profesoras acompañantes.

 

Alumnas do Neira Vilas no Campeonato de España de Baloncesto

Alumnas do noso instituto disputan en Ourense entre os días 3 e 6 de maio a fase interautonómica junior femenina correspondente ao campeonato de España de baloncesto.

Alumnas participantes

  • Alexandra Balvás Calvo [1º Bach.]
  • Patricia Villar Armesto [3º ESO]
  • Claudia Calvelo Ameijeiras [3º ESO]
  • Laura Guzmán Nates [4º ESO]
  • Jessica Cortes Rodríguez [3º ESO]
  • Diana Dapena Farina [4º ESO]
  • Adriana González Borras [3º ESO]

Curso de Linux- software libre

O longo do mes de Abril os porfesores participantes do Grupo de Traballo: Organización e actualización do material administrtivo e da páxina web do centro educativo, asistiron a un curso sobre Linux-software libre para profundizar no coñecemento e uso das novas tecnoloxías da Software libre e poser así incorporalo e instalalo na rede informática do centro.