No noso centro educativo celebrouse a conferencia de de D. José Ben Millán, avó do alumno Mathijs Tarin Ben o día 16 de Decembro para contar a súa experiencia da estadía en Fernando Poo.
Don José Ben Millan ofreceunos unha interesante conferencia . Empezou pola súa infancia e o tempo que lle tocou vivir: a guerra, a posguerra e a segunda guerra mundial coas súas repercusións na vida económica da xente.
A continuación a decisión de marchar á colonia española de Fernando Poo. Detallou as características xeográficas e os principais recursos económicos. Explicou con detalle o traballo os métodos de organización e as principais producións.
Falounos do clima e das enfermidades que alí había.
Foi moi interesante cando explicou as causas, consecuencias e problemática do proceso de descolonización, vivido por el en primeira persoa tamén.
Foi unha charla moi ben preparada, amena e moi instrutiva para o alumnado.
Conferencia da profesora Carmen García-Rodeja Arribí
A profesora Carmen García-Rodeja Arribí, impartíu a súa conferencia sobre o seu traballo na ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica).
Empezou a charla falando dos obxectivos e fins da Asociación, as actividades realizadas ata o momento e o labor desinteresado dos membros, todos voluntarios.
Explicou tamén a importancia do traballo de arquivos, de documentación e de recuperación do bon nome das prsoas represaliadas ou mortas durante a dictadura.
Aproveitouse tamén para falar do auto sobre desaparecidos emitido polo xuíz Garzón o día anterior.
Rematouse a conferencia coa explicación duha das foxas exhumadas en Galicia. A do Acevo entre Fonsagrada e Grandas. Faluse do proceso de investigación e documentación previa, do labor de organización da exhumación en sí e da consecuencias positivas posteriores para o pobo e as familias.
No noso centro educativo celebrouse a conferencia de Dª Olga Paredes Pato, tía de Daniel Vázquez Paredes, o 17 de decembro para contar a súa experiencia como emigrante en Alemania.
Dona Olga Paredes Pato, tía de Daniel Vázquez Paredes acudiu o noso centro educativo a falar da súa experiencia en Alemaña: a decisión de marchar, os traballos alí, as condición económicas, a relación con outros traballadores, os tipos de traballo e as diferencias entre os dous países.
Aprendimos a ver as dificultades que se atopa calquera que vai a un país distinto e ten que organizar a súa vida.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)